|
No ano 1994 formarn en Quiroga (Lugo) un grupo co nome de ACCESO
DENEGADO coa idea de montar un
grupo de rap, ainda que esta dinámica rapidamente se desbota e así
Xabinho enganchase á guitarra e Paulo ao baixo, mentres que
"Jeremias" dalle ao teclado e Pitís á batería.
No ano 97 dan
os seus primeiros concertos e no 98 fichan ao Xampi (guitarra). Entón a
banda acada moito éxito polas súas actuacións en directo.
Daquela mesmo
comparten cenario con A Palo Seko, Narco, Killer Barbies ou Barón Rojo
entre outros.
En novembro do 2001
o "Pitís" (batería) deixa o grupo e tivo que ser o
"Xampi" (guitarra solista) quen colleu as rendas da percusión.

Coa
nova situación (so 3 compoñentes) a banda decide cambiarse o nome polo
de FAI TUN FLAI (expresión típica de Quiroga) e adaptan o estilo á
velocidade que imprime o Xampi na batería.
Nos
meses de obrigado parón mudan todo o repertorio e xorden temas con
letras máis retranqueiras e sociais. Por suposto, seguen empregando a
lingua galega por ser a propria do povo galego e a mais musical.
En
agosto do 2002 debutan por fin no Festival Correlos Rock co nome de Fai
Tun Flai. A partir de ahí empeza unha escalada de actuacións na que
procuran ter sempre a máxima conexión co público.
Continuará... |