|
¿Porqué nh e nom ñ? |
|
|
O nh representa o fonema nasal palatal equivalente noutras linguas a gn italiano e francés; nh occitano; ny catalam; ñ espanhol. Así: Espagna, Espange, Espanha, Espanya e España equivalem o galego-portugués Espanha. Orixinariamente o latim nom tinha este fonema e por tanto tamén nom precisaba de ningúm grafema. A evoluciom de varias formas latinas, entre elas a máis frecuente foi o grupo italiano ni, ou outros como o ne, ou gn, deu o actual nh. Num comezo este grafema en galego adoptouse do occitano xunto co lh e ch vía caminho de Santiago e foi usado na nosa língua desde o principio embora de forma discontinua. No século XII foi oficial em Portugal mais en Galiza alternou con outras grafías. Vemos na Idade Media textos como a Crónica de Castela; A Regra de Cofradía de Santa Tegra; A Traduçom la Legenda Áurea; o Libro do Cirial de Ssante Ilafonso que he da cofraría dos cambeadores de Santiago e outros documentos. Na Idade Moderna hai textos de Doña Isabel de Castro e Andrade; textos de Cornide e do Pai Sarmiento e na Idade Contemporánea Noriega Varela, Correa Calderón, Guerra da Cal e Carbalho Calero entro outros que o usarom. O uso do ñ en galego no podía admitirse como correcto por varias razóns: 1º.- Provoca divisiom dentro do noso idioma entre Galiza e Portugal nada aconsellabel para a saúde e vitalidade da lingua na Galiza que é onde está o problema. 2º.- O ñ ven dum nn latino onde un deles se sobrepom ó outro pasándose a grafar ñ. O tilde de nasalidade é o segundo n colocado enriba do primeiro por razóns de espacio para os copistas medievais. 3º.- En galego os dígrafos ocitanos son tres: nh, lh e ch. O ch nom é de uso discutido no galego oficial por parte do I.L.G.(Instituto da Lingua Galega) porque ese dígrafo tamén está en espanhol. Por outra parte de usarmos em galego ñ e ll deberíamos utilizar cc ou c con tíl na nasalidade encima en vez de ch por coherencia. 4º.- No caso de nom ter sido usado nunca o nh na Galiza, o seu uso sería igualmente aconsellabel polo simple feito de serem o mesmo idioma as falas do norte e do sul do Minho, non habendo razóns para facer coincidir fronteira política com fronteira lingüística. Fonte: JOSÉ MANUEL BARBOSA. Curso prático de galego. AGAL (Associaçom Galega da Lingúa). Páx 29. A Crunha 1999.
No Galizarock coidamos que o portugués é umha forma do galego como o andaluz é umha forma do castelán. Seguindo a Carvalho Calero a historia do galego é paralela do castelán. Este como espanhol ou hispano-américano é falado por trescentos millóns de persoas. Aquel como galego-luso-africano-brasileiro, pola metade, cando daquela cifra. Se a historia política violentou a natureza lingüística da nosa língua, estamos a tempo de rectificar. Castelao dixo que "o galego é un idioma extenso e útil, porque -con pequenas variantes- fálase no Brasil, em Portugal e nas colonias portuguesas". No Galizarock seguimos o pensamento de Viqueira que de maneira clara, arriscada e intelixente dixo: "Si nosoutros empregamos a ortografía histórica galaico-portuguesa teremos salvado a dificultade que separa as dúas línguas e daremos ao galego um carácter máis universal,[ ...]. Así introduciremos o NH polo Ñ, o LH polo LL e outras modificacións que o leitor poida adiviñar fácilmente." |
|
Envia um correo electrónico a
galizarock@hotmail.com com
preguntas ou comentarios sobre este sitio Web ou se desexas contratar um grupo.
|