Página novedades de GALIZA ROCK

  Galiza Rock

                                                                www.galizarock.es.vg

novas GZROCK


Principal

RANKIM VISITAS 6/12/2002

1) Os heredeiros da Crus (379)

2) Nihilist (372)

3) The Kambotes (267)

4) Zenzar (251)

5) L-A Cosa (248)

6) Actitude (206)

7) kertuler (203)

8) The Killer Barbies (201)

9) Beltain (199)

10) Os Diplomáticos de Montealto (196)

 

 

 

 

 

Canto de autor por Galicia" Macro concierto solidario" en Compostela o martes 21 de xaneiro no multiusos do Sar

A consecuencia dos acontecementos que está vivindo Galicia derivados da  Marea Negra, e diante da exemplarizante actuacióm que a sociedade civil está tendo como resposta da repulsa –por umha banda- e da entrega incuestionable ós labores de defensa do seu patrimonio natural, que constitúe un piar básico no tecido socioeconómico e cultural de Galicia, forom varios os cantautores que sentiron a necesidade de realizar tamém a súa aportacióm solidaria, levando a cabo algumha iniciativa que recolhese ese sentemento solidario co povo galego

Os cantautores que actuarám som: Pablo Milanés, Aute –presente a través dunha cinta de vídeo, xa que coincidelhe cumha actividade programada dende había meses em Segovia-, Javier Ruibal, Pedro Guerra, Paco Ibáñez, Luis Pastor, Joao Afonso e Fausto de Portugal, Pi de la Serra, e Moncho Alpuente. Xunto con este elenco, estarám os cantautores galegos/as Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, Batallán e Emilio Cao.

Á voz dos cantautores e músicos, súmase a dos poetas galegos: Ramiro Fonte, Manolo Rivas, Pepe Cáccamo, Salvador García Bodaño, Xulio Valcarce, Xabier Baixeras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Antonio Teijeiro, Ana Romaní, Chus Pato, Pilar Beiro, Antón Lopo, Daniel Salgado y Antón Dobao, así como o cubano residente en Barcelona, Ramón Fernández Larrea.

Este acto está apoiado pola plataforma social nacida a consecuencia destes acontecementos, e que representa a tódolos colectivos sociais de Galicia, chamada Burla Negra-Nunca Máis, así como pola Asociacióm de Poetas Redes Escarlata, os desenhadores gráficos e creativos organizados en www.chapapote.org, e distintos coleitivos sectoriais que naceron nestes dous meses de catástrofe.

 

 Os músicos contra a marea negra

O luns, 6 de xaneiro do 2003, máis de 100.000 persoas acudirom á convocatória feita em Vigo pola Plataforma Contra a Burla Negra para berrar “Nunca máis”. Numha resposta histórica sen precedentes, umha Marea Humana formada principalmente por músicos e artistas de todo o país asolagou as ruas de Vigo. Centos de gaitas, pandeiretas e outros moitos instrumentos musicais, acompañados polos berros e cancións de millentas persoas que acabaron entonando o "Miña terra galega" de Siniestro Total.


Música galega em "Radio Unión Catalunya"

O programa radiofónico "Morriña", dirixido por Manolo Pinheiro, emítese de luns a xoves de 22 a 24 h. a través de Radio Unión Catalunya (Barcelona). Trátase dum programa magazine em galego dirixido á comunidade galego-falante em Barcelona, e que conta cumha audença de 30.000 ouvintes.
 
Em "Morriña" programam habitualmente todo tipo de música galega e interésalhes moito dar especial releve a formaçóns xoves de todos os estilos. Por este motivo, podedes mandarlhes discos promocionais, maquetas, etc. e concertar entrevistas em directo se algum grupo visita Barcelona calquer día de luns a xoves.
 
Podedes ponheros em contato com eles a través de:
 
Manolo Piñeiro
c/Artesanía 22
Barcelona 08016
93 353 67 59
 

 

   Marful: Música em galego desde Galiza
         O grupo MARFUL, liderado pola cantante Ugia Pedreira (ex-componhente do grupo de folque Chouteira e agora directora do Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalim), com Pedro Pascual no acordeom diatónico (mestre de diatónico no Conservatório e pertencente à antiga banda do gaiteiro J.Manuel Budiño), Marcos Teira (reconhecido guitarrista que tem acompanhado a Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, etc) na guitarra, e Pablo Pascual (mestre deste instrumento na Escola Estudio de Santiago e membro do grupo Laio) no clarinete baixo, venhem de fazer este verao a preproduçom do seu primeiro disco.

Marful fai música ambientada nos anos 30-40 quando na Galiza entrava o jazz e os ritmos europeus bailáveis. Marful pom a sua actualizaçom com elementos acústicos e eléctricos e um claro sentimento irónico e ambíguo.

Fonte: www.agal-gz.org

     Trashnos buscam batería

         O grupo heavy metal de Minho (A Crunha) TRASHNOS está buscando batería, despois de dez anos com Manuel e tras umha amistosa separaçom, o grupo busca um sustituto para a misiom  dos dous bombos. O grupo empezara a preparar os temas do que será seu segundo disco. Tódolos interesados poden ponherse en contato a través de mail o tfno:
trashnos@hotmail.com
659 95 13 79-981 27 72 42
Nom existen condicions especiais, si che gusta o heavy metal, tes ganhas e bo rolho podes unir-te a Trashnos, eles estam esperando.
www.iespana.es/trashnos                                                       

            Galiza Rock está actualizando o antigo servizo de contadores que tanto éxito tivo tempo atrás. Ademáis tentaremos ir traducindo algumhas páxinas a outras linguas de interese como o castelám ou o inglés. DISFRUTADE

       A tenda Tela Marinheira de Cangas do morrazo informa que os grupos que queiram vender música em TELA MARINHEIRA podem facelo ponhendose em contacto com eles no tlf.600717628 ou no endérezo electronico de, mistura_teis@ozu.es, por certo os grupos que deixarom cds estan a vendelos bem.

 

NOVAS DE MUSICA, CULTURA E LECER (en espanhol):

 

Actualidade musical:

Novas da Galiza (em castelam):

 

 

Principal ]

Envia um correo electrónico a galizarock@hotmail.com com preguntas ou comentarios sobre este sitio Web ou se desexas contratar um grupo.
Última modificaciom: 13/01/2003 ©

Esta web está escrita com nh (nom ñ), lh ( nom ll) e -m (nom -n) em coherencia coa grafía tradicional galega.

 

Xa van visitas ao GALIZA ROCK.