Racing Club Ferrol

Racing Club Ferrol


Plantel actual


Aizkorreta (Gardamaias)

Aizkorreta (Gardamaias) Barakaldo, 6-2-74; Altura: 1,85; Peso: 84. Procede do Logroñés Está chamado a convertirse nunha das referencias do equipo. O gardamaias bilbaino posúe unha seguridade especial baixo os paos da meta racinguista. Saído da escola de Lezama, ten moitos anos de experiencia na Segunda División A.








De Navas (Gardamaias)

De Navas (gardamaias) Madrid, 7-12-76; Altura: 1,87; Peso: 90. Procede do Manchego. O gardamaias madrileño será a alternativa a Aizkorreta. Na pretemporada demostrou grandes reflexos baixo os paos. O clube racinguista apostou pola súa sobriedade e xuventude.








Xabier Horcajada (Lateral dereito)

Horcajada (Defensa) Mollerussa (Lleida), 5-1-69; Altura: 1,72; Peso: 66. Procede do Castellón. Garantía de regularidade na súa traxectoria no plantel racinguista. Posúe unha velocidade inusual para incorporarse a tareas atacantes. É un dos fixos de tódolos adestradores. O de Mollerussa regresa a 2ª División trala súa etapa nesa categoría co Palamós.








Juan Carlos (Central-lateral esquerdo)

Juan Carlos (defensa) Cadiz, 18-8-71; Altura: 1,84; Peso: 79. Procede do San Fernando. Vai a ter que pelexar moi duro para xogar, pero axudará ó equipo en calqueira posición da zaga. O gaditano acumulou moita experiencia dende a súa chegada de 3ª División. Moi forte físicamente, pode facer dano na estratexia a balón parado.








Alberto (Central)

O Percebe Alberto (Defensa) Valdoviño, 27-5-67; Altura: 1,78; Peso: 79. Procede do Elxe. O "percebe" é inacabable. Xogador de clube por excelencia. Sempre pasa desapercibido, pero a súa regularidade é impresionente. A idade non é un problema para él. Estivo en 2ª co Elxe e podería aportar moita seguiridade no centro da defensa.








José Ángel (Defensa)

Jose Angel (Defensa) Talavera, 12-3-75; ALtura: 1,75; Peso: 72. Procede do Zaragoza B. O futbolista de Talavera pode actuar coma lateral dereito ou esquerdo, posúe unha capacidade de sacrificio fóra de toda dúbida. Non é un xogador brilante, pero sí efectivo. Aportará moito traballo e dará máis posibilidades a Luis César para elixí-las aliñacións.








Javi Rodriguez (Defensa)

Javi Rodriguez (Defensa) Oviedo, 13-12-75; Altura: 1,75; Peso: 72. Procede do C.D. Onda. O defensa asturiano pegou forte na pretemporada. A súa polivalencia é importante para o plantel. Chega cedido polo Vilareal e reforzará o posto ocupado ate o de agora por Horcajada. Tamén pode actuar como carrileiro nunha defensa de 5.








Aira (Central)

Aira (Defensa) Ponferrada, 14-3-76; Altura: 1,81, Peso: 84. Procede do Tenerife. Formará parte do eixo da zaga. A súa primeira experiencia co Tenerife o fixo medrar como futbolista. O berciano ten un físico privilexiado. Debe sé-lo relevo natural de Alberto. É rápido e dada a súa altura deberá aproveitá-los corners para marcar.








Pablo (Lateral esquerdo)

Pablo (Defensa) Viveiro, 7-6-75; Altura: 1,74; Peso: 70. Procede do Lugo. O "correcamiños" vivariense. Gañouse o respeto de tódala afección durante a tempada pasada. A súa potencia de cara ó gol -especialmente dende o punto de penalti- da confianza ó resto dos seus compañeiros. Ten un guante na súa perna esquerda.








Íñigo (Central)

Íñigo (Defensa) Victoria, 19-12-72; ALtura: 1,80; Peso: 72. Procede do Aurrerá. O defensa victoriano loitará por un posto na defensa xunto con Alberto e Aira. Demostrou ser rá pido e posúe un grande sentido da anticipación. O clube apostou por él para os próximos 3 anos e pode ser unha das grandes sorpresas.








Manu (Medio)

Manu (Medio) Ferrol, 2-11-71; Altura: 1,76; Peso: 69. Procede do San Pedro. O capitán racinguista é o corazón do equipo. O pulmón do cadro verde. Completou a tempada pasada un dos seus mellores anos. A afección o quere como a ninguén e él pode corresponder mellor ca nunca para demostrar que en segunda A tamén é válido.








Sanromán (Medio)

Sanromán (Medio) Vigo, 23-11-71; ALtura: 1,75, Peseo: 72. Procede do Levante. O "centurión" é unha garantía no once dende hai varios anos. Indiscutible para a afección, como Guardiola no Barça. O seu olfato goleados pódese espertar esta campaña. O olívico é único desprazando o balón. O seu toque recorda ós grandes maestros.








Manel (Medio)

Manel (Medio) Ferrol, 9-5-72; Altura: 1,78; Peso: 74. Procede do Elxe. A "xoia da coroa" do plantel. Non estivo fino na pretempada, pero a confianza que inspira para o campionato da certa seguridade ós afeccionados. A banda dereita é súa polo momento. O seu talento para desequilibrar no 1 contra 1 é indudable.








Sueiro (Medio-Dianteiro)

Sueiro (Medio-Dianteiro) Bilbao, 16-2-76; Altura: 1,82; Peso: 77. Procede do Barakaldo. A grande revelación do final de campaña. Empezou coma centrocampista, pero os problemas en ataque o devolveron á súa posición natural. A velocidade e o seu bo facer no un contra un concédenlle certas posibilidades de xogar en varios postos.








Émery (Medio)

Manel (Medio) Hondarribia, 3-11-71; Altura: 1,76; Peso: 69. Procede do Toledo. Outro futbolista con ampla experiencia na división de plata. O de Hondarribia actúa coma interior. Os seus centros levan medio gol nas súas botas. Parece que será un dos fixos nas aliñacións. Dará seguridade ó resto dos seus compañeiros co seu grande traballo.








Abel Baudés (Medio)

Abel Baudés (Medio) Valencia, 11-7-77; Altura: 1,82; Peso: 80. Procede do Onda. Está cedido polo Vilareal. Estivo a punto de formar parte do primeiro equipo do Castellón. É un centrocampista de recorrido. Bo "pelotero" que terá que competir xunto ó resto de medio centros. Luis César probouno coma defensa central.








Rivera (Medio)

Rivera (Medio) Córdoba, 6-11-77; Altura: 1,82; Peso: 75. Procede do Madrid B. Sobriedade e traballo no centro do campo do Racing. Ten unha grande calidade. Competirá directamente con Sanromán por un posto, aínda que poderían ser compatibles. Ven cedido polo Raio Vallecano e espera continuar coa súa progresión futbolística.








Henrique (Medio)

Henrique (Medio) Rio de Janeiro, 21-11-78; Altura: 1,78; Peso: 76. Procede do Deportivo. Henrique Vieira Mata, terá que adaptarse pouco a pouco ó equipo. O futbolista brasileiro será o único Xogador extranxeiro. Pode xogar de lateral ou interior, pero deberá aprender do futbol español. Posúe unhas grandes cualidades físicas para triunfar no Racing.








Uriz (Medio)

Uriz (Medio) Pamplona, 28-9-70; Altura: 1,82; Peso: 74. Procede do Logroñés. Outro dos futbolistas que militou a temporada pasada no Logroñés. A súa participación nas últimas tempadas na 2ª A garantiza ó Racing un Futbolista experimentado. Medio centro de corte defensivo que axudará ó compañeiro que se encargue de construir.








David Martín (Dianteiro)

David Martín (Dianteiro) Valladolid, 6-6-74; Altura: 1,73; Peso: 71. Procede do Numancia. Sólo puido aportaró seu bo facer en parte da primeira tempada. O pucelano é un segundo dianteiro excepcional. Co balón nos pes fai dano cos seus pases de gol. Osixena o futbol de ataque do conxunto verde. Xogou en segunda co Numancia.








Fran Nogueira (Dianteiro)

Fran Nogueira(Dianteiro) Ferrol, 4-8-72; Altura: 1,80; Peso: 78. Procede do Leça. A volta a casa de Fran Nogueira é o regreso dun dos canteiranos de Ferrolterra na emigración. Este futbolista ven para marcar goles. O xogador departamental goleou na liga portuguesa. Oseu traballo en beneficio do equipo é un dos seus puntos fortes.








Pazolo (Dianteiro)

Pazolo (Dianteiro) Vigo, 9-4-69; Altura: 1,81; Peso: 79. Procede do Pontevedra. A grave lesión que fixo temer pola súa continuidade parece superada. En segunda terá oportunidade de demostrar que ten un oco na aliñación titular. Os goles foron a súa carta de presentación ó longo da súa traxectoria coa camisola racinguista.








Villa (Dianteiro)

Villa (Dianteiro) Madrid, 12-4-76; Altura: 1,83; Peso: 78. Procede do Madrid B. O ariete madrileño chega cedido polo Osasuna. Convertiuse no máximo artilleiro da pretempada verde. Aínda que non é un goleador, dará moito que falar pola calidade demostrada durante a preparación. Define no 1 contr 1, algo que necesitaba o equipo.








Borja (Dianteiro)

Borja (Dianteiro) Madrid, 19-4-76; Altura: 1,80; Peso: 73. Procede do Logroñés. O dianteiro madrileño demostrou que a súa máxima prestación é a velocidade. Ademáis a súa capacidade de sacrifio está fóra de toda dúbida. Pode sorprender coma o fixo na última etapa da tempada pasada, marcando goles importantes para o Racing









Inicio Inicio