| Superficie (km2) | Entidades de poboación | Censo 1998 | Censo 2001 | Censo 2004 |
| 104,85 | 5 | 312 | 280 | 280 |
Capital: Pedralba de la
Pradería (non galegofalante)
Lugares: Calabor, Lobeznos, Pedralba de la Pradería, Rionor e Santa Cruz
de Abranes.
Teléfono: 980 62 19 03
Situación Lingüística: Tan só hai un núcleo de fala galega no concello:
Calabor (100 habitantes). O salto que se produce a nivel xeográfico pode ser debido a que
noutrora o concello de Requeixo (Requejo) fose de fala galega (hoxe
completamente de fala castelá). Esta tese vese apoiada pola existencia de
mapas antigos onde o topónimo non era Requejo, senón Requeixo. Habería que estudar as variedades lingüísticas
do norte de Portugal para poder facer unha tese certa. No tocante a Rionor
(ou Rihonor, 21 habitantes), hai que mencionar a existencia dunha fala de transición entre o
galego e o leonés, cunha maioría de trazos leoneses. O resto dos puntos do
concellos son de fala leonesa.
Balneario de
Calabor
Rúa do Balneario - Calabor
Augas: Augas que saen a 27ºC
cunha mineralización
feble ou oligometálica e fluorada, ademais de ser rica en bicarbonatos, sodio,
sílice, calcio, potasio e magnesio.

Foto antiga do Balneario de Calabor