Obxectivos do programa
Esta ferramenta diríxise fundamentalmente ó alumnado e a docentes
do último curso da Educación Secundaria, como un complemento das clases e das
experiencias respecto á Física Ondulatoria, coa que se pretende, de forma
cualitativa:
Modelizacións contempladas
As modelizacións que se propoñen nos distintos módulos están
limitadas á análise do movemento ondulatorio nunha e dúas dimensións. A
partir de la pantalla inicial
se accede a los
módulos que contempla:
Desde un punto de vista físico, hai que ter en conta que o obxectivo do programa é o de facilita-la manipulación dos fenómenos ondulatorios mencionados, en ocasións a expensas da precisión. É dicir, trátase dunha ferramenta didáctica e non dun simulador.
Guía didáctica (Idioma: Galego)
Desde o programa, a través do botón Axuda accédese ás explicacións
dos conceptos físicos básicos manexados no programa e propóñense
varias modelizacións para cada módulo, pasando directamente os valores
numéricos ó programa. Desde a axuda pódense visualizar algúns vídeos AVI
que representan a evolución no tempo de fenómenos ondulatorios.
Requisitos e características do programa
O programa execútase en Windows 95 ou superior. Contempla varios
idiomas, entre eles o Galego.
Condicións de uso do programa
O programa está destinado para uso personal educativo.
Pasos para descargar e instala-lo programa e os
vídeos AVI
- Descarga-lo arquivo ondas.zip (ve-lo seguinte apartado),
descomprimilo e gardalo nunha carpeta do disco duro.
- Executar Setup.exe de dita carpeta para instala-lo programa no
ordenador do usuario.
- Para executa-lo programa ir a Inicio (na barra de tarefas do
escritorio), Programas, Ondas.
- Os vídeos AVI, que no son imprescindibles para executa-lo programa, descárganse separadamente como
arquivos zip, descomprímense e gárdanse, sen cambiarlles o nome, na mesma carpeta
na que se instalou o programa
Ondas, normalmente c:\Archivos de
programa\Ondas.
Descarga-lo programa
Facer clic en ondas.zip
(2 126 KB) (versión 2.2)
Descarga-los vídeos AVI
No son imprescindibles para a execución do programa.
AVIs.zip (2 515 KB)