Xaneiro 09
Zënzar grava en Xaneiro
a A partires do 24 deste mes comezan a traballar no novo proxecto de estudio e alá pola primavera han de presentárnoslo. Estamos impacentes por escoitar as novas creacións dos de Meirama no que será o seu quinto traballo.

Galicia es una Fiesta
a Xa podedes baixar na regueifa o novo mini-traballo-experimento dos AE. Cinco "remixes" que parecen ser preludio do estilo de son que escoitaremos na súa próxima obra. Temos a esperanza de que non sexa así.

Primeiro Traballo de SomdoGalpom
 A Banda de Compostela xa está a gravar o seu primeiro disco. imos ver o que sae ao rematar este mes de xaneiro. Seguro que cousa boa. Boa sorte co Proxecto!!

Mándalles a túa foto!!!
a Outra impresionante banda que xa está a rematar o seu primeiro LP é Kogito. Un LP que ven acompanhado dunha idea caralluda: podedes enviar unha foto do que queirades aos enderezos: kogito_ergosum@yahoo.es ou kogito.galiza@gmail.com e sairedes nunha fotomontaxe que irá no librinho que acompanhe ao seu disco "Autómata". Tedes máis información no myspace dos Kogito. E xa que andamos a falar deles lembrade que o 31 deste mes de Xaneiro estarán en Vigo, na Fabrica de Chocolate .

Decembro 08
Morreu ?
Unha artista que non deixa inindiferente a ninguén xa non comparte cos habitantes do planeta Terra a súa presenza carnal e agora habita para sempre nas almas dos que fican un puco máis. O mundo chora co son que só a lingua mai de Mama Africa pode ofrecer. A muller morreu, o que ela é ficou.

 

 

...e Kogito , Gravou ?
A potente e divertidada banda de Ska de Vigo anda a gravar o seu primeiro LP. Sentimos unha especial debilidade polos concertos que ofrecen estes músicos , así que estamos a esperar con impaciencia esa culminación no estudio do reflexo musical da súa obra. O día 5 de Decembro xa estarán de volta desta vez no festival Furtivo de Cangas do Morrazo.

 

Voltaran os Ataque Escampe ?
aA famosa banda galega Ataque Escampe despois de atravesar o Atlántico ataca o Mediterráneo, onde deleitarán aos nosos vecinhos coas súas orixinais melodías. Logo, e xa no mes de Decembro, ameazan con sacar cinco temas novos nun EP. AE son uns virtuosos do simplismo executorio, da intelixencia nas elaboracións dialécticas, da complicidade co público. Totalmente recomenábel participar nun concerto destes nachos.