|

|
Novas
|
|
|
|
CONCERTOS 2008
Data
Localidade
Sala
Hora
- 5 Xullo
Ponteareas
Pub "A Casa da Triga" (22:00h.)
- 1 Setembro
Randufe-Tui
(22:00h.)
- 23 Setembro
Pazos de Reis-Tui
(21:45h.)
- 22 Novembro
Priegue-Nigrán
Auditorio
(21:00h.)
Comunicado de Anacos de Buxo
(Xoves 20 novembro 2008):
Despois de facer oficial a marcha de Pedro Álvarez do grupo,
queremos desexarlle moita sorte en todos os seus proxectos e moitos
éxitos. Foron un total de seis anos onde todos aprendemos de todos e
vivimos experiencias inolvidables.
Tan só nos queda aclarar que o grupo Anacos de Buxo NON SE VAI
DESFACER trala marcha de Pedro, e que temos novos proxectos nos que
xa estamos a traballar. Para estes proxectos contaremos con un novo
compoñente e con algunha colaboración máis...
Pouco a pouco vos iremos informando.
VÉMONOS O SÁBADO 22 DE NOVEMBRO EN PRIEGUE!!!
Un saúdo
Anacos de Buxo
Comunicado de Pedro
Álvarez (Xoves, 20 novembro 2008):
Despois de 6 anos en Anacos de Buxo, e de haber aprendido casi todo
o que sei, decidín tomar un novo camiño e comezar unha nova etapa.
Este sábado 22 de Novembro, en Priegue (como cando empezamos) será o
meu último concerto con Anacos de Buxo. Escribo estás liñas para que
non haxa ningún tipo de mal entendido co tema, e porque creo que é o
mínimo que debo facer.
Mil grazas por estos anos, Anacos
Pedro Álvarez
22/07/2008: Despois de un ano
sen participar, este ano volvemos o concurso Manuel Texo de Vedra
esta pasada fin de semana, onde acadamos un segundo premio.
29/06/2008:
Esta pasada fin de semana, vimos de participar e conseguir o segundo
premio no I concurso de cuartetos de Ourense
28/01/2008: Esta pasada
fin de semana, vimos de participar e conseguir o segundo premio no I
concurso Moxenas de Valadares (Vigo)
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CONCERTOS 2007
Data
Localidade
Sala
Hora
- 9 Febreiro
Redondela. A Fragua (23:30h.)
- 21 Febreiro
Vigo.
La Fábrica de Chocolate (22:30h.)
- 13 Abril Lugo. Pub Clavicémbalo (24:00h.)
- 9 Maio Vigo. La Fábrica de
Chocolate (22:30h.)
- 17 Maio
Baiona.
Marrucho
(22:30h.)
- 18 Maio
Melide.
Pub Gatos (01:00h.)
- 8 Xuño
Chandebrito
Festival Chandi-Rock
(23:00h.)
- 29 Xuño Laracha. Pub D´Anton
(23:00h.)
- 14 Xullo
Beluso (Bueu) Semana cultural
(21:00h)
- 25 Xullo
Nigrán Panxón
(22:00h.)
- 25 Agosto
Vigo
Museo Liste
(12:30h.)
- 13 Outubro
Vigo
Centro Cultural Caixanova (19:30h.)
- 20 Outubro
Outes(A Coruña) Café Concerto
Antano (01:00h.)
- 17 Novembro
Priegue (Nigrán)
Torreiro
(19:00h.)
- 25 Novembro
Panxón (Nigrán)
Pabillón (17:00h.)
13 Decembro Santiago
Compostela. A Casa das Crechas (22:30h.)
16/11/2007: Este vindeiro sábado 17 de novembro ás 15:50h. será emitido
en Galicia Documental na TVG "Manfred, un náufrago na Costa da Morte",
un traballo realizado por Bernardo Cerquera e musicado por Xurxo e Pedro
de Anacos de Buxo.
22/10/2007: Esta fin de semana pasada foi movidiña. Tocamos en
Outes o sábado, concerto que serviu de estrea para o noso novo
tamborileiro Iván Blanco e o domingo participamos no concurso de
Luou, onde acadamos un terceiro premio. Deixámosvos aquí, unha das
imaxes cos nosos colegas de "O Chupacabras" e "Abelente",
que mostra o "bo rollo" vivido entre todos os participantes.
22/10/2007: Despois destes 5 anos, o noso tamborileiro Ramón decide
abandonar o grupo por motivos persoais alleos a Anacos De Buxo. Moita
sorte nos teus proxectos amigo!!!
16/09/2007: A fin de semana do 22 (18h.) e 23 (11h.) de setembro
participaremos na XL edición do concurso de cuartetos de Ponteareas.
Animámovos a todos a acudir e disfrutar de boas xornadas de música
tradicional.
25/08/2007: con Motivo da Homenaxe ao Gaiteiro estaremos en concerto no
Centro Cultural Caixanova de Vigo o 13 de Outubro.
Pica na imaxe
para ver o programa ao completo----->

09/02/2007: Novas fotos do noso primeiro concerto da Rede Galega
de Música ao vivo na sección
Álbum da nosa web.
02/01/2007:
Chegou
o 2007! e para Anacos de Buxo ven cheo de boas novas. Está en
proxecto a preparación do noso segundo traballo
discográfico e vanse confirmando datas de presentación polas mellores
salas galegas. Estade atentos as datas que iremos publicando. Un saúdo e
bo ano para tod@s.
28/11/2006: Anunciamos datas de
próximos concertos:
>>>8 decembro ----> Chandebrito (Nigrán), ás 17:30h
>>>16 decembro ----> III Día
do Orgullo Gaiteiro, ás 20:00h no Ateneo de Ourense
Pica na imaxe
para ver o programa ao completo---->
>>>17 decembro----> Vigo (Caixanova)
con motivo do XV Festival de Integración Nadal 2006. Gala Benéfica
organizada pola ONG "Novas Rutas" , ás 17h.
21/11/2006: Concerto
fin de carreira de Xosé L. Miguélez "Pilís": Primeiro Titulado Superior en Instrumentos
da Música Tradicional e Popular Galega .
Foi un inmenso pracer para nós,
poder colaborar neste día histórico para a nosa música.
Noraboa
mestre gaiteiro!!
04/11/2006: Aquí vos deixamos
unhas imaxes do concerto de onte na
Casa do Coto. Moitas grazas a todos
os asistentes. Esperamos que disfrutarades ao menos un pouquiño:) . Ata
a próxima amigos!
10/10/2006: Sábado 14 octubro ás
20h. concerto no torreiro das Angustias (Nigrán).
29/09/2006: Animámosvos a ver
o video dunha das pezas coa que participamos na final do concurso de
Ponteareas
Ver
o video no concurso
24/09/2006 : O día 3 novembro
actuaremos na Casa do Coto (Tomeza) a partir das 23h.
24/09/2006: Gañadores do segundo Premio da XXXIX edición do concurso de cuartetos de
Ponteareas
20/09/2006: O vindeiro día 23
de setembro as 18h. participaremos no XXXIX concurso de gaitas de
Ponteareas.
02/09/2006: O próximo
9 setembro a partires das 21h. daremos un concerto na Asociación cultural de Panxón
18/07/2006: Próximo concerto:
29 xullo ás 22h. en Parada (Nigrán)
13/05/2006: Gañadores do primeiro premio do II concurso de Música tradicional "Escola de gaitas de Ortigueira". O segundo premio foi para Os Estrobos de Ferrol e o terceiro para Abelente de Ourense. Cabe destacar deste concurso, o bo ambiente vivido entre os participantes na cea popular e nos concertos posteriores.
06/05/2006 : Gañadores do primeiro premio do 9ºMemorial Manuel Texo (concello de Vedra). O segundo premio foi para Luvas Verdes e o terceiro para Os Estrobos.
|
|
13/04/2006 : Gañadores do segundo premio no concurso de cuartetos e quintetos do concello de Cervo.
20/02/2006: Queremos dar as grazas a todos os que visitades a web. Celebramos esas 4000 visitas e para iso continuamos actualizando a web. Acabamos de engadir un video no que incluimos imaxes de algúns dos nosos mellores momentos. Está musicado con "A Alfonsina". Podédelo atopar na sección disco da web.
18/02/2006: Acabamos de actualizar a nosa web. Na sección disco xa podedes escoitar todos os temas incluídos en Sempervirente picando en cada un deles. Esperamos que o disfrutedes.
|
|
25/09/2005: Anacos de Buxo gañador do primeiro premio da XXXVIII edición do concurso de gaitas de Ponteareas, interpretando Alborada de Mera (Xosé Lois Romero) e Apaixoada (Paulo Glez). O segundo,terceiro e cuarto posto foron para Laghareu, Luvas Verdes e Os Fonte Suairas, respectivamente. 24/09/2005: Participación na semifinal do XXXVIII concurso de gaitas de Ponteareas (18:00h.) 5-14/08/2005: Participación na 35 edición do Festival Intercéltico de Lorient (Francia)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 | |
|
|
|