|




|
MANIFESTO
Os promotores desta plataforma cidadá contra a lidia en Noia, Noia
Antitaurina, redactamos neste documento os motivos polos cales nos
opoñemos á celebración dos festivais taurinos, sexan en Noia ou en
calqueira outra parte do mundo.
-
Consideramos que torturar a un animal asustado de forma cruel
até a súa morte non pode ser considerado ningunha arte. Festexa-la
dor, o sufrimento e a explotación dos touros é en todo caso un acto
degradante para a nosa especie.
-
Cremos que a tauromaquia é o símbolo vivo dunha sociedade
retrógrada.
-
A tauromaquia non é nin arte, nin tradición, nin cultura, nin
diversión, tan só un espectáculo macabro e obsoleto.
-
Pensamos que o touro non debe ser un animal predestinado a
morrer na praza. Tódolos animais merecemos que se nos recoñezan
valores básicos inalienábeis, como son a propia vida e o dereito a
vivila dignamente e con integridade. O touro ten un valor obxectivo
como individuo, como biotopo ambiental e como patrimonio
meioambiental da nosa comunidade; a supervivenza nun entorno natural
non debe estar ligado á súa explotación económica e á tortura e
morte nunha praza de touros.
-
A tauromaquia non garda ningún tipo de relación coa cultura
galega, polo tanto resulta absurdo a celebración dos festivais
taurinos en vilas como a nosa.
-
Denunciamos a hipocresía das empresas taurinas que ocultan as
torturas ás que son sometidos os touros antes da faena, como golpes
nos riles ou nos testículos, para ser vítima no “ruedo” da agresión
da garrocha do picador ou das punzantes bandeiriñas. Só despois
desta carnicería, o torero, nun alarde de valentía, enfróntase ao
animal asustado e gravemente ferido.
-
Manifestámonos en contra de que o sector taurino reciba
subvencións, tanto de forma directa como indirecta por parte das
comunidades autónomas, concellos, como é o caso de Concello de Noia,
e incluso da Unión Europea.
-
Para defender estes ideais, Noia Antitaurina pretende levar
adiante campañas de información e concienciación (por medio de
carteis e folletos), manifestacións en contra da tauromaquia ou
medidas de presión do goberno local, sempre dentro do marco da
legalidade.
Noia Antitaurina conta co apoio da organización non gubernamental
Ecoloxistas en Acción.
-
Como colectivo, Noia Antitaurina é unha plataforma apolítica,
aínda que os seus integrantes posúan uns ideais definidos.
-
O noso obxectivo final é a erradicación da inxustificada
“tradición” taurina que sobrevive na nosa vila.
Se ti tamén es un noiés ou noiesa en contra da lidia, apoia a causa
de Noia Antitaurina.
Fainos chegar os teus e-mails á dirección de correo electrónico
noiaantitaurina@hotmail.com e indicarémosche cómo podes colaborar
connosco.
En Noia, a 20 de abril de 2005 |
Mensaxes:
|