Anacos de Buxo
nace no mes de setembro do 2002, co fin de cumplir o gusto de catro xoves
rapaces con ilusión pola nosa música tradicional.
O
seu fin era presentarse ao "Concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas"
pero grazas ao éxito acadado decidiron continuar como grupo.
Teñen participado en concursos de
todo o país e actuado en diversos festivais folk, tamén fora da Galiza,
incluido o prestixioso Festival Toxos e Xestas de Barcelona ou o
Festival de Lorient no 2005.
No 2004 graban
o seu primeiro traballo discográfico chamado Sempervirente. Trátase dun
recorrido a través do seu repertorio, tanto tradicional como de autor, todo
el arranxado polo grupo.
Os compoñentes do grupo
teñen un alto nivel de formación musical, grazas aos seus estudos no
Conservatorio Profesional de Música de Vigo e a súa actividade en bandas de gaitas, concretamente
na Banda de gaitas Xarabal, Banda de gaitas Moxenas e diversos grupos de Vigo e comarcas.
Anacos de Buxo son: Xurxo Fernández e Pedro Álvarez ás gaitas; e Iván Blanco
e Alex Covelo ás percusións.
