Racing Club Ferrol

Racing Club Ferrol


Os mitos

Manolo Rivera

Foi quizais o xogador ferrolán con máis clase, cunha estatura de preto de metro noventa e unha grande fortaleza física, dominaba o xogo aéreo e tamén o centro do campo, onde impoñía a súa autoridade indiscutible Tiña un excelente toque de balón, o que lle permitía facer pases milimétricos ó corner para que se internaran os extremos. Ista técnica dos pases precisos ó corner convertiuse nunha auténtica especialidade para M.Rivera non se recorda en ningún outro xogador que pasara por Ferrol. Tivo moitas ofertaas de outros equipos, pero nunca as quixo aceptar. Incluso foi citado para un España-Hungría, ainda que non chegou a aliñarse. So cambiou de equipo durante o seu Servicio militar, volvendo máis tarde ó Racing e converténdose en adestrador unha vez rematada a súa época de xogador. O novo Estadio do Inferniño bautizóuse co seu nome, recibiu a medalla ó mérito deportivo da Federación galega. Foi un xogador que, pese a xogar sempre no Racing e por tanto fóra das competiciós da primeira categoría acadou unha fama similar á dos mellores xogadores do seu tempo.

Gorostiza

Este vizcaino de Santurce, nacido en 1909, foi un dos máis grandes xogadores españoles do seu tempo e o número un como extremo zurdo Chegou a Ferrol en 1928 coa intención de ingresar na Armada e comenzou a xogar algúns partidos nos clubes ferroláns, chegando a oidos da directiva racinguista a súa extraordinaria calidade e así incorporouse ó noso equipo. Era rápido, hábil, intuitivo, loitador, cunha grande potencia de disparo e unha grande precisión. Formado ala con Silvosa deu grandes partidos ó Racing e non pasou desapercibido para os grandes clubes: o Real Madrid tentou a súa fichaxe, pero foi o A.Bilbao quen levou a Gorostiza ás súas filas. Titular indiscutible, gañou o apelativo de "bala roja". Participuo en 16 encontros internacionais e foi máximo goleador da 1º división. Rematou a súa carreira no Valencia.


Inicio Inicio