Matemáticas en galego: programas

Inicio

 

Exercicios

 

Fórmulas

 

Exames

 

Humor

 

Xogos

 

Programas

 

Opinións

 

Enlaces

 
docasar@lycos.es

Programas


Programas que cosidero de interese, traduccións para programas gratuitos; se tes problemas para descargar algún, ou algunha suxerencia, escríbeme un correo.

SlowView 1.0

Visor gráfico que soporta os formatos máis coñecidos de imaxe e audio. Este programa instala un arquivo que traduce o SlowView 1.0 RC2 ó galego. Debes ter instalado previamente o SlowView no teu disco duro; unha vez instalado o arquivo, abre o SlowView, no menú configuración escolle como linguaxe galego.

Baixar Descargar traducción SlowView 1.0 ó galego

Baixar Descargar SlowView 1.0


WinAmp 3

Reproductor multimedia que soporta a maioria dos formatos de audio; inclue ecualizador, efectos de video e de son.
Este programa instala arquivos que traducen o Winamp 3.0 ó galego, nunha versión sen acentos, e a outra con acentos. Debes ter instalado previamente o Winamp 3 no teu disco duro, e despois instalas o programa de traducción no mesmo cartafol. Unha vez instalado, abres o Winamp e nas opcións escolles galego sen acentos, ou con acentos, segundo teñas instalado o módulo de internacionalización UTF-8 do programa (razón pola que poño dúas versións)

Baixar Descargar traducción Winamp 3.0 ó galego

Baixar Descargar Winamp 3.0


Dev-C++ 5.0

Opción para os que empezan a programar en C/C++ xa que se trata dun compilador e entorno de desenvolvemento para esta linguaxe. Permite crear aplicacións dende cero, leva un completo depurador de código e un xerador de instaladores. Este programa instala arquivos que traducen o Bloodshed Dev-C++ 5.0 ó galego. Debes ter instalado previamente o Bloodshed Dev-C++ no teu disco duro. Logo abre-lo programa e en tools-environment options-interface-language escolles galego.

Baixar Descargar traducción Bloodshed Dev-C++ 5.0 ó galego

Baixar Descargar Bloodshed Dev-C++ 5.0


Paxariña translator 1.0

Un programiña para traducir programas ó galego, que pode que resulte de interese: Paxariña translator. Trátase dun programa que o único que fai son sustitucións de palabras, pero resulta moi útil. O uso é traducir programas do castelán ó galego, sempre que o programa use un arquivo de texto plano como arquivo de idioma, e o resultado é bastante correcto. Pero o programa é versátil e podería ter outros usos. É totalmente configurable en canto ós remprazos que se realizan.

Baixar Descargar programa

Baixar Páxina do autor