|
Oríxe xeográfica
Prehistoria
Prehistoria v.castellano
Cultura castrexa
Romanización
Idade Media
Edad Media v.castellano
Idade Moderna
Os fósiles urbáns
Anexos y curiosidades
Arquivo
de noticias sobre este traballo |
PREHISTORIA
AS ORIXES HUMANS DE VIGO
O ser humano accede a Europa a través do Meio Oriente, polo estreito de Gibraltar e moi probabelmente tamén polo estreito que separa Africa e Sicilia.
Podemos subpor, sen temor a enganar-nos , que isto fai desta zona do sul de España como das primeiras e mais antigamente habitada del Vello Continente.
Sen dúvida fué o Homo Erectus o primeiro que pudo hollar o que hoxe é o espazo urbano de Vigo. Mais adiante, o recentemente descrito Homo Antecesor de Atapuerca -precursor dos Neandertais-, pudo desenvolver a sua vida por estas ladeiras.
O Homo Sapiens, espécie á cual pertencemos, fué o heredeiro directo da desaparición de outra póla humana extinta: os neandertais, o xenuino humano europeo e descinte do Antecesor. Desenvolvido totalmente na Europa dos glaciares esta póla humana foi extinguindo-se á par que a Sapiens se expandia. O Homo Sapiens constitui a cultura de Cro-Magnón. Novas aportacións humanas vidas desde Africa ocuparían o sur y este de Iberia, dando lugar ás tribos íberas.
Non é posible estar seguro da oríxe das poboacións asentadas nas nosas terras. Trátase de unha mixtura ampla de aportes de moi distintos oríxes. Sen dúbida o Homo Erectus foi o primeiro que pudo hollar, se chegou os nosos lares, o que oxe e o noso espacio urbán. Logo o recien descrito Homo Antecesor de Atapuerca, e precursor dos Neandertais poido traballar polas nosas ladeiras tamén.

Xeito que apresentaba O Castro, o Monte Feroso dos romanos visto desde o mar, nos tempos nos que os primeiros humanos percorrian a nosa ria. á direita o Berbés e á esquerda Laxe e a Alameda. Segundo fora época glacial ou interglacial o xeito de O Castro poderia ser moi distinto, con unhas ladeiras totalmente peladas e mesmo co nível do mar moitísimo mais baixo, pudiéndose llegar andando até as montañas Cies.
O Homo Sapiens, da cal pertenecemos nós, foi o herdeiro dos neandertáis, o espécimen europeo autóctono, nestas terras e constituyen a cultura Cro-Magnón. Logo chegarian novas aportacións humáns a Iberia dende Africa dando lugar as tribus íberas. Outras darían a volta polo extremo oriental e chegarian a Iberia dende o oriente medio, via chairas centroeuropeas.

O Monte Feroso ou Castro dende o Areal. A praia debeu prover de moita comida os homes que ian a ela na súa busca.
Moito máis tarde, chegarian as primeiras tribus indoeuropeas que constituirían as culturas do bronce e o ferro europeo e que empuxaron cara occidente, mixturáronse ou ben destruiron as autoctonas. Viñan dende as chairas rusas e siberians e constituiron en centroeuropa a cultura do bronce e o ferro, chamada cultura Halstat, e que xa amosan sináis que logo identificaremos como povos celtas e que inda tardarían tempo en concretarse. Finalmente, e como cultura Halstat ben identificada, aparecen, na historia dos gregos, fenicios e romans, fai uns 500 anos antes da nosa era, as tribus celtas modernas, empuxadas polos séus proprios conflictos internos e pola presión dos povos nórdicos e xermánicos.
Pouco antes dos románs, e sendo xa coetáneos, chegan -sen moito animo de asentarse ata as nosas terras i en pequeno número fenicios, gregos e cartaxineses na procura de novos xacementos mineráis e de recursos e posibilidades comerciáis. As súas primeiras referencias van dando nome os nosos pobos. Estes serán os nomes que os romans recolleran e daran a posteridade.
Un grupo neandertal achégase a explorar a praia da Alameda na procura de marisco. A zoa que convertiríase en o Casco Vello, co as Rúas Carral, Laxe no primeiro termo e A Pedra afundindose no mar, entón cuberto por un espeso bosque de coníferas. Os neandertáis foi unha especie humán autoctona da Europa glacial. O mais xenuino europeo.

Neste intre, e xa de antiguo, existe un intercambio entre as tribus litoráis atlánticas coas tribus íberas mediterráns, se constitúe unha cultura mixta celtiberica en Castela a Vella. Chegan al derradeiras tribus celtas proviñentes outra vez de centroeuropa, ben fuxindo das incursións xermánicas, ben buscando novas terras pola sobrepoboación celta nas súas terras orixinarias o por mor de a imposibilidade de heredar os fillos nobres segundones os dereitos sucesorios, acaparados polos seus irmans primoxénitos, o que os obrigaba a buscar territorios onde formar os séus dominios e a súa dinastia.
Tra-la romanización, concretamente na súa decadenza política militar, chegaron bruscamente elementos xermánicos (suevos e godos. A herencia xudea e máis ben escasa en Vigo, e inda máis a escasísima presencia árabe. Posteriormente, no trascurso da historia, estas distintas aportaciones virían mixturadas polas migracions internas da peninsula, especialmente nos últimos séculos, coma ven sabemos, do mesmo xeito que os galegos afectarían coas súas proprias migracións nas poboacións peninsulares.

Zoa de Orillamar ata Bouzas...
Os iberos e os latinos foron, sen dúbida, as influencias non indixenas mais notábeis na poboación viguesa.
Os homes, a traveso da historia, viaxaron moitisimo e de puntos moi distantes a outros. Os fineses son parintes dos húngaros, os vascos de grupos norteafricanos, os vandalos dende xermania fundaron reinos en Africa, os godos e os seu curmáns os ostrogodos, dende o norte chegaron a Hispania e Turquia, pobos que eran os orixinarios do que posteriormente chamariamos vikingos fundironse cos pobos helenos. Os mesmos vikingos son o xerme de reinos por toda Europa: Rusia, Dinamarca, Inglaterra... Os nobres e as crases dominantes podían ser de outra etnia, conquistadores e agresivos coma os vikingos. Os espacios fisicos dun povo cambiaban según a fortuna das guerras, pasando de ser subditos de unha ou outra dinastía según o resultado de unha batalla.

O Samil que coñeceron os primeiros homes que a viron.
Somentes nos últimos séculos, e aparecindo coma unha idea innovadora, o home europeo tivo conciencia clara de ser ou pertencer a unha nación e un solo, coas fronteiras máis ou menos delimitadas. Coma exemplo dicir que os nobres ingleses falaban en francés e desprezaran a súa lingua nativa, por considerala de pouco rango para eles. Poucos povos poden decir que étnica ou políticamente foran sempre os mesmos ou tiveran sempre o mesmo territorio.
Vigo antes de que os homes asentásense nas súas ladeiras e praias. Un espacio virxe e por explorar. Dependendo das glaciacións o aspecto podía trocar dramáticamente. O cabo da dereita e o Casco Vello a altura de Laxe, xusto onde agora sitúase o edificio de VigoFoto. A esquerda e xusto debaixo do pouco que se ve de Toralla e as suaves ladeiras de Coia sitúase o cumio do Castro. O cabo mais alonxado a dereita e Bouzas e xusto debaixo sitúaríase o novo axuntamento. Ao fondo as Cies, naturalmente.
OS PRIMEIROS POBOADORES DE VIGO
O Paleolítico
Vigo na cultura que fabricaba utensilios bastos de pedra
A liña hominida rastrexouse oxe en dia ata atoupar un antecesor de fai 7.000.000 de anos atrás. De ese antecesor surdiron distintas ramas, unhas das cales levaron os humáns modernos. No camiño quedaron os Homo Ergaster, Erectus, os Sapiens Neandertáis... Non descendemos dos monos, coma popularmente se tende a simplificar, se non de un antepasado anterior e comun a ambos. E dente logo non descendemos dos Sapiens Neandertais, se non que loitamos polo mesmo espacio contra eles. E iso foi fai decenas de miles de anos.
A presencia humana en Vigo se rastrexa -e de elo hai vestixios-, dende o paleolítico. Restos de esta epoca existen abundantemente nas áreas do Cantábrico, fronteira lusogalaica, Madrid, Lisboa e Cádiz. Existen zoas con restos máis dispersos por outras lugares de Iberia. En Galicia e dificil atoupar restos óseos debido a acidez do noso solo que destrúe calqueira mostra de orixe bioloxica: carne, osos ou madeiras. Somentes é posible rastrexar o seu paso a traveso dos séus utensilios. Co o que se atoupou no noso chan podese dicir que houbo humáns dede o paleolítico. Antes de eso somentes podemos facer hipótesis.

A Alameda, a Laxe e o pequeño sainte o mar, futuro primitivo porto e base do Casco Vello de Vigo, fai uns 200.000 anos atrás. A liña da praia estaba aproximadamente na rúa que oxe bordea Correos. A zoa rocosa da dereita, rompendo o mar, sería sobre a cal construíranse as murallas e onde oxe discurren as rúas Carral e Laxe.
Nun principio e moi posible a presencia durante o período coñecido como interglaciar (esto é: nun espacio de tempo templado entre dúas épocas glaciares) Mindel-Riss, acontecido fai entre 600.000 e 100.000 anos, aproximadamente, de elementos humáns proviñentes da zoa costeira nororiental de Africa -o que é oxe en dia Marrocos, Arxelia, Tunicia e Libia-, tentados polas praias e costas baixas e ricas en recursos de Huelva e Cádiz. A travéso das costas e dos cauces fluviáis foron extendéndose pola peninsula Ibérica ata chegar as nosas costas. Esto supón xa un conocimento de formas primitivas de navegación, xa que nin no intre de máxima glaciación o estreito de Xibraltar estuvo unido a Africa, quedando sempre unha separación marítima, inda que de escasos kilómetros.

Triedros, piedras labradas toscamente usadas para machacar huesos

Utis feitos con osos.

Puntas pétreas para flechas e lanzas
En este punto hai que mencionar o feito que en epocas de glaciación, cando os xeos glaciares acumulaban moita da auga evaporada do mar, o niveis do mar baixaban dramáticamente. Vigo foi non poucas veces territorio de terra a dentro e incluso de baixa montaña litoral. Dende o Castro, Vixiador ou o Galiñeiro a liña do mar veríase mais alo dos entonces montes Cies e o que oxe e a ría de Vigo extendíase un val onde os poucos homes resistentes o frio afanábanse para conquerir o seu sustento, mariscando nas rocas e praias das Cies ou incluso mais aló, onde remata a plataforma continental, que nas nosas costas está moi cedo.. Moitos restos arqueolóxicos están pois sumerxidos a carón das Cies ou Illas Sicas, no fondo da ria, e tal vez baixo os galeóns de Rande... A característica dos ouxetos fabricados ou retocados por estas xentes é que non estan traballados tan finamente coma os posteriores e básicamente son guixarros percutidos e usados como martelos contra os osos máis duros para aproveitar o tuétano interior. As lascas desprendidas do núcleo orixinal usabanase coma cortadores ou coma rascadores da pel e a carne, técnicas básicas descubertas polo home fai 1.800.000 años atrás.
O primeiro vigués
Seguramente o Homo Erectus, o que comezóu a usar o fogo de xeito conscente dende fai 700.000 anos, foi o primeiro humán que habitóu as nosas costas. O uso do fogo permitiúlles os homes ocupar zoas que polo frío ou os depredadores non poidera explorar antes. O fogo permitiú-lles preparar a carne dun xeito mais dixerible e isto fixo mellorar o seu aproveitamento proteínico e calórico que a inxesta en crú no permite. Tiña certo tipo de comportamento ritual e devocional cara os cráneos humáns e o semella que comeza a ser mais conscente do feito da morte e o manter unha lembranza e unha relación máxica cos individuos finados.
Fai uns 200.000 anos os homes procuraban parte do séu alimento nas costas, rios e lagóas ou zoas pantanosas, coma Gándaras de Budiño, entón unha ampla zoa pantanosa, un páramo lento anegado polos rios da zoa e as anegadas do Miño. Existen vestixios da presencia humán en Vigo dende épocas tan remotas en o Vao, Coruxo, Alcabre, Navia, Bouzas, Teis, Alameda. no Castro, en fin: por todas partes... Traballan pedras de cuarzo e cuarcita, ou oso, madeira e fibras vexetáis. Percutían unhas pedras contra outras, para de un núcleo inicial ir desgaxando trozos de bordes afilados. Nun principio se pensou que estes trozos grandes eran as ferramentas, unha sorte de facho grande e demoledor. Logo se entendio que en realidade ese era o remanente ou núcleo de obter pequenos trozos cortantes usados para cortar, inda que o núcleo, xa con unha cara cortante, tamén podia usarse para machacar e quebrar osos grandes e duros e obter o codiciado tuétano, a parte grasa e branda do séu interior, moi nutritiva.
O aspecto da zoa de Vigo sería, nas épocas de glaciacións, moi semellante os Highlands escoceses, montañas suaves, peladas e cheas de plantas baixas e tupidas. Os animáis serían os proprios de este clima frio e duro: rinocerontes lanudos, mamuts, bisontes, felinos de dente de sabre.... As montañas galegas, coma as escocesas, están entre as mais antiguas e erosionadas do mundo, razón pola cal apenas si alcanzan xa mais de mil metros de altura, tras millóns de anos de vento e choiva.
Nas épocas mais suaves, nos períodos interglaciares e sobre todo cando o clima permitia a aparicion de craros nos bosques e incluso grandes pradeiras, poderían haber corrido polo noso chan leóns de dentes de sabre, hienas e outros grandes felinos, cazando unha fauna herbíbora semellante a da sabana africana ou a das pradeiras americanas. Non se sorprendan por imaxinar leóns ou grandes felinos pola nosa área, este animáis non somentes viveron e viviran en Africa por custións climáticas. Os felinos viviron nas areas europeas, incluso en zoas de neve invernal, mentras o clima e a presion humana permitióu a existencia das grandes manadas de herbívoros. Trocos climáticos poideran alonxar a esas grandes manadas, e isto, xunta coa presion da caza human, obrigaríalles a seguir as manadas en outras latitudes. No caso de depredadores mais pequenos ou con outra dieta, coma lobos e osos, poideron sobrevivir, inda que cada vez cos seus territorios mais reducidos, nos bosques e montes lonxanos e inabitábeispara os humáns.
Coetáneamente os homes Sapiens chegarian as actuais illas británicas, entón unha gran peninsula, seguindo o curso do Sena e as chairas de creta que a unian as actuáis illas.

Aspecto que podería ter a nosa área viguesa nos períodos glaciares denominados Würm I e II (fai 90.000 anos antes da Era). As montes que vense ao lonxe poderíamos chamalos Montes Cíes. O monte máis cercano e o Monte Feroso ou Castro e donde fixose a foto chámase oxe Vixiador. A dereita do Castro vense dous pequenos promontorios. Son os sobre os cales levantaríase o Casco Vello de Vigo. Hipotéticamente cubertos de vexetación inda que seguramente tamén, dependendo do rigor do momento da glaciación, poideran ter somentes herbas e vexetación de tipo tundra ou incluso estar totalmente pelados. Galicia poido estar baixo os glaciares inda que pensase que quedou fora da accion direita dos glaciares. E probable que virase o muro branco formado polos glaciares dende as nosas costas..
O Paleolítico Medio
A segundo período de fabricación de utensilios de pedra tallada
Seguen viñendo xente dende oriente e Africa via Asia, e que entran en Iberia polos Pirineos. Acontece durante os períodos glaciares coñecidos coma Würm I (fai 90.000 anos antes da Era Actual), e o Würm II. O Homo Erectus, unha liña extinta que viñera dende Africa, adaptaráse as condicións frías da Europa glacial, e coma resultado de esas adaptacións, xerará o Homo Antecesor, restos dos cales atopáronse fai anos en Atapuerca (Burgos), do que surdirá, subsiguientemente, o Homo Sapiens Neandertalensis, o primeiro e único espécime homo europeo autóctono. Os neandertais son unha sorte de humanidade perdida, xa que eran unha especie distinta a nosa, inda que compartían o raciocinio, emocions e otras características que consideramos proprias da humanidade. Xurdíamos de un tronco cercano e común. Expánderonse por Europa ata extinguirse polo 35.000 antes da Era Actual, substituido pola cultura Cro-Magnon do Homo Sapiens Sapiens arcaicos, proviñentes de oriente, posiblemente via Africa, ou tras pasar certo tempo e evolucion entre Europa e Asia. Desta nova rama, e exclusivamente desta rama ten a súa orixe a humanidade actual.
Especulase con que a súa comunicación fose mais xestual que verbal, ou sexa: comunicábanse a traves de mixturar signos feitos coas máns e os propios do corpo i emitindo sonidos bucáis sinxelos e curtos. Os indios americanos inda facian isto cando chegaron os europeos. Un sistema de comunicación propio de cazadores e acechadores onde precisase non alertar as pezas. O seu cerebro era mais grande que o do Sapiens Sapiens, seguramente por causa da necesidade de coordinar unha masa corporal mais poderosa.

Cabanas nas ladeiras do Castro nun curto verán nunha era glacial Würm. O fondo os Montes Cies. Os xeos non alcanzaran a nosa área, mais o mar baixara o quedar retida a auga das choivas e nevadas nos polos e glaciares. A ria era entón un amplo val, surcado po-lo río Verdugo.
Coa chegada de estes novos homes, os neandertáis foron vindo restrinxido o séu ambito ata quedaren reducidos, en Europa, na Península Ibérica, e dentro dela en Xibraltar, onde atópanse as mais modernos e derradeiros restos de esta especie humán extinta. Non semella que sobreviviveran mixturándose cos outros grupos, ainda que existen posíbeis evidencias da convivencia e reproducción entre ambas humanidades, inda que tamén abundan os sináis de conflictos entre éles.
Sindo pois Iberia o séu derradeiro bastión e coñecendo que como os seguintes grupos humáns apreciaban os territorios cercanos a auga, coma o litoral mariño e os cauces dos rios, e moi posible que algúns grupos de eles pasaran polas nosas terras en algún intre. Era xente que practicaban un nomadeo limitado. Ficaban unha zoa de cavernas ou lugares protexidos, normalmente arrebatados os osos, con quenes competían polos refuxios naturáis, e a partir destas bases estables facía itinerarios estacionais e cíclicos de caza e recolleita polos arredores. O séu estilo de vida era, evolutivamente conservador, demasiado especializado. Existen duas correntes de pensamento acerca dos neandertáis: unha propón que mentalmente eran tan eficientes coma os Sapiens Sapiens e que solo a experiencia multiclimatica dos segundos facíanlles máis adaptativos e a postre triunfantes o final. Outra din que a súa capacidade mental era mais limitada que a dos Sapiens Sapiens e que por iso agotáronse as súas posibilidades de supervivencia ao competir con xentes mais despertas e inxeniosas. Tal vez os Cro-Magnones e os neandertáis coexistiron nas nosas praias e bosques diante un tempo, coma o fixeran en outras partes de Europa. Tal vez loitaron e os cro-magnones expulsaron os neandertáis alí onde os atoparan. Non podemos sabelo e parece ser que ambas circunstancias poideron darse alí onde atopámo-los séus restos. Tampouco e descartable que os neandertáis nunca chegaran a asentarse nesta ria e simplemente os Sapiens Sapiens da cultura Cro-magnón, que practicaban un nomadeo estacional, heredaran os recursos que sempre habian estado alí esperando por eles. O que xa esta totalmente descartado polos estudos xenéticos é que hubiran fundidose en un só pobo. A especie Neandertal extinguiuse totalmente sen deixar descendentes, e os Sapiens Sapiens heredaron a terra.
Outra vista da área do Casco vello, A Laxe e Alameda de fai 100.000 anos, co nivel do mar coma o actual.
¿Cómo era a vida dun “vigués” no paleolítico ou mesolítico?
Propriamente non é posible falar de vigueses, xa que non existían asentamientos estábeis e permanentes se non presencia i refuxios e cabañas temporais. Como xa disen as diferencias entre as culturas paleo, meso e neolíticas -moitas veces entremezcladas e superpostas-, eran escasas en alguns aspeitos e trascendentáis en outros, como no caso da agricultura e a gandeiria, que ia trocar todo o sistema de vida. Polo demais a vida era moi semellante. Colleremos un grupo mesolítico por ser unha era intermedia. O noso “vigués” e o seu grupo familiar mesolítico son Sapiens Sapiens da cultura Cro-magnon. Camiñan xuntos dende as Gándaras de Budiño cara a ría, onde van a comenzar a temporada de marisqueo. Acaban de atravesar o Lagares e chegan o cumio do último couto entre eles e o mar: a Praza de España, vindo a ría de Vigo alá abaixo, atendendo por eles.
Se toman un intre de descanso, a subida ao Alto de Puxeiros deixounos cansos e inda que a baixada foi mais doada agora sinten o esforzo. Ademais e convinte pararse un intre e otear o escenario a posible presencia de outros grupos humáns que se adelantaran a eles e cos cales poderian ter relacions non precisamente amistosas. Precisamente este ano adiantanse a manioubra de achegamento por mor de seren os primeiros en reclamar as mellores zoas de recolleita. Cun pouco de sorte non habera motivos para escaramuzas, encontros violentos e duras negociacións cos grupos que poidan chegar mais tarde. Se e posible, e se os demais grupos estan dispostos, compartiran as zoas de xeito amigable, mais estan preparados para defende-los séus dereitos prioritarios de uso ao haber chegado antes.

Vista do Berbés cando os primeiros homo sapiens acudian a recoller moluscos e crustáceos a súa praia.
O xefe sitúase xusto no inicio da baixada por Gran Vía, un area aberta e dende onde se mira a ampla zoa da bahia, o Castro, o Casco Vello, o Areal. Existen algúns sendeiros que marcan o paso habitual de homes e animáis entre as arbores e o follaxe. Moitos destes sendeiros son fosiles que sobreviveran ata hoxe en dia, xa que os vieiros e corredoiras mais adecuadas poucas veces se trocan. A rua Real, Urzaiz, principe, Ronda de Don Bosco poidan ser camiños marcados xa nestas épocas. O xefe do grupo e os séus axudantes otean o escenario que ábreselles ante os séus ollos dende praza de España. Incluso poden ver na ría as baleas respirando e resoplando e bandadas de gaivotas sobrevoandoas. Colonias de cormoráns, araos, focas e gaivotas mantén certas zoas baixas do Casco Vello branco co guano.

Cabañas de uso estacional na zoa de Coia no Calcolitico (idade do Cobre).
A unha orde do xefe os homes e mulleres recollen os seus sacos. Estos sacos foron feitos con a pel enteira e case sen cortar de algun animal pequeño, unha nutria ou castor, seguramente, a quen fixéranlle un pequeño burato por onde sacaron as entrañas deixando baleiro o interior. Unha leva un manto de coiro doblado ata o colo onde leva un neniño, a seguinte xeración de homes que hollarán o noso territorio. Avanzan lentamente, uns en postos mais avanzados mirando os arredores para descobrir algun posible perigo mentras o resto vai avanzando dun xeito aparentemente desordenadamente, o tempo que recollen o que de valioso poden atoupar o séu paso; brotes tenros de trébol, alfalfa, dente de león, bayas e froitas silvestres. Axudándose cos séus paus puntiagudos escarban na terra en procura de raices, bulbos e tuberculos e pequenos vertebrados que localizan polos tallos. Fácenlo de seito maquinal, moi rapido, case sen deterse, fruto da experiencia e a rutina. Dan voltas os troncos caidos e as rocas pequenas e removen a terra onde saben ou sospeitan que podese atoupar algo interesante. Cun ollo fan o traballo e co outro vixian os arredores.
Seguen vaixando pola Gran Via abaixo, e virando algo cara a Venezuela, por onde a terreo empinase un pouco mais e pola cuia vertente baixa unho dos multiples regatos de auga cantarina que ten a zoa. Xa coñecen o camiño e siguenlo de xeito rutinario, marcando un ano mais a súa pegada na senda marcada dende sabe cantos anos atrás polos seus ancestros e outros grupos humáns anteriores. Un de eles, portador dun corno do que sae un pequeño fío de fume poñese a recoller ramitas finas e secas, follas e algunha rama resinosa que elixe con cuidado. E-lo encargado do fogo, un cargo moi relevante no grupo e do cal depende en moito a comodidade e case que a supervivencia do grupo xa que se a brasa apagase terán que enxeñiarsela para conquerir de novo o vital fogo, xa sea frotando un pau contra outro cunha tecnica especial e laboriosa, batendo pedra silex unha contra a outra para probocar unha chispa coa que prender lume en unha iesca fina e seca ou ben aproveitandose do fogo producido por algun raio, o cal e moi pouco freconte en estas latitudes.

Utensilios da época da pedra pulida.

Baixando por Simón Bolivar chegan a un pequeno descanso intermedio entre a ladeira que segue a subir pola súa dereita e o pequeño promontorio que enmarca a gran praia que abrese frente a eles. E a confluencia entre Colón, Principe e Urzaiz, totalmente en pendente cara a praia, xa que a chaira que produce a rúa foi feita precisamente co ese fin, coma en case que todas as rúas actuáis da zoa, coma Policarpo Sanz ou Garcia Barbón.
Tras deterse un último intre para ouservar as sináis e os sons no aire e determinar que non hai ningún humano ou feras; hienas, leons, osos cavernarios ou felinos nas inmediacións, decidense a baixar a praia a través do derradeiro desnivel, entre pequenos arbores, arbustos, silvas e herba alta. Entran na praia sixilosamente, con certa prevención, xa que e terreno aberto e vulnerable, onde podeselles ver dende moita distancial, mais, se recorreran tanto territorio para vir ata aquí non esperaran moito para escomenzar a escarbar na area en procura de o ansiado manxar. O grupo desviase, xa na praia ata a desembocadura dun regato na altura da rúa Hospital, onde recollen cantos rodados e observan as pegadas dos animais, para saber que tipo de animais estanse a mover pola praia e campo dos arredores. Logo elixen un sitio convinte para montar un pequeño campamento provixional antes de ir os lugares acostumados de outros anos. Os poucos rapaces novos estan encantados co este novo escenario, que coñecen dos anos anteriores, cando o alongarse os dias e mellorar as temperaturas veñen cara a costa dende o interior ao marisqueo ao obte-lo sal, un moi preciado ben.
As mulleres, recollidos os primeiros froitos do mar e da area, preparan os recipentes para a preparacion da comida. O home do fogo encendeu unha fogata sobre as cales poñen os cantos rodados de bo tamaño para quenta-los. Unha vez quentes introdúcenos en os recipentes feitos con fibras entrelazadas moi apretadamente e a proba de filtraciones e tamén cuncas de madeira cheas de auga. Unha vez que a pedra perde o seu calor son substituidas por outras, ata que a auga comeza a ferver. Ali botan os mexilons, lapas, ameixas, cangreixos e todo tipo de marisco recolectado baixo as areas e nas rocas e os cocen para un consumo inmediato. Tamen frien ou asan os alimentos pinchándoas con paus e deixandoas preto das chamas. A carne poñese nas brasas ou sobre pedras quentes. Outras partes deixanas o sol e o aire para que sequen e ser comidas mais adiante. A praia é moi xenerosa e a abundancia de xantar poñe de bo humor ao grupo. Tra-lo sopor do medio dia o grupo dividese entre homes e mulleres: uns a atisbar algun tipo de caza menor, recollida dos primeiros ovos, e as mulleres a recoller cos paus todo tipo de herba, froita ou raiz comestible. Situados en puntos estratéxicos un par de vixias controlan o que poida suceder mais lonxe do grupo. Cando o dia comeza a declinar o grupo reúnese de novo e encamíñase cara a Laxe e Carral, para subir polas rocas e recoller ovos das numerosas aves que aniñan por alí e para dirixirse os seus refuxios entre as peñas e oquedades protexidas do vento do norte, na zoa de Alfonso XII e A Barroca. O redor do Peñasco preparan cuns paus longos unha sencilla choza que cubren con peles e follas recollidas a ultima hora. Encenden unha fogueira que, inda que delatarános, o cal ten unha importancia relativa, tamén protexerálles do frio e da curiosidade das alimañas. Os vixias observan, ao caer a noite pechada, os resplandores de algunas escasas fogueiras que atisvanse na lexania, cara a Bouzas, en Coia e no Monte Alba. En frente, no outro lado da ria apenas podense distinguir algunhas luces amarelas tintineando en Cangas e Moaña. O resto e unha oscuridade total. Escoitase o resoplido das baleas entrando e saindo da ria.
Co paso dos dias a vixilancia relaxarase un pouco e os territorios de recolleita quedaran estabrecidos un ano mais. A menos que algun grupo quera trocar a sua sorte e provoque algunha liorta, cousa non infreconte. Cada grupo construira cabañas mais estábeis ou reconstruira as do ano pasado situadas no Casco Vello, na zóa da Pedra e na vertente que da o Berbés, e as labores de recolleita de marisco alternaranse entre o Areal e o Berbés e con a busqueda de froitos, mel, herbas e raices nas zoas de Gracia Barbón, Urzáiz, e a Falperra e Torrecedeira. Outros grupos alternaran os mesmos sitios e o Fragoso, Sárdoma e Matamá e os arredores, moi feraces e fértiles e coa inestimable presencia do Lagares. Co o inicio do otoño o grupo volverá, pasando antes pola desembocadura do Lagares en procura de ansares e parrulos, o séu territorio das Gándaras e o Miño, ou según preséntense as circunstancias, mais lonxe ainda: cara o Douro e o Taxo, unha zoa moi rica en marisco, pesca e caza –ñúes, bufalos, uros e cebras, sobre todo-, inda que algo explotada por moitos grupos humáns cos que habera que competir ou colabourar. Cada ano as manadas son cada vez mas escasas i é mais difícil obter pezas grandes que compensen o esforzo e os resgos da caza.
No Mesolítico se constata a presencia de poboadores adicados a caza, pesca e recolección, con asentamientos non fixos o aire libre. Do período mesolítico son os depósitos costeiros no Taxo de conchas de mariscos, costume marisqueira que continuóu moito tempo despois e que foi a razón da denominación de Oestrymnios (xantadores de ostras) dada os primitivos poboadores da vertiente atlántica polos gregos. Coma xa indicamos trátase de un periodo intermedio entre o Paleolítico Superior e o Neolítico e caracterízase por que a caza xa non inclúe bestias de gran porte coma os mamuts ou os rinocerontes lanudos, se non mais ben cervos, xabarins e outras cazas menores. A extinción ou desaparición paulatina de estes animáis grandes, causada pola accion do home e o troco climático, obrigou o proprio home, coma parte da fauna, a adaptarse a estes seguindo as manadas ou desenrrolando cazas alternativas. Houberon trocos poblacionáis notábeis.

Vigo dende Moaña. Entre o Galiñeiro e o Monte Alba. Os primeiros grupos humáns obtiñan marisco entre a aréa das praias. A paisaxe correspondía a unha zoa case que virxe. E probable que os montes circundantes estiveran pelados.
Un grupo da cultura mesolitica constituióu os séus refuxios na zoa de Poboadores, protexidos do vento do norte. Cada mañán baixan a praia do Berbés a recoller marisco baixando entre as peñas da costa, especialmente unha mais grande que as demáis, a que chaman o Peñasco, que remata directamente na praia. Outros grupos tense repartidas as praias de Alcabre, Beiramar, a Alameda e o Areal ata A Guía. O reparto veñe de vellas liortas e acordos de parentesco. Os cazadores solían dirixirse cara a desembocadura do Lagares o ata San Paio de Navia e as súas zoas pantanosas a caza de parrulos e ansares.
Outros, máis hábiles, desenrolaron algunhas técnicas de pesca na desembocadura do Lagares, creando represas e canáis con estacadas e redes, facendo cos peixes tiveran que adentrarse en zoas delimitadas que logo son pechadas e, coa baixada da marea, era máis doado recollelos. A técnica era simple: uns vadeaban as orillas facendo que os grandes peixes, anguilas, cangreixos de rio, alguns salmons que buscaban seguramente o Miño e que perdianse de vez en cando polo Lagares, e troitas plateadas e de enorme tamaño, entón cunha desembocadura aberta e mais profunda do que é oxe, foran polos canáis preparados ao efecto na ultima baixamar. Cando os peixes quedaban atrapados subíanse unhas redes trenzadas con pelo longo de animáis ou fibras vexetáis de esparto ou calquera outra especie de herba fibrosa e que se afundian gracias a unhas plomadas que atábanse a s redes. A pescada era logo cortada polas veloces mans das mulleres, quenes destripaban os peixes e os colgaban sobre fogueiras humeantes onde secarian co sol, o fogo e o vento. O fume e a cinza, adherida a pel, protexeriao do oxíseno apodrecedor. Diante a primaveira e o veran o fume non deixaba de subir da zoa da desembocadura do Lagares e dende diversos puntos do litoral vigues e do Morrazo. Aproveitábanse os ovos das aves que aniñaban nos roquedáis, coma o que dividia o Berbés e a Alameda. Eran tempos de acumular cara o frio inverno que pronto invadiria a ria. Na costa aparecen úteis de oso e madeira para a pesca.
As zoas mais ricas eran protexidas celosamente e non era infreconte os ataques de grupos foráneos que pretenden facerse co o control de eses recursos inagotábeis. Quen posuía estes postos de pesca tiña asegurada a supervivencia na temporada fria do inverno. Os que non, tiñan que emigrar un ano mais cara o sul, a o Taxo e a marisma de Huelva ou sevillana.
Cando tiñan unha boa pesca os grupos subían os peixes preparados o lombo e voltaban os seus refuxios do Castro, da Guia, do Vixiador, do Alba e do Casco Vello. O final da tempada habia que estar ollo avizor pois era a época na cal, os menos afortunados trataban de troca-la sua mala sorte da temporada con un espectacular golpe de man, roubando as provisións os seus vecinos, e cando os grupos desafortunados de outras zoas da costa pasaban camiño o sul tratando de obter algun proveito dos descuidos e da debilidade dos demáis.
Vigo era unha zoa fértil e rica en comida, e casi nengún grupo nómada deixaba pasar a oportunidade de pasar pola nosa zoa a botar unha ollada en busca de unha ocasión de rapiña.
Poucos eran os que finalmente remataban na área de xeito estable. A maioría preferian levarse as suas reservas con séu e buscar as proprias da temporada fria en latitudes mais baixas e co un clima máis benigno. En dúas semanas pescaban ou marisqueaban e cazaban parrulos no Taxo y en un mes podían estar acampando nos arredores de Doñana ou no estuario do Guadalquivir. Ademais, debido as murallas rocosas que son os montes galaicos e os rios profundos que facen de barreira coa Meseta polo sul, os grandes rebaños de mamíferos poucas veces chegan ata Vigo. Os cazadores e perseguidores de grandes manadas deben irse cara a Meseta ou baixar ata o Taxo para atoupalos. Esto tamen fai que haxa poucos felinos realmente perigosos na zoa, mais esos non fai que haxa que baixar a guarda cos osos e os irritables uros, o toro salvaxe do pasado, e os búfalos, que si sintense cómodos por estes paraxes.

Grupo humán no Berbés visto dende a futura ubicación do convento de Santa Marta. Na praia, a dereita, un grupo prepara as artes de pesca mentras outros ocúpanse en prepara-lo peixe e o marisco recolleitado para o seu transporte ou a súa conservación. No fondo, no que no futuro será a Rúa da Faixa e máis modernamente a Rúa Real, existen algunhas chozas de uso estacional.
Fai 10.000 anos, co fin da derradeira grande glaciación, o clima tornase mais doce e cálido. A fauna xa comenza a ser a que coñecemos actualmente. Desaparecidos os grandes mamíferos –e con eles os grandes felinos e hienas-, por culpa do novo clima e a accion depredadora do home restan os cervidos, osos, xabaríns, lobos, raposos, aves acuaticas de do monte e outros pequenos animais. O marisqueo e a pesca serán sindo a actividade mais importante na zoa de Vigo.
Este período afúndese e mistúrase co neolítico e co o posiblemente o que é un dos máis mais transcendentáis dos descubrimentos do home: a revolución agrícola, que lle proporcionará a estabilidade e fondo alimentario indispensable para conquerir pasar a un novo nivel de subsistencia e desenrrolo técnico, social e cultural.

Zoa do Berbés e Orillamar. A pequena cala e a praia do Berdéz, o actual Berbés.
O Neolítico
A Era da fabricación de ferramentas de pedra pulida
A revolución agricola
De este período tampouco hai moitos restos, lamentablemente. O feito de pulir as pedras e o detalle máis claro que diferencia ambas épocas: agora as pedran son redondeadas, non dentadas, e os traballos son de mayor finura e detalle. Nótase un mayor interese polo resultado estético do instrumento, non somentes pola súa utilidade.
Eso nos amosa os cambios paulatinos da sensibilidade do seu cerebro e os trocos na súa percepción da realidade. Tamen amosa que tiña mais tempo libre para dedicarse o detalle, o que por ourtra banda indica que os recursos eran mais abondosos ou as técnicas para obtelos mais eficientes.
O descubrimento e desenrolo da cerámica e dos metáis debeu ser pola observación: nas fogueiras podian atopar grumos de lama endurecida. A mente inquisitiva destes homes levounos a conclusión de que si esa lama endureciase tanto era polo paso polo calor do fogo, e que si collían lama e dabanlle unha forma determinada poderian endurecela e convertila en un instrumento útil. Pronto atoparian que a arcila era a mellor lama para facer cacharros. Tampouco pasóulles desapercibido os rescoldos duros que quedaban nas cinzas e que non eran pedras. O final souberon distinguir que pedras producían aqueles rescoldos tan extraños e como no caso da cerámica, intuyeron que si ese material collia a forma do solo no que quedaba era posible preparar unha forma util e deixar que ali se xuntasen eses materiáis. O resto foi cosa da proba-error e a experiencia.
Do mesmo xeito que inda oxe en día ocurre cos restos de poboacions típicamente neolíticas que existen en remotas e perdidas selvas, a modo de fósiles humans vivintes, estos grupos humans, de aspecto fisico absolutamente contemporáneo e numéricamente moi reducidos -tal vez de entre 5 a 20 persoas-, movíanse, de xeito nómada, ao ritmo das estacions e das necesidades de materiáis, refuxio ou alimento.
A caza e a recolección era o seu xeito de vida, inda que as veces posuíran pequenas industrias productivas estábeis coma o marisqueo ou a pesca que periódica ou permanentemente explotaban. Posiblemente en esas eras a totalidade da poboación humana na zona do actual Vigo e bisbarra, e de xeito temporal e nómada, non superase o medio centenar de individuos o mesmo tempo. Podemos englobala no grupo cultural Azilliense que abarca a zoa cantábrica e os Pirineos oriental e occidental e que logo infuenciarían as costas astures e atlánticas occidentáis.
Estes contactos no Douro e no Taxo en todolo séu cauce, produce o intercambio co grupos humáns de orixe mediterrán que suben a Meseta polos rios que desembocan na vertente fluvial leste de Iberia, coma o Ebro, Júcar ou o Segura: así, ouxetos, roupas e técnicas feitas a mil kilómetros no Mediterran acaban en Vigo ou no Cantábrico. E as veces tamen grupos humanos enteiros deciden pasar o outro lado do mundo ibérico, a explotar recursos descoñecidos para eles, seguindo o cursos de eses rios ou polos pasos litorais ou interiores.
Acudían as praias en procura de comida e as torrenteiras e regatos, como os da rúa Carral, Isaac Peral ou o da rúa Pontevedra e Hospital, ou ben do Lagares, a por auga potable e pedras para tallar. Polas ladeiras proveeríanse de baias, froitos e raíces comestíbeis, e nas fragas que ían dende as ladeiras do Castro hasta Castrelos, Coia, Beade, Valadares, etc de caza menor e tal vez mayor.

A pesca na desembocadura do Lagares. Unha amplia e espesa foresta podería haber cuberto en algunhas partes as beiras. Pescábanse con trampas, redes ou liñas lampreas, troitas, cangreixos de rio, mexilóns e outros peixes e bivalvos diversos.
Podemos supoñer a estos pequenos grupos humans de Homo Sapiens Sapiens, de pel oscura i endurecida pola exposición o aire e o sol, pintados con cores rituáis: puntos, circulos, raias, espiráis, tatuados con motivos medicináis e máxicas e apenas cubertos por algunhas péles curtidas cos dentes e con pedras, camiñando polo Areal e polo Berbés, adentrándose nas augas e escarbando –e seguramente tamén buceando-, na procura de ostras, mexilóns, vieiras, polvos, ameixas, navallas, cangreixos e outros animais que supondrían parte moi importante da súa dieta diaria, ademáis de procurarlles utensilios como cucharas, tazóns, vasos. Algunhas de esas capturas serían afumadas o secadas o sol para o seu consumo posterior.
Os refuxios temporáis solían construilos en zóas soleadas e protexidas do vento do norte por árbores ou por rochas. A zóa do Berbés e o que é oxe en día a rúa Elduayen, Poboadores, rúa Anguila, Rúa Alta, Chao e toda esa zóa en xeral, protexida polo montículo que é a base do Casco Vello, podería ser unha zóa idónea para o inverno inda que tamén é posibel que o fixeran polo lado de oriente, para recibir os primeiros raios do sol, simplemente protexidos do vento polos árbores, algunhas rochas ou promontorios ocasionais e tal vez acondicionados someramente para elo. Os que coñozan as praias de As Cíes ou de Cabo Home faránse unha boa idea do ambinte no cal poderían mover estes grupos humans: do bosque á praia, e da praia ó bosque e de alí a fraga. Simplemente hai que trocar da imaxe os pinos por carballos, castiñeiras e nogáis e xa está. Lembremos que os pinos e eucaliptus, prantados masivamente e formando extensos bosques, somentes existiron a partires do seculo XVIII cara adiante.
Debido a derrumbes, arrastre de terra, torrenteras e desmoronamentos constantes non é probable que inspiraralles muita confianza instalarse pola zóa de Carral e todala vertente de Rosalía de Castro e García Barbón, bastante empinadas entón. A erosión dos seculos subsiguintes suavizóu e aposentóu eses terrenos que entón eran inestábeis e máis empinados que oxe en dia. Algunas de estas zóas, nas súas bandas máis baixas, xa de séu marismas moitas veces, eran ocasional pasto das treboadas e dos temporáis do mar, anegándose coas mareas vivas. Polo aporte dos regatos, éstas zóas baixas, embalsadas dunas, constituían zóas amarismadas e semipantanosas, fixado o seu blando solo por herbas, bosque baixo e matorral, semellante a desembocadura do Lagares ou as Gándaras de Budiño.
Unha partida de caza no Lagares neolítico. Os arqueiros repartíanse en canóas ou en pequenas embarcacións redondas feitas de madeira e peles impermeabilizadas con brea, deslizándose paseliñamente para non asustar a bandadas. De súpeto, cazadores, rapaces e anciáns gritaban e alarmaban as aves as cales eran asaeteadas ou boleadas o levantar o vó. Tamén cazábanas co redes, trampas e lazos ou ben recolectando os ovos. Esta zoa e sobre todo as Gándaras de Budiño debiron ser moi proveitosas para os habitantes nómadas destas áreas.
Este homes cazaban cos séus arcos e ondas pequenos mamíferos e aves: garzas e garcetas, parrulos e outras aves semellantes. Ian cazalos o decurso do río Laganes na súa zóa baixa, dende Lavadores, Sárdoma, Castrelos, Navia e Oia, inda que moi especialmente, polas súas condición xeográficas ideáis, na desembocadura do Lagares en Samil. Formaban pequeños grupos uns a pé e outros sobre barcas circulares de estructura de madeira e pel untada con brea e grasa para impermeablilizalas ou tal vez en canoas feitas quemando o séu interior con brasas e tallando ata deixar valeiro o séu interior ou con sinxelas balsas feitas con troncos atados uns os outros e con bolsas de peles hinchadas de aire.
As flechas de punta de pedra pegábanllas os páus con sabia de abedul ou de outra árbore axeitado para usar coma pegamento, e que obtían quentando as cortezas en pequenas laxes de pedra. Cando querian capturas vivas usaban puntas romas de madeira para somentes atontalos ou ferilos sen matalos.
O sistema de caza poidera ser coma a que a continuación descríbese: os arqueiros sitúabanse nos sitios estratéxicos onde sabian que ían pasar as aves remando moi paseliñamente e tumbados nas canoas ou botes ate acercarse suficentemente as presas. Os elementos menos determinantes da tribu na caza, nenos e vellos, comenzarían a dar voces e a moverse para espantar as aves e forzalas a elevar o vó, intre no cal os arqueiros e ondeiros erguíanse e tiraba case que a bulto as bandadas, se eran numerosas, ou afinando a súa excelente punteria se habia poucas presas. Os das barcas recollían as pezas que caían na auga ou a nado. Os cans facían o mesmo.
Os nosos antecesores dominaba tamén certas artes de pesca con as que obtían anguías e outros peixes creando embudos con cestas de bimbio e colocadas en sitios estreitos onde as mareas ou o fluxo da auga do ria arrastrase os peixes. Dende logo recollían os crustáceos e rás que vivian na auga doce e todo tipo de marisco e crustáceos das praias e rochas da beirado mar. Logo, moito mais tarde, desenrolarían artes de pesca máis complexas.
Tamén cazaban cando podían gorrions e aves de ese porte. Recolectaban os séus ovos na primaveira e no verán. Lagartos arnales, de bo tamaño, culebras, roedores, coellos e outros pequenos animáis engadiríanse a esta dieta si podían capturarse. Sin duda todo tipo de insectos e gusanos complementaban o menú proteínico. A mel era moi apreciada e no escasearía por aquelos paisaxes.
A caza de xabaríns, porcos salvaxes, venados, cabalos e outros mamíferos grandes como osos, uros, bisonte, mentras os houberon, esixia unha mellor planificación e o concurso de todolos membros activos do grupo. Nas etapas glaciares as nosas terras poideron ser testemuña da caza dalgun mastodonte ou rinoceronte lanudo, inda que estes homes neoliticos procuraban non arriscar a súa aintegridade na caza de pezas tan perigosas, procurando aproveitarse cando estas morrían de xeito natural ou cando eran abatidas por outros depredadores. Entón aproveitaban a súa carne, que solian secar ou afumear, e os seus osos para facer vivendas e instrumentos.
As veces, se a xeografia o permitía, dirixían manadas de équidos salvaxes, con antorchas, fogatas e facendo ruido, e tras rodealos e espantalos, abocábanllos a despeñarse dende un alto ou cumio dun monte. Logo, na base do mesmo estarian esperando as mulleres, vellos e nenos para aproveitarse dos animáis mortos: rematando os supervintes agonizantes, cortando as peles, desgarrando as carnes e gardandollas para seren conservadas, e recollendo os osos para posterior consumo do tuétano, apreciadísimo maxar, e como materia prima, como xa sabedes, para instrumentos, adornos e estructuras das vivendas.
A captura de unha peza grande era un asunto perigoso inda que tamén supoñía unha extraordinaria fonte de alimento e compensaba o medo e os esforzos realizados. Tamén tenía, este tipo de actividades cinexéticas maiores, un componente de reforzamento do grupo e de estructuramento dos clans e supondría, para o que ejercía de guía o para o que realizaba algún lance de valor e astucia, a promoción social dentro de o séu grupo. Tal vez incluso dirimía o derecho á xefatura da tribu...
A caza mayor non realizabase a campo aberto se podíase evitar. O sentido común e a prevención de innecesarios resgos aconsellaba tratar de levar a victima a unha zóa arbolada ou pantanosa onde non poidera manobrar para seren alí atacado e abatido. Tamén procurabase levar a peza, mediante fogo ou griterío, ó pánico e ó descontrol para facer que se despeñara por algún barranco, como xa dixemos no hipotético caso do Monte Galiñeiro, ou se adentrara en unha zóa pantanosa onde seria fácilmente inmovilizada e rematada.. O clima e a acidez do noso solo eliminaron as probas fai moito tempo, se es que algunha vez as houbiran!..

Partida de caza baixa Cabral abaixo cara Matama.
Tamén podíase preparar unha zóa con trampas: buratos o zanxas con troncos puntiagudos no séu fondo, simplemente un burato donde se fracturase unha pata ou o coello e quedase inerme para ser fácilmente rematado, ou ben se acondicionaba unha zóa donde se clavaban troncos puntiagudos para hacer que a victima, na súa fuxida, se destripara ou ensartarase ó entrar en éla. O rematar a peza podía ser un intre perigoso tamén, xa que exixía rematar a bestia a pedradas, golpes de mazo ou fachos de pedra ou a lanzazos de xeito máis persoal. De vez en cando é posible que se fixeran actos de temerario valor persoal para gañar puntos cara a promoción xerárquica e social ou ben como paso de unha etapa social a outra.
O que está claro e que estas xentes coidaban e protexían os que desafortunadamente se fracturaban algún oso en algun de estos lances ou simplemente enfermaban de malaria, disentería ou por causa de xantar alimentos en mal estado. Como nos grupos neolíticos aínda superviventes na actualidade a súa esperanza de vida non sería moi alta, consumidos e envellecidos prematuramente por unha vida exixente, dura, chea de resgos e inda que posuían unha extensa farmacopea natural e un profundo coñecemento das herbas e prantas medicinais e alucinóxenas, non era suficente para fecer fronte perante as enfermedades mais sinxelas de curar oxe en dia e que é a grande diferencia con aqueles tempos. Unha vida breve mais intensa.

A partida de cazadores atravesa o Lagares na zoa de Matamá.
Hai que ter en conta que eran xentes extraordinariamente fortes e resistentes, acostumados dende o nacimento a dureza de unha vida case que sempre a intemperie, e inda non reblandecidos polo confort e tecnoloxias posteriores. Duros e resistentes coma case animáis salvaxes. Os que sobrevivían as enfermedades e dureza de unha curta infancia paleo ou neolítica quedaban ben preparados para afrontar, a partir de moi poucos años, as responsabilidades dos adultos. O que non quita que tamen tiveran tempo para o lecer e disfrutar das novas habilidades artísticas que ían aparecendo neste homes. Tal vez un de aqueles artistas que fixeron as pinturas de Altamira ou ben algún dos seus antecesores ou ben descendentes, acabara pasando, nunha de sus andanzas e itinerarios nomadas, polas nosas terras, onde desgraciadamente non abundan as covas grandes, mais propio dun solo coma o do tipo Cantábrico, perfecto para crear covas e ata sistemas de túneles naturáis, e non o galego, tipicamente granítico ou dende logo non propicio as cavernas.

A partida de caza retorna as súas bases en Cabral.
Co pasar do tempo e as melloras e evolucións tecnicas a vida das xentes da nosa bisbarra poderia ser semellante a como os indios que se atoparon os europeos en Norteamérica: curtidos, féros na loita mais tamén moi humans no séu trato cos séus compàñeiros e familiares, chéos de supersticions, rituáis e mitoloxias, decorados mediante pinturas e tatuaxes faciáis e corporáis, adornos de plumas e cornos con significados medicináis, de protección ou de estatus social.
Nun principio os homes que vivian por Vigo usaron os recovecos, covas e refuxios naturáis do Monte Feroso para resguardárense das inclemencias do tempo. Eran refuxios posiblemente fixos adaptándolos as súas necesidades con páus, osos e peles, mais de uso temporal, estacionáis, xa que si ben existian abundancia de mariscos, crustáceos e peixes é posible que emigraran en determinadas épocas a obter outros recursos fora. Tamén poideron, pois, desenrolaban distintos tipos de cabañas fáciles de montar e desmontar. Combináronse o sedentarismo e o nomadismo estacional con zoas de veran e zoas de inverno ou ben zoas de caza, pesca e de recolleita vexetal. En esta era é durante o neolítico dicese que o home estuvo idealmente integrado no séu ambinte. Esto e relativo, xa que o home case sempre agrede o entorno, transformándolo. Paradóxicamente a relacion do home coa natureza e de inimistade: a natureza trata de matarnos, e nos de sobrevivir. Sempre gana a natureza por suposto, mais cada vez tarda mais en conseguilo, inda que o home, sen caer na contradicción, debe tratar de ir tamén o favor da natureza para mellorar as suas posibilidades. Volvendo o tema, en esa epoca extinguironse ou o home axudou a súa mais rapida extinción, os animais mais grandes, coma o mastodonte e o rinoceronte lanudo, os uros, os osos cavernarios. Se ben unha parta da culpa foi o troco climático, outra causa non menos importante foi a caza humán. O aspecto xeográfico e o ecosistema de Vigo estaba intacto xa que estos escasos representantes do xénero homo na zóa no incidían en ela en absoluto. Mais ben ó contrario: era a natureza a que condicionaba os séus pasos. Somentes cando descubre e desenrola unha agricultura de producción máis masiva e cando comeza a alterar o séu ambinte de xeito dramático. Comenzan a facerse e amplexar os claros nos vales e nas beiras dos rios e no medio das fragas.
En estos tempos é raro que tiveran moitos problemas territoriales e loitas ou guerras polos recursos dado que se un sabiase organiozar había alimentos para todos e ata es posible que se unéran distintos clanes para afrontar as cacerías de maior envergadura e a construcción de sepulcros comunales chamados dólmenes e mámoas. Mais tamén e moi posible que xa comezaran a ter problemas os que tiñan un xeito de vida máis asentado, pescando, mariscando, facendo plantacións ou gandeiria con os nómadas, os cales poderian entrar en conflicto de intereses cos que xa comezaban a ter excedentes da producion gandeira, pesqueira ou agrícola o polo uso de determinadas zoas de caza modificadas polos que desenrolaban novas técnicas explotadoras. Ocasionalmente e, tras unha mala temporada de caza, os cazadores, mais aguerridos e audaces cos agora sedentarios, exercían a rapiña, o roubo sobre os mais favorecidos. Mais esto somente sucederia cando os dous estilos de vida xa foran asentándose e concretandose. Mentras, subsistiron os dous estilos de vida entremezclados e desenrollados polas mesmas persoas e de xeito cíclico i estacional.
Estas xentes xa facia tempo que tiñan convicción maxico-relixiosas que viñera pola ouservancia do feito da morte dos séus e o que vían na natureza: o sol salia e moria cada dia, a lúa surdia pola noite e as estacións semellaban o ciclo da vida. A súa precariedade ante os elementos da natureza e o seu atavismo xerarquico de especie levoulle irremediablemente a elaborar propostas que diran respostas o seus medos e angurias vitais. Tamen exixía explicación os fenómenos que vian na natureza. A especulación e a falta de coñecimentos levaballes a elabourar sinxelas respostas mixturadas cos seus medos. Cada fenómeno, cada ouxeto tiña pois un doble fisico que explicaba os acontecementos. A vida rexíase por desconocidos resortes invisibeis e a maxia e os tabúes gobernarian a vida de estas xentes. Cando ún percibíase que levando certo ouxeto ou realizando certos movementos ou actos sobrevivera ou tivera sorte nun lance perigoso ou de caza relacionábao e o consideraba esencial. Habia que procurar repetilo sempre para permanecerse protexido por él. Si a esto xúntaselles a experiencia dos tolos e dos que tiñan ataques epileoticos ou brotes psicoticos e os posuidores de toda sorte de desaxustes mentáis confundianse cos sobrenaturáis mensaxes do mundo espiritual, do mundo das ánimas, os cales relacionábanse coas divinidades. O uso de alucinóxenos e estupefacentes por parte dos membros dos clanes cos cales alcanzar estados de conciencia alterados, creaba as emocions e experiencias mentáis propicias para atopar as respostas os dilemas que fan ser os homes o que somos: ¿quén son?, ¿onde estaba antes de nacer? ¿onde iréi cando morra?. Os tolos, os enaxenados, os ataques epilépticos E preciso entender que ata os gregos non se tiña moi craro que pensamentos eran de elaboración propria e cales influencia directa dos deuses e as cousas invariablemente eran producto dos caprichos e asuntos dos deuses, que afectaban os homes.
Co respecto os seus mortos xa os neandertáis comezaron a demostrar a súa inquedanza e empatia polos membros do clan. Se ven tamen practicaron o canibalismo, tamen e verdade que cos membros do seu clan fixeron actos conscientes de dolo tra-la súas mortes, deixandolles ouxetos ou ofrendas xunto con un enterramento personal, especifico e coidadoso, o que demostra os seus sentimentos cara o finado. O canibalismo, coma ata fai ben pouco en algunhas tribus casi ou plenamente neolíticas suèrvivintes, podia ser unha necesidade nutricional nun intre de escaseza o un aproveitamento oportunista, mais tamén podería ser un acto ritualizado: xantar a un nimigo o un home da tribu morto era posúir a suas habilidades, o seu coraxe. Os trozos e partes consideradas importantes (o cerebro, o corazón, o fígado...) eran distribuidas e consumidas según o escalafón de autoridad e mando.
A Revolución Agrícola do Neolitico
Hai 5.000 anos chegou dende oriente o invento humán mais determinante para a súa consolidación e espallamento polo mundo de xeito masivo: a agricultura e un dos que mais trocos sociais e mentais produciulle o home. Tamén escomenzou o lento mais xa progresivamente dramático declinar da natureza ante a presión humana. Mentras o home era eminentemente cazador poido extinguir ou afectar o habitat de alguns tipos de animáis, coma os mamuts, rinocerontes lanudos, os osos cavernarios e os uros e competir exitosamente contra os depredadores felinos, mais mantíñase nuns limites nos que a natureza podia maniobrar e rexenerarse. Coa agricultura o home comenzou a troca o ecosistema de xeito determinante, talando e quemando bosques e destruyendo praderas para obter terras de cultivo. O cultivo, sobre todo o de arado facilita a erosion e troca a liña das desembocaduras e a sua ecoloxia. Entón e ata ben pouco o home rixiouse baixo a idea de que a natureza era inagotable y que estaba alí para seren consumida. Somentes nestos derradeiros anos a mentalidade e a conciencia de como afectamos o entorno permitiunos desenrolan un xeito de pensar e seren conscientes da realidade de que os homes somos tamen naturaleza e que é mellor beneficiarse de ela indo o seu favor que indo na súa contra. Agora falta que do pensamento pásese a acción concreta. Esto vai custar mais tempo.
A agricultura era esencialmente cerealista, segándose primeiro con pedras afiladas e logo con instrumentos de cobre e ferro: as fouces. Logo, coa domesticacion dos vacunos, introduxose o arado o que aumentou as posibilidades de producción de colleitas. Habia que almacenalas e apareceron os grandes recipentes de cerámica. A gandeiria, que surdiria de recoller crias superviventes das cacerias e dos herbívoros que achegábanse os incipentes campos e colleitas humáns, significou a posibilidade de almacear carne viva e leite fresca para as epocas menos proveitosas.

Aspeito que poderia haber tido a zoa de Castrelos o inicio da etapa dos asentamentos estábeis na nosa área. No primeiro termo o gando e unha granxa neolitica.
A agricultura trocará a cultura e os modos de vivir dun xeito importante. De ser nómada pasaráse o sedentarismo. A organización social, a orde xerarquica, oe roles dos señores, as crases, os conflictos con outros estilos de vida contradictorios, a potencialidade cultural e social cara o futuro. Mesmo os deuses e as relixions trocan coa aparicion da agricultura.
Xurden, coas labouras e os trocos na vida aparellados coa introducción da agricultura e a gandeiria os esbozos das futuras crases sociáis: o novo estilo de vida sedentario fai a muller pasar a ter un papel moito mais subordinado, diluindose a importancia do matriarcado, moi relevante ata entón. Aparecen novos oficios i especializacións, algunhas moi importantes: os xefes e militares, posuidores cos ferreiros da maxia dos metáis, os sacerdotes, e finalmente os gandeiros, pescadores, cazadores e campesinos. As mulleres ocupabanse tamén no sector artesán, sobre todo na confeccion de enxobais cos metáis non bélicos: o ouro e a prata, que non precisa gran tecnoloxia metalurxica, e tamen dos aperos e úteis de arcila e cerámica, coma potes e recipentes.
O novo xeito de producir e acumular a comida significa previsión. Coa caza a previsión era a curto prazo. A agricultura fai pensar de estacion en estacion, prever tempos de carestía, saber cando chega o bo tempo e o inverno, prevelo tempo de un xeito mais exacto. Nas zoas nas que as estacions son radicalmente distintas, co veranos curtos e invernos longos e moi frios van desenrrolar un estilo de vida mais activo, dilixente e individualista que os das zoas mais templadas e calidas. Só os que superan os retos sobreviven. Hai que aforra e acumular riqueza, protexela dos ladróns que a cobizan, xa non se trata de vivir o dia ou o mes: hai que organizalo tempo de xeito estratexico. As funcións facense mais especializadas, cada grupo fai un traballo especifico. As mulleres ten un novo posto na sociedade, xa que a agricultura permite unha actividade mais directa na obtención do alimento. Ao ter alimentos almacenados hailos que defender. Xurde de inmediato un novo xeito de relacionarse co as distintas tribus e grupos humáns: as escaramuzas e as guerras polo solo mais feráz e productivo. Grupos nomadas o temporeiros, nos malos tempos, trataran de compensar o séu escaso éxito roubando alimentos os campesinos do val. Zoas nas que as terras deixan de producir obrigaran a emigración e a conquista de novos e feraces territorios lonxanos. Os pobos prosperos deberan aprender novas técnicas de defensa: os castros, poboados ou defensas situados en puntos de facil defensa para protexerse dos nomadas e dos desafortunados. E logo dos ambiciosos. Todo esto estructurará mais o sistema de castas e crases, e o sentimento de propiedade do chan e de pertenza a un solo.
Co éxito da agricultura aparece un efecto colateral: A gandeiría, cuio orixe pode explicarse o acercarse o gando as zoas cultivadas e recoller as crias das nais abatidas e conservalas no grupo humán. Nacen novos matices nas relacions humanas. O primero o antagonismo entre os pastores e os campesinos. O que uns ven coma pastos outros o ven coma terras de cultivo. Cando uns son recolectores ou cazadores estacionais os outros son sedentarios. Imposible conciliar tan distintos intereses. Só mantendose alonxados uns de outros poderían evitar os enfrentamemntos. Cicáis achegaríanse para comerciar mutuamente. Mais estas cousas non sucediron de inmediato: irian sucedindo co desenrolo e melloras das técnicas agrícolas e a sú a maior incidencia nos homes.

Granxa neolítica na área de Vigo. A agricultura vai trocar moitisimo o estilo de vida e a organización social dos pobos, e das loitas polas zoas de caza pasarase as guerras polos espacios fértís e cultivables.

A fouce, unha ferramenta basica dos agricultores. Consiste nun páu fendido e onde póñense pedras afiadas creando un borde cortante.
O móa de pedra para moer o grao.
MONUMENTOS NO VIGO PREHISTORICO
(imaxes das mámoas e restos arqueoloxicos cedidas por Javier Arribas de www.vigoenfotos.com)
No Neolítico, os homes que viviron nos nosos lares realizaron distintos tipos de enterramento comunitario ou individuales, predominando os primeiros e reservados os segundos para xefes ou membros moi distinguidos. Situaban este monumentos no cúmio dos montes a modo de faros sociais ou totems tribáis e tamen cun uso practico como puntos de lindes territoriais.
Algúns estaban situados no cumio dos montes, que na nosa area estaban pelados debido o abastecemento, o clima, ou por necesidade táctica, práctica ou ritual. De este xeito os totems podian seren vistos dende lonxee cumpriri a súa funcion.

Inda que tampouco escasean os situados mais abaixo o que reforza o feito de que poideran ser tomados como indicadores de limites territoriais. Posiblemente usarianse indistintamente con unha e ou outra funcion.
Tamén abundan as inscripcións nas pedras, coñecidos coma petroglifos, de significados difíciles de precisar. ¿Mapas territoriáis?, ¿Símbolos relixiosos ou rituáis?. ¿Tableros de xogos e adivinación?. ¿Signos mnemotécnicos ou xeroglificos para lembrar os mitos locáis?... Todas esas hipótesis poideran seren certas, e unhas nun caso e outras en outros.
Os sacrificios con morte non son descartables i eixisten fundadas sospeitas de que o sacrificio humán non era infreconte nos rituáis: existen surcos e pociñas nas rochas polas que é posible que non só auga correra.
Coma pode verse as ideias tamen evolucionaron seguindo o desenrolo do cerebro e do funcionamente do mesmo... e das suas abstracions.
Os pobos non sedentarios e os emigrantes ten a sorte de atoparse outras culturas e irse unhas e outras enriquecendose con novas técnicas e ideas. Moito do que o home occidental adoptou viña das paulatinas emigracions dende Asia e o Caucaso coas tribus indoeuropeas. Asi novas e mellores técnicas en cerámica, a irrigación artificial, o drenase dos campos, sistemas de arado, o uso de abonos, desenrolo de artes de pesca e navegación a vela, a roda e outras invencións técnicas e tamén ideolóxicas coma a relixion e as linguas faladas viñeron coas culturas orientáis que as descubríran e desenrolaran antes que nós.
Co uso do fogo e a cerámica nun principio, e de xeito accidental e pola observacion, o home atóparáse un novo elemento:
Os metáis.
Trisquel usado coma tema decorativo nas pallozas castrexas. Este tipo de simbolos téñese como o tipico simbolo celta e un dos tipicos da Galicia celtica. Sen embargo podese atoupar en sitios tan distantes coma Italia, Africa ou a mesma costa Mediterranea de Iberia. ¿Era un simbolo celtico exportado a esos sitios?. ¿Era un simbolo de outro orixe usado polos castrexos e os celtas e traido polos romans?. De feito é cando chegan os romans cando este simbolo comeza a ser usado. Non e de extrañar xa que a imitacion de detalles decorativos e tan antiguo coma a historia do home. As dubidas acerca de a simboloxia extendense a outros motivos teñidos coma tipicamente celticos galaicos.
Petroglifos e insculturas castrexas.

Estructuras das pallozas do castro de Vigo:
Vigueses no fináis do Neolítico
Un grupo humán, composto por uns 15 homes, mulleres e nenos de curta idade do tipo Homo Sapiens Sapiens, ou sexa: xente como nós, ten as súas cabañas comunáis e individuáis na altura de Hispanidade, aproveitando un espacio amplio e chan protexido por algunhas peñas que forman oquedades e dende podese ouservar a cara sul da ria. Todos levan o pelo longo, recollido con trenzas ou moños e do séu colo colgan abalorios e bolsiñas con remedios e ouxetos protectores. Ten a pel tiznada de cores que amosan o seu estatus e situación social, como a súa roupa, feita de peles e alguns texidos bastos elabourados co fio de lana e fibras vexeáis del tipo lino, esparto ou semellantes.
Estes homes veñen de facer algunhas correrias de caza polo monte Aloia, O Rosal, o tramo baixo e a desembocadura do Miño e polas Gándaras de Budiño, e tamén por outras rias e ríos da área. Poñen as pezas, xa cortadas e despelexadas polas mulleres no sitio da caza, a afumar e secar para a sú aconservación. Nada desaprovéitase das pezas cazadas, todo e útil e, rápidamente, nas máns habilidosas destes artesáns, convirtese o oso ou a pel en agullas e sacos primorosamente elaborados, con detalles estéticos simbolicos e realistas, como figuras dos animáis cazados ou emblemas relixiosos ou maxicos.
E moi probable que parintes de eles mais móviles e adicados a caza e o marisqueo, foran os mesmos quen, estacionalmente, estiveran tamen pola desembocadura do Douro e do Taxo. E incluso poideran ser os ascendentes ou descendentes dos que pintaron as covas da vertente cantábrica, costume que perdeuse o chegaren a estas rexións onde o chan non propicia a formación de cavernas e as covas. O séus signos maxicos e os séus debuxos rituais deben ser substituidos por marcas nas rocas e nos troncos das árbores, inda que estes son xa escasos, consumidos pola necesidade humán de leña para os fogares i empalizadas para as defensas. A mámoa-tótem do grupo, situada no cumio do Castro, como as que podense ver no Vixiador e na Madroa, brilando douradas no ocaso do sol, foi levantada fai moito tempo. O levantamento dunho destes tótems tribáis ven a ser unha das poucas ocasións nas que os distintos grupos xúntase en paz olvidando vellos litixios de propiedades e zoas de pesca e caza. Senon o fixeran así ningun poderia levantar a súa mámoa grupal. A mámoa, baixo a cal estan enterrados os xefes máximos da tribu e algúns outros membros destacado de ela, marca tamén a posesión de ese teritorio, coma un amenazante mensaxe que di: “esta terra xa ten dono e os poderosos espiritus dos nosos xefes mortos a protexen”, aos viaxeiros e povos que vagabundean en procura de rapiñas ou terras fertiis onde estabrecerse.

Pontevedra no neolitico
Outro grupo vigués, emparentado co o de Hispanidade e pertenecente a mesma tribu, está composto por uns cincoenta membros e fica no Casco Vello a altura da fonte da Barroca, entón un manatial e un regato que vai morrer o Berbés, xa fai algunhas xeracións que adícanse exclusivamente o marisqueo e a pesca fluvial e mariña, acumulando suficentes alimentos afumados e secos para o inverno. Con semellante abundancia case que non precisan explotar outros recursos estacionáis. Ademáis cada vez recúrrese o troco cos que veñen de lonxe con productos exóticos i extraños, intercambiándose peles, ouxetos bonitos de adorno, úteis para cocinar ou conservar alimentos, especias e prantas medicináis que non se atoupan na nosa área. O séu estatus social e alto e despoñen de algún homes a quen se mantén exclusivamente para garantir a defensa e a orde na zoa. Os vellos teñen falado da venida ocasional de xentes extrañas chegadas en barcas feitas con estructuras de madeira e peles untadas con grasa que as facían impermeables a auga. Son xente diferente, co a pel pálida, o pelo moi loiro e roupas distintas, e cunha fala inintelixibel para eles. Mais traian adornos e ouxetos que os abós trocaron por provisións e peles. Percorren a costa navegando preto da costa. Inda que e indudable que corren un gran risco tamén é certo que semellan saber ben o que fan e polos séus signos parecen indicar que veñen de terras situadas a tres ou cinco dias de distancia sen vela terra, inda que outro grupo dicia venir percorrento a costa dende varias semanas atrás. O seu falar distinto o noso e habia que entenderse con eles con sináis. Algúns estabrecéronse en grupos dispersos por zonas cercanas inda que era raro velos pola costa.
Tamén acontecia que cando algun grupo tinha que facer algun desplazamento estacional o sul e dende ali o interior, seguindo o curso do Douro ou do Taxo, atoupábanse coa senté do leste. Eses homes do leste eran diferentes, mais morenos, mais delgados e altos tamén. O seu pelo adoitaba ser oscuro e rizado, diferente o do séu: mais lacio e claro. A súas roupas eran de distinta factura, mais finos e coloristas.
A sua linguaxe resultaba inintelixibel para eles e solían comunicarse cos signos das máns que casi todos entenden. Intercambian ouxetos e moitas veces aprendían os uns dos outros algun truco novo para cazar, pescar ou facer alfareria o manexar os metáis. Logo, cando algun grupo de parintes subia ata o norte e a costa Cantabrica, levaban consigo moitas das novidades que aprenderan no sul e no interior.
Un grupo de vigueses en plena migración invernal atóupanse, coma outras veces sucedioulles no pasado, con os homes do leste. Esta vez amosaronlles unhas pedras extrañamente pulidas e brilantes de cor da mel. Nunca viran nada igoal de tacto, brillo e cor. Mais esas xentes o usaban simplemente como ouxeto de rango, de estatus, non coma utensilio. Trocaron unha de elas por unha colección de útis de pedra finos e cortantes e por algunhas peles das que levaban. A fascinación de aqueles ouxetos dourados e pulidos, tan extraños e raros de ver foi demasiado forte coma para non desexalas posuir. Tamen trocaron alimentos e peles por cunchas que nunca houberan visto antes, de cores atornasolados e formas extrañas, e algunhas cuncas de arcila de paredes finas e atractivos deseños.
Unhos cantos de aqueles homes do leste uníronse o clan familiar vigués e cando estabreceronse de novo na bisbarra viguesa lles ensinaron o xeito de obter aquel elemento de entre as areas dos rios, quentando as areas e as pedras machucadas nun forno de facer alfareria e obter perlas e gotas maleables que logo martelaba con pedras ata conquerir a forma que el quisera. Eran moi pequeniñas as pezas mais eran tan extrañas e curiosas de ver que todos querian ter e as trocaban por peles e alimentos. A costume era enterralos mortos co séu enxobal feito en parte con estas pezas doradas na mámoa comunal para que o poidera usar na outra vida.

A Coruña no neolitico. Un grupo de mariscadores buscan entre as pedras e na area os moluscos e bivalvos que constituen gran parte da súa dieta.
Moitos anos despois, un fillo dun fillo de un fillo de aquel home aprendera novas técnicas e xeitos de darlle forma a aquelas pedras e outras mais duras inda que non tan bonitas, e podian facer anzuelos, ganchos, alfileres e cousas así, e que resultaban moi útiles e resistentes.
Agradecementos
|
|
| |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
Otras ciudades:
Jerez, Granada, Sevilla, Gibraltar, Madrid, Toledo, etc..
Foro de discusión sobre Vigo y otras ciudades |
ILUSTRACION, MONTAJE y RETOQUE DIGITAL
UxioNoceda655146212@gmail.com
|
¿Desea conseguir alguna imágen?
-
Información de contacto: uxio.noceda@gmail.com
.
Copyright © 2003
Última modificación:
5 de Julio de 2006
Invito a todo aquel que ame su ciudad -y desee hacer un trabajo semejante sobre ella-, me envie material y datos: para hacerlo. Tambien a cualquier profesional de la historia o arqueologia que encuentre interesante hacer un trabajo conjunto conmigo. Use mi correo personal o el Foro de discusión sobre Vigo y otras ciudades creado al efecto.
|
|