Tes un grupo?

     GALIZA ROCK

                                                                www.galizarock.es.vg

 

Tes un grupo?


 

Principal

 

 

Se tes un grupo e queres promocionarte nesta web... contacta con nós.

Mandanos un e-mail cos vosos dados:

- nome do grupo, enderezo, estilo, telefone, historia da banda, fotos, logotipo....e todo o que se che ocorra a:

galizarock@hotmail.com

 


 

¿PORQUÉ É IMPORTANTE ESTAR NO GALIZAROCK?

- O grupo disporá dunha páxina web na que ofreceremos informacióm completa e actualizada da banda.

- Tentaremos conseguirvos actuacións dentro e fora de Galiza.

- Poderedes expor material do grupo na páxina (maquetas, camisolas...). Incluso vendelo mediante GZROCK.

- Poderedes anunciar os vosos concertos no GALIZAROCK.

 


 

REQUISITOS PRA FORMAR PARTE DO GALIZAROCK:

- ser un grupo de música galego.

 


¿PORQUÉ FAI GALIZAROCK  TODO ESTE TRABALHO?

* Queda patente ao longo de toda a nosa web o compromiso politico que temos con Galiza. De ahí a nosa inquedanza por promocionar ás bandas galegas.

¿OBTÉM GALIZAROCK ALGÚM BENEFICIO DE TODO ESTO?

* Si, por exemplo un promotor busca un grupo de música e quere pagar 100.000pts por umha actuacióm, GALIZAROCK levase normalmente  o 10% polo que vos preguntaríamos se queredes ir a tal sitio, tal día... por 90.000pts.

* Asemade, se estades interesados em por á venda material do grupo na páxina informativa que vos faremos, teredes que dizernos canto queredes cobrar polo mesmo e logo nós poremoslle o prezo que nos convenha pra poder sacar tamém algum beneficio.

* Queda claro co exposto que o grupo nom sae perxudicado em ningum momento xa que sodes vós os que decidides se vos interesa ou non non vos interesa ir a tocar pola cantidade ofrecida. Ademáis tamém respetamos a cantidade que queredes cobrar pola venda de material ainda que logo vexades que ponhemos um prezo máis caro na vosa páxina.

 


¿ESTÁS FLIPANDO PORQUE O TEU GRUPO ESTÁ NO GZROCK E TI NUNCA FALACHES CON NÓS?

Pensa que GALIZAROCK é ante todo um lugar de informacióm de grupos galegos que tenta ser o máis completo posibel. Non nos importa que  cantedes en inglés ou castelán, etc. Tampouco que defendades umha ideoloxía contraria á evidente de GALIZAROCK (cada um é como é e alá cada quem). Nós simplemente pretendemos promocionar a música feita em Galiza.

 

 

Principal ]

Envia um correo electrónico a galizarock@hotmail.com com preguntas ou comentarios sobre este sitio Web ou se desexas contratar um grupo.
Última modificaciom: 09/05/2002

Esta páxina está escrita con nh (nom ñ), lh ( nom ll) e -m (nom -n) em coherencia coa grafía tradicional galega.

 

Xa van visitas ao GALIZA ROCK.