|
|
Seare formouse en Sarria en abril de 1.999 pola inquedanza dun grupo de músicos, que proviñan de estilos ben diferentes, para facer música galega dende unha nova perspectiva. Nesas datas, o grupo gravou unha maqueta con tres temas para poder participar no "X certame da música folk de Galicia". No devandito certame Seare chegou a final celebrada na praza do Teucro de Pontevedra. Seare fixo diversos concertos nese verán, actuando na sua vila con gran afluencia de público e unha boa crítica. En novembro do 99 un dos compoñentes de Seare (Abraham Cupeiro) colaborou na banda sonora da superproducción "Camiño de Santiago". Esta banda sonora foi dirixida polo mestre Leiva e interpretada pola Filarmónica da República Checa, e todo isto baixo a producción de Juan Vinader. Seare gravou unha nova maqueta en xaneiro do 2.000. Esta maqueta foi gravada por Arturo Vaquero nos estudios "Arco Iris" de Lugo. Esta gravación componse de oito temas e fíxose coa intención de darse a coñecer mais a fondo polo público e polas empresas discográficas. Con este mesmo fin, o longo dos primeiros meses do 2000 Seare fixo alguns concertos : Pub Boss de Sarria, Pub Terapia 13 de Sarria, Club Clavicémbalo de Lugo... O día 1 de xullo do mesmo ano o grupo foi seleccionado para participar no "Primeiro Día da Música Xove", patrocinado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, celebrado na localidade coruñesa de Sada. Neste certame Seare logrou acadar o primeiro premio. En agosto de 2000, seare estivo presente no Festival de Pardiñas. Iste é un festival de musica celta de gran prestixio polo que pasaron, o longo dos 20 anos que leva celebrándose, os mellores exponentes da nosa música. O ano seguinte Seare participou nun festival organizado pola Asociación Toxos e Xestas de Barcelona, acto que tivo lugar o 31 de marzo de 2001 no Palacio de Congresos de Barcelona. Neste ano 2001 Seare entrou nunha fase de cambios, xa que dous dos seus compoñentes abondoaron o grupo. Debido a isto o grupo permaneceu estancado en certa medida para resurxir con forza no verán do 2002.
|