|
|
Pincha en cada compoñente e poderás velos en detalle. A comenzos do 2000 chegou a Sarria unha rapaza Estadounidense cun violín debaixo do brazo e coa intención de practicar español. Seare tivo a inmensa sorte de atopala. Clara Presler é unha violinista excepcional que formou parte do grupo por espacio de catro meses. Seare está formado por oito compoñentes. Os compoñentes de Seare proveñen de estilos ben diferentes, dende a música sefardí, tradicional, rock, blues, música clásica... Unha parte dos compoñentes xa se adica de xeito profesional ó mundo da música e, incluso, algún posúe premios gañados en diferentes concursos e certames de gran sona. |