|
XX Aberto de Xadrez Vila de Baio 2006
|
| |
|
Unha das grades promesas do xadrez galego gañou a edición de este ano do prestixioso torneo que
organiza como cada ano o noso clube. David Lariño impusoxe nunha última rolda onde se xogaba todo
deixando tras del a xogadores da talla de Aleksa Strikovic ou Alejandro Hoffman.
|
|
Historia do torneo
Ler noticia
|
|
| |
|
|
| |
|
Torneo de Corcubión 2005
|
| |
|
Celebrouse en Corcubión outra edición do seu torneo de xadrez cunha participación non moi elevada pero
dunha gran calidade. O xogador do noso clube Pablo Mira acadou a victoria gañando tódalas súas partidas, 5 de 5,
noraboa Pablo e a seguir asi.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
XIX Aberto de Xadrez Vila de Baio 2005 (25/09/2005)
|
| |
|
O MI Holden Hernández gañou esta edición do torneo de Baio rompendo dos pronosticos iniciais.
Nesta ocasión o torneo estivo a un altisimo nivel, acadando sen dúbida a media de elo máis importante
dos últimos anos, ó participar nel varios xogadores titulados.
|
| |
|
Os xogadores do clube tiveron unha actuacion bastante discreta, movendose na maior parte das rondas nas
últimas mesas. Esperemos estar en mellor forma para o comezo da liga.
|
|
Historia do torneo
Ler noticia
|
|
| |
|
O Su a Agra ascende a 1ª División!!!!!!!!!!!!!
|
| |
|
Noraboa o equipo, acadouse o tan codiciado ascenso. Ahora a celebralo, que o ano que ven seguro que a cousa
vai ser moito máis compricada. E noraboa tamén a Sigras, que fixo unha tempada practicamente perfecta e que nos
acompaña no ascenso.
|
|
| |
|
XIII Aberto de Tae Kwon Do do I.T.F. en Baio (30/04/2005 e 01/05/2005)
|
| |
|
A Asociación Deportiva Su a Agra e a Delegación Galega da F.I.T.E. (Federación Internacional de Tae Kwon Do España) organizarán
no Pavillón polideportivo de Baio o "XIII Aberto de Tae Kwon Do I.T.F." (Tae Kwon Do tradicional) os días 30 de abril (sábado)
e 1 de Maio (domingo) de 2005.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
Calendario e resultados da Liga Galega por Equipos 2004/05 (27/12/2004)
|
| |
|
Xa están dispoñible na páxina da Federación Galega (www.fegaxa.com) o
calendario da nova tempada así como os ordes de forza. Tamén incluimos nesta sección os resultados da nosa
división así como algunhas das nosas partidas.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
Torneo de Vimianzo 2004 (18/12/2004)
|
| |
|
A asociación deportiva Cherinkas volveu este ano a celebrar o seu torneo de xadrez. Dende aqui queremos felicitar
a este clube de recente creación polo seu bo facer e que de seguir asi seguro que fomenta no pobo
a afición polo noso xogo que habia xa fai anos.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
Torneo de Corcubión 2004 (11/12/2004)
|
| |
|
Celebrouse en Corcubión a I Edición dun torneo esperemos teña continuidade e que ainda sendo primeirizo
contou cunha boa participación e dun nivel bastante alto.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
Zonal da Costa da Morte 2004 (20/11/2004, 27/11/2004 e 4/12/2004)
|
| |
Este ano o zonal da Costa da Morte cambiou de localidade de celebración, indo parar a Cerceda. O que non cambiou foi
o gañador, que de novo foi Alberto Muñiz que so concedeu unhas tablas na última ronda.
Nesta ocasión os membros do Su a agra non fixeron un gran clasificatorio, agás Pablo Mira que acadou a segunda praza facendo
un torneo moi aceptable.
|
|
Ler noticia
|
|
| |
|
Comezan as clases de xadrez do clube (02/10/2004)
|
| |
|
O primeiro sábado de outubro deron comezo as clases de xadrez do clube, que como cada ano imparte Pablo Mira.
Estas clases terán lugar tódolos fins de semana ata un ou dous meses despois de acaba-la liga galega de xadrez,
e están abertas tanto ós socios como ós non socios, polo que animámosvos a que asistades.
|
|
| |
|
XVIII Aberto de Xadrez Vila de Baio 2004 (26/09/2004)
|
| |
O aberto de xadrez que cada ano organiza o clube volveu a ser un éxito de participación e de nivel de xogo.
Nesta ocasión, e xa van catro a vitoria recaeu no GM iugoslavo Aleksa Strikovic que como xa ocorrera o ano
anterior conseguiu 6 puntos, non perdendo ningunha partida.
A actuación dos xogadores do clube foi bastante aceptable, salvo algunha desafortunada excepción.
|
|
Ler noticia
|
|
| |