VICUS
Vigo, una Reconstruccion Visual e Historica: la Edad de los Metales, l acultur aCastrexa

VICUS/VIGO -XX<XX

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda

contactos con el autor : uxio.noceda@gmail.com

 

       

Prólogo introducción

Oríxe xeográfica

Vigo na Prehistoria

Cultura castrexa. Idade dos metáis

¿Celtas en Galicia?

Vigo na romanización

Vigo na Idade Media

Vigo na Idade Moderna

Os fósiles urbáns de Vigo

    Anexos e curiosidades

Arquivo de noticias sobre este traballo

 

 volver al inicio

 

A IDADE MODERNA e CONTEMPORANEA

os derradeiros 500 anos

 

 

 

Un das primeiras representacións, esquematica, da cidade

 

 

Os Réis Católicos, unha vez conquistado o reino musulman de Granada, unifican baixo o séu comando coma reixes de Castela, León e Aragón, as terras islámicas conquistadas en Iberia. Na búsqueda de unha mayor unidade relixiosa e coherencia territorial, e por suposto, por unha conveniencia puntual económica, expulsarán os representantes de outras relixións, xudeos e islámicos ou obrigandolles a eses outros creíntes a abrazar o catolicismo. Os trocos sociáis, económicos e organizativos do séu reinado e o descubremento de América terán radicáis efectos nos anos seguintes.  

Un dos planos clásicos de Vigo. 

Vigo vése favorecido polo descubrimento das Américas ou Indias Occidentáis xa que certo trafico naval acabará pasando polo seu incipente porto deixando de ser mero porto pesqueiro e pasando a ter actividade aduaneira e de transportes de mercadorías de ultramar, inda que a parte do león estaba concedida ao porto da A Coruña, o que contribuia decisivamente o seu desenrolo como cidade.

 O reinado dos Reixes Católicos favorecerá as novas relación de traballo: os servos son liberados e convirtense en artesáns, xenerando negocios e unha nova e máis puxante economía. Os nobres galegos e os representantes da igresia perden poder frente as novas institución centralistas, coa gran colaboración das rebelións irmandiñas.  O novo poder central concrétase nos xuices que xulgan no nome do reino, poder por encima dos señores feudáis agora, e por mor de este novo ordenamento, extintos.  

         

As liñas bermellas indican a situación das rúas Alfonso XII e Elduayen, que chega ata a Porta do Sol, onde sigue cara o Principe. O ramal que sube e a rúa Carral e o que vai paralelo o mar e a Rúa Real. O redor da que é Principe distinguese o trazado de Progreso, o calexón de Nuñez, e outros trazados inda existentes. Algúns de estes trazados foron vieiros  e corredoiras na prehistoria, e oxe son rúas asfaltadas...

 

Outros planos de Vigo

 

Vigo non pasa de ser un pequeno povo sen importancia estratexica nun recuncho do noroeste iberico; unha zoa de refuxio para os barcos cando hai tormentas. Sen embargo novos aires animan os novos vecinos a irse preocupando de adecentar e mellorar a vila. Desgraciadamente os acontecementos nos facilitaron o desenvolvemento da poboación: as guerras, os corsarios e as pestes destruian o que os homes construian con grande esforzo e co olvido das institucións, que so lembrábanse destes veciños a hora de recadar impostos.  

 

 En 1640 comeza a guerra da independencia de Portugal que deixará terribles daños en Vigo, especialmente tra-la invasión do exército portugués de 1665. A guerra remata coa independencia de Portugal en 1668. O unico proveitoso para Vigo vai ser que se comezaran a oubras de amurallamento da cidade e que vanlle a dotar dunhos limites y configuración concreta. Que se emprendan estas oubras significará que a cidade xa e un punto importante de transito e comerzo que mereza seren defendido pola coroa, cando seculos atrás a cidade estivo sempre o albur de piratas e exercitos inimigos. Tamén é por que o ter a unha nación inimiga tan preto habia que prepararse para posibeis invasions e ataques. Os povos e cidades que antes non tiñan interese xeoestratexico agora si o tiñan e Vigo era unha delas.

 A guerra con Portugal supuso un enorme traxedia social e gran problema moral para os naturáis do Miñor e da nosa bisbarra, xa que os homes e mulleres da outra beira do Miño eran indistinguibéis de nós, na fala e nas costumes. Loitar contra eles era como facer unha guerra civil entre galegos, e así se sentia a mayoría, desertando ou incluso axudando os seus parientes e paisanos do outra beira, e viceversa. Políticas alleas o povo separaron de xeito tráxico, artificial e inhumano, a unha sola e mesma poboación coma foi o recente caso do Muro da Vergoña de Berlin. As persoas e as herdanzas tiveron que elexir a que parte querian pertenecer ou ven véronse arrastradas polas conseconzas arbitrarias da guerra. O hirmán fixose extranxerio do hirmán. 

O norte de Portugal e oxe en dia un reflexo dos séculos pasados do que foi Galicia. O acercarse o seú rural, os séus pazos e povos antiguos e atoparse de novo na Galicia do XVIII ou XIX, sobre todo da Galicia sur.  

España quedase neste punto da historia atrasada co respeito o desenrrolo  ideolóxico e industrial de outros pobos europeos. Francia, Inglaterra, Italia e Alemania evolucionan. O peor da tradición e a heredanza cultural romana sae a relucir nos gobernantes e crases pudentes e nobres españolas: tratase de vivir de rentas, de explotar o máximo sen invertir apenas no novo, trátase de vivir dos impostos e de alquilar e subforar as propiedades. O ouro español de America non enriquece realmente a España senon que o fai extraordinariamente os Paises Baixos, onde vai a parar a máns dos prestamistas e banqueiros que financiaban as inacababléis guerras de relixion e políticas dos reixes imperiais españóis. A monarquia apostou pola autarquia,a autosuficencia, tanto tecnica coma de espriritu.. 

Comparación de plaos de Vigo de 1850 e de 2004. Teofilo Llorente percorria o muro maritimo da cidade. A Pedra era inda eso: una enorme peña que sostenia o muro. Dende o bar Bohemia, vello vestixio daquelas épocas, cuspíase as mesmas ondas batendo contra o muro e as rochas.  A rúa Laxe era unha liña de muralla cara abaixo ata o peirao de madeira. Doutor Cadaval e Progreso son antiguas vias da cidade. Dende a altura da actual Plaza Eliptica, cerca da cal habia unh antigua capela, baixaba un camiño cara a praia por Roupeiro, Rú aPontevedra e Hospital. Romil e Falperra son tamen antiguas vias, tan antiguas como prehistoricas, seguramente. O calexón de Mendez Nuñez, que viña tamén dende a igrexa situada pola zoa da praza Eliptica caia en forte pendente cara o actual Progreso. Tamén e digno de mencionarse os riachos que desembocaban na Alameda e no Areal. Nos 60 e 70 inda era posible pasar por enriba do que pasaba pola zoa descampada de Pontevedra e Hospital, onde atopáronse pedras sepulcráis romanas que foron usadas coma calzada enriba de este riacho. Moitas de esas ladeiras eran inda mais pronunciadas que oxe, suavizadas pola urbanización.

Este continuo pagar cretos e continuo fluir da prata americana propiciará que ali se centren as artes e as ciencias, en detrimento do poder español. Tamén financiará o desarrollo economico de Europa no seu expansionismo imperial e capitalista futuro. A España somentes deixaralle altas cumbres nas artes e o declive político e economico ata mediados do seculo pasado. O absolutismo católico español, rexido baixo un plan secular de aferrarse o séu destino de proteccion da relixión e os valores católicos trae coma conseconza repudiar e despreciar os avances intelectuáis alleos, e considerar os séus logros de paises non católicos como fruto da herexias. Protestantes, ortodoxos, xudeos e islámicos non poderian estar a facer as cousas millor que os posuidores da Verdade e a protección do Verdadeiro Deus. Por suposto que as outras relixions e os seus dirixentes pensaban exactamente o mesmo das demáis, pero España, unha das máis fidéis herdeiras da idea romana de vivir das rentas e dos demais, segueu a idea de que o millor era explotar America y os poucos recursos proprios e manter a poboacion nunha saludable ignorancia.

 A nosa flota naval volveuse anticuada e ineficaz, envellecendo sen poder seren renovada e modernizada, pese os intentos desesperados por reflotala en Cartaxena, cos bosques e selvas de troncos altos e rectos reducidos a yermos por todo-lo pais, sen poder estudar e menos usar as novas técnicas e recursos inventados nos paixes hereticos. O sistema de comercio era autarquico i enquilosado. O comercio redúcese a explotar as colonias e a vivir de rendas. A productividade e minima pois. As clases sociais fosilizanse en os nobres, hidalgos e clases improductivas -mais si recaudantes e disfrutadoras de privilexios hereditarios-, unha incipente burguesia e artesáns, non moi letrados ou letrados en cousas xa obsoletas e mais aillada das ideas foráneas e do progreso exterior debido a politica real de autarquia, e unha clase traballadora explotada e mantida na ignorancia e o atraso tecnico e mental que a facian mais facilmente gobernable. Como pais que vivia das americas a iniciativa cientifica e industrial non pulía. Mentras durara o ouro e a prata americana... ¿para que esforzarse en producir e facer industrias?. España quédase anclada definitivamente no atraso, do que tardará en sair séculos.     

           

Conocida casa na Praza do Concello sobre 1850                           1850 Convento de Santa Marta no Berbés. 

Vigo era unha privilexiada en este punto: O seren porto de mar algunhas novas, ideas innovadoras e conceptos novedosos, incluso revolucionarios, podian infiltrarse por entre as mercadorias que ian chegando o porto. Os portos eran puntos de entrada de innovacions sempre, por eso sempre estivo a vangarda das ideas e as tecnoloxias. Tamen, desgraciadamente, na saída de persoas cara a emigración.

Os séculos XVII, XVIII e XVIII significaron o seguir do paulatino deterioro, decadencia e perdida do poder no ambito mundial i europeo. España, coma potencia mundial foi sustituido por nacions técnica y mentalmente mais puxantes. Pérdese pouco a pouco, derrota tras derrota, revolta tras revolta, o control sobre as colonias e territorios de ultramar e anosa influencia na política do continente. A dependencia metropolitana coas colonias produce un escaso desenrolo industrial e agrario cun desprezo hacia as ideas e a tecnoloxia extranxeiras que só pode explicarse por un  desexo de non verse contaminado pola herexia, amen de unha exaxerada autoestima e orgullo pola nosa historia e hidalguia, o por unha evidente corrupción interna e falta de pensar nos intereses reáis do reino e o séu desenrolo. Tras séculos de interminables guerras co medio mundo, baseadas na defensa da creencia catolica e dos territorios, a adiccion da coróa as riquezas de America, coma oxe en dia algunhas nacións o basean toda a súa economia no petróleo, descuidando a propia producción interna de bens, deixaron as Españas, una vez perdidas las colonias, exagües y desestructuradas, a décadas de desarrollo que iban apareciendo por el  resto de Europa.   

Vigo dende a muralla, mirando a praza do Sol e o inicio da rúa Carral.

A decadencia naval toca fondo no desastre naval de Rande de 1702, onde unha mermada, lenta e obsoleta flota de Indias Española, portexida por un importante continxente naval armado alquilado ao entón coyunturalmente aliado francés, e afundida ou presa nas nosas augas da ria. Nengun dos dous bandos sacou nada positivo daquelo: os ingleses e holandeses no poideron capturalo ouro e os españois quedamos sen flota de Indias: si a marina española era cada vez menos significativa no mundo, a partir deste intre xa non volveria levantar cabeza, pese a algunha xesta aislada, normalmente relacionada con algun desastrena area militar, coma o protagonizado polo noso ciudadán ilustre Mendez Núñez, e no sector pesqueiro, máis modernamente.

 Eso si, España, en custion de artes, moi ben, gracias. E o consolo que nos queda.

 

 

  

A batalla naval de Rande de 1702 foi un desastre para a flota española, xa dabonda envellecida e ineficaz ata o punto que tiña que ser apoiada pola flota francesa, ou aliado de turno. O ouro do rei salvouse, mais foi un desastre economico para moitos empresarios españóis, e, paradóxicamente, para moitos da frota inimiga, que usaban ilegalmente a nosa flota para mercadear coas américas.  Na imaxe o intre no que a frota inimiga, xa a favor do vento, comeza a sua embestida cara romper as barreiras do estreito. Os cañóns de Corbeira tratan de dete-la embestida mentras o castelo de Rande é atacado por terra pola infantería.

 Cen anos despois do desastre de naval Rande estalla a Guerra da Independencia contra os franceses. Os vigueses, como bos súbditos do rei e orgullosos da nosa independencia entón en perigo, aprestámonos a rechazar os extranxeiros que ían ocupando paulatinamente cidades e pobos acercándose a Galicia. Vigo foi a derradeira poboacion ocupada polo invasor en España, e a primeira en seren liberada. E seguramente entre os libertadores habia moitos afrancesados arrepentidos, decepcionados pola brutalidade -e o agora evidente-. imperialismo de Napoleon, criticado incluso por os seus propios amigos. Tamen e certo que ser afrancesado entonces era perigoso e un podia ser tachado de traidor e colabouracionista rápidamente.

O castelo de Baiona no 1702

 

O Areal no ano 1702

 

Sen embargo a expulsión dos franceses foi un acto en certo sentido suicida dos españóis. A invasión francesa do 1808 poidera haber sido unha oportunidade historica para voltar a subir o tren europeo e sair do illamento autarquico i enquilosante que os nosos dirixentes impuseran para os nosos pobos dende séculos. Mais os sentimentos promonárquicos dos madrileños, secundado polo resto de españois, e a brutal resposta do soldados franceses a revolta popular cando impedían a expatriación de parte da familia real sinificou unha resposta emocional e previsible de case todo-los españóis, incluso de moitos dos que veian nos franceses a oportunidade historica para meternos en Europa outra vez.

 Napoleón era un gran emperador escondido nun pequeño corpo de revolucionario, coma un Chaves, Bolivar, Castro ou Pol Pot actual, alguén que por conquerir o seu soño -ou paranoia personal narcisista-, usa a cotio os abusos que prometia combatir nos outros. Conqueriú as vontades dos seus seguidores cun populismo e mensaxe revolucionario salvador e libertador, pura palabreria enganadora. Tratou de debilitar os imperios que rodeaban Francia exportando a revolucion francesa, que pretendia representar, coa excusa de querer liquidar os reixes absolutistas. ¿Fixo asi dende un principio ou foi atrapado pola erótica do poder, polo abismo corrompedor de ser o mais poderoso?.

O que poidera ser a chegada de aire fresco e o progreso material e centifico da cultura francesa, foi barrida por unha enconada resistencia alimentada polo orgullo patrio, o nacionalismo ferido e o clericalismo que presentaba a invasion francesa coma unha agresion ao catolicismo. Mais é preciso advertir que, contrariamente o que se pensa, houbo moita xente, inimiga natural de Napoleon, que opusose firmemente nun principio a revolta antifrancesa. A Igresia, o exercito na sua grande maioría, o funcionariado e as institucions oficias procuraron calmar a xente. Para a Igresia, a burguesia e a nobleza española un dominio francés, o mando de Napoleon, significaban a perdida do control sobre a orden social e posíbeis caidas dos privilexios seculares e o que os seus disfrutantes non estaban dispostos a renunciar gratuitamente, mais as promesas de orden e boa vontade expresadas por Napoleon habian animado a estes a ver co mellores ollos a ocupacion napoleonica que non unha revolta de impredecibeis conseconzas. Mais a povoacion non escoitou as suas verbas conciliadoras. As accións de Napoleón en España conduxeron facilmente as emocions das xentes hacia unha animadversion total cara os franceses e a súa cultura.  

Botamos os franceses e con eles outra oportunidade de reengancharnos  o tren dos paises herdeiros da Revolucion Francesa e o impulso mental e técnico que traia con ela. O resultado foi a continuacion do absolutismo mais tradicional de Fernando VII e a continuar pola via española cara o futuro: a autárquía, o hidalguismo, illados e mantendo os nosos seculares defectos sociaís e estructuráis heredados dos romans e da nosa propria idiosincrasia. Fernando VII pechou calquer oportunidade a modernidade, representada na Constitución de Cádiz, e aferrouse a un ordeno e mando tan tipicamente español nestos tempos escuros. O seguintes anos son un continuum de crises de gobernos, golpes militares, deposiciones, reposiciones, abdicaciones e restituciones monarquicas, en un crescendo de contradicciones y antagonismos seculares que culminarían brutalmente, con paroxismo, na Guerra Civil Española, ata volver, dende o 75, a donde o habiamos deixado: salir do aillamento peninsular e reencontrándonos cos nosos vecinos naturáis: o resto de Europa.

    

Na ponte de Pontesampaio os vigueses e galegos dos arredores lograron batir en retirada os franceses, tras impedirlles cruza-la ponte cando viñan a toma-la cidade.

 

Os séculos XVIII e XIX

 O final do século XVIII e o comenzo do XIX van ser cruciáis para o futuro da cidade. Na primeira mitade do século XVIII a cidade non acolle empresarios de novo cuño, mais será na segunda mitade, co reinado de Carlos III, que chegarán a nosa vila empresarios co novo espiritu do capital. Estabrecense eiqui para iniciar empresas de salazón e comerzo marítimo. E tamén atrévense co negocio do corsarismo. Vigo coñece unha prosperidade e pulo descoñecidas ata entón.  

Sin embargo Vigo ainda e pouco máis que un povo grande. Inda que fero: a flota corsaria de Buenaventura Marcó del Pont, afortunado empresario da época, de orixe catalán -como non poidera ser de outro modo-, que logra inda maiores éxitos económicos co éla que cos séus negocios terrestres. O barrio de O Areal cobra notable importancia ao aloxar os asteleiros, factorias de salazón, casas de mariñeiros e as primeiros edificios modernos burgueses i outros grandes edificios oficiáis, iconos arquitectónicos da bonanza economica, coma un teatro, gracias a Norberto Velásquez Moreno, e unha aduana.  

Tui en 1702. Salvo pola ausencia da ponte internacional o aspecto desta cidade non semella haber trocado moito. 

Marcó del Pont logrará incluso facer que o porto de Vigo comercie coas Indias gracias a unha flota de prestixio europeo. Outro empresario exitoso da nosa cidade, de orixe rioxán, foi Lorenzo Llorente, que acadou sendo alcalde da cidade. Introduxo o prestamo e o crédito para os mareantes que querian mercar barcos ou aperos para faenar baixo unha formula semellante o actual leasing. Pedro Abeleyra, outro poderoso empresario galego posuía almacenes no Areal da Gamboa con todo tipo de mercadorias de América i Europa. Se un se molesta en ir a zoa da confluencia entre Gamboa e Alameda poderá ver os portáis de algúns de ese tipo de almacéns. Outros emprendedores de éxito foron Norberto Velázquez Moreno, Francisco Manuel Menéndez.

 E neste intre cando as contradiccións coa cidade da Coruña vanse a amosar mais crudamente. En realidade e unha nova edición da loita eterna da ria de Vigo e a nosa cidade por arrebatar a Baiona e A Coruña o seren os unicos portos que podian ser usados para a descarga e descarga de mercadorias cos estranxeiros, loita que xa existía antes de descubrirse América. O noso empeño, defendido polo arzobispo de Santiago ante Felipe II foi desestimado, pese o ventaxoso do noso porto e ria, por custiós relixiosas e de orde, coa excusa do pouco control, debilidade defensiva e excesiva liberalidad das nosas xentes frente a herexia extranxeira. O tema das herexias non eran cousas baladíes en esa época, dende logo.

 

Pontevedra sobre 1669

A Coruña tinha o privilexio real de ser a única cidade do noroeste de poder encargarse do comercio importante coas Americas e co extranxeiro en xeral, privilexio que ela mesmo obtuvo pelexando con o porto de Cádiz, que o tiña acaparado. Eso propicióu o desenrolo de unha burguesia urbana potente e influinte. Asidos o seu monopolio non deixaban que ninguna outra vila ou cidade ensombreciera os seus privilexios. Vigo loito tamen, por custións de pesca ou o salazón do peixe con outras poboacions cercanas, como Pontevedra, Baiona ou mesmo Bouzas, as veces incluso encarnizadamente. Lograr unha posición  máis ventaxosa e mellorar a economia local era custión de poñerse moi serio. Nestas liortas polos privilexios do comerzo creou as rivalidades entre as cidades galegas (e normalmente en outras rexións), e que permanecen inda oxe en dia.  

Pequeno montaxe do como pudo ser A Coruña sobre o ano 1750. A partires deun grabado da época. 

As reclamacións para que Vigo levantar o vó e que a súa prosperidade e crecimento demandaba  -que proporcionalmente poderían perxudicar a A Coruña-,eran a construcción dun pantalán o peirao para facilitar o atraque e o desembarco das mercancías a traves do mar e un acceso terrestre adecuado os carros da epoca cara Madrid e o seu transporte e comercio co resto do reino. Os comerciantes ourensans veianse no absurdo de ter que enviar as súas mercadorias a A Coruña. Esto, evidentemente rompia o monopolio da Coruña, pese o seu peor acceso a Castela a traveso de Pedrafita. Evidentemente os obstáculos eran de orden económica e para defender os séus privilexios. Pero A Coruña tiña unha influinte burguesia, nacida a sombra dun porto comercial prospero e dun acceso a Castela senon decente si suficente, e coa prosperidade disfrutaba de autoridades con poder para deter e entorpecer  os sucesos e levalos cara os séus proprios intereses urbanos e mercantiles. E o facia o que habia que facer e o que facería calquera outra cidade no seu pelexo. Mesmo Vigo si a situación fora xusto a contraria. E de feito Vigo usou os seu poder para evitar que Bouzas compitera con ela na pesca. Ou sexa que en todo tempo as cousas sonche iguais, por que os homes somosche en moitas facetas da vida sempre os mesmos homes.

Ourense sobre 1808.

Felizmente para Vigo as cousas foron impoñendose e Madrid necesitaba mais recursos e veían en un porto e accesos para Vigo como suficentemente interesantes coma para dar o seu beneplácito. Contra a opinión e os desexos da burguesia coruñesa o pantalán e a carreteira a Castela finalmente foi un feito e a cidade tivo unha explosion de prosperidade. Con un porto digno e accesos suficintes a meseta os cataláns, que iríanse a Cuba ou a outra parte de America a facer o que saben facer tan ben: os negocios, viron que o millor non era necesario emigrar tan lonxe da súa patria e que ben visto Vigo ofrecialles grandes oportunidades de negocio coa pesca e o viño. Comenzan a instalarse pola ría factorias de salazon de pescado. O salazon exixe mellores barcos polo que os asteleiros comezan a marcar a costa e as antiguas praias. Os asteleiros precisan de talleres auxiliares e os talleres de traballadores mais e mais especializados. E o nacemento de unha industria e dun bum urbanístico que non parará ata os nosos tempos.  

Vigo dende a altura de Bouzas (que vese no angulo inferior dereito). A imaxe corresponde a mediados do segundo lustro do século XIX. Pongamos que no 1880.

  

 

Descripción urbana do Vigo na Edade Moderna 

Vigo, en estos tempos, e pese os continuos ataques dos corsarios, o porto e cidade de Vigo non posuía defensa útil algunha, e os vigueses, que inda resistian e empeñábanse en vivir na cidade e dos froitos da mar, a gran despensa, vixiaban a liña do horizonte con xustificada aprensión. Vigo estaba semiderruida e co as súas rúas urbans en franco deterioro i sen posibilidade de transito de carros e nin siquiera de cabalgaduras.  

 A vida na cidade non era doada. As condiciós hixiénicas , vistas dende a actual optica, eran desastrosas, e propiciaban o desenrolo das pestes de aquelas épocas. A ignorancia fixo determinar que o medio mellor para evitala peste era fuxir e non contactar uns cos outros, o que propiciaba a súa expansión polas outras cidades e povos.

Vista de Vigo no 1702 dende o mar. A población desenrrolase polo Areal ata Teis, no Berbés e no  Casco Vello.  

Vista ampliada da imaxe anterior. As construccions do Areal son o  convento, a aduana e as fabricas elabouradoras de conservas de salazón e afumado e asteleiros. 

 

Vista de Vigo, sobre 1702, dende A Laxe cara o Areal.

 

Vista de Vigo, sobre 1702, dende Isaac Peral cara o Casco Vello.

A colexiata e o convento das franciscanas, levantado no Areal sobre as ruinas dun pazo anteriormente destruido en outra incursión corsaria, estaban a ser construidos.

 No inicio da era moderna, polo 1500, a vila vai expandíndose ó séu albur e o capricho dos séus habitantes, sen ter en conta ni seguir nengunha direccion urbanistica concreta ou deseñada previamente. Seguindo o vello modelo das aldeas as casas novas constrúense en torno das iglesias ou das casas importantes, ou adaptándose do xeito mais apropiado a xeografía local, os lindes estabrecidos e os camiños. O Casco Vello e o Areal ten certa rede de sumidoiros de desagues mais estos estan en pésimo estado e polo xeral cegados polas manipulación do pescado e unha ausencia de mantenimento e saneamento. Coma en outras poboacions europeas, o mal sistema de saúde favorecerá as explosións de peste cada certo tempo.  

No 1656 escomenzanse a construcción das murallas de Vigo que vai supoñer un corsé para o Casco Urbán, que crecerá cara adentro, superpoboándose, retorciéndose e constreñindose en si mesma coma un cerebro dentro do cráneo. Semella que exista unha profunda e arcaica tradición de colapso viario nesta cidade xa que xa entón o transito era cousa ben complicada neste dias, entre a guerra e as oubras de fortificación. Cada casa tiña a obriga de encarar ou axudar o arranxo da parte de rúa que pasara por diante do seu portal.

No século XVII se comezan a instalar as primeiras fontes canalizadas. Mais os traballos relativos a salazón (a salmuera e grasas dos pescados), as aréas e o descuido cegabanllas a cotío, facendollas inservíveles e obrigando a continuos arranxos. ¿Non lles soa extrañamente familiar esto a vostedes?.

 

Vigo no 1800.

Vigo no 2005.

 Por causa da guerra os viciños veíanse a obrigados a aloxar e a manter nas súas casas os soldados. Esto produxo algún que outro altercado serio entre cidadáns e viciños, incluso cos de alta cuna, como Leonardo de Arines, propietario da actual casa da praza de Almeida, quen negóuse a aloxar na sua cas a catro ministros. Existian outros motivos de disputas e algarabías, coma a escaseza da sal, materia prima vital para salazonar o pescado e do cal dependian os que o vendían fora da cidade. Tras o certos momentos de esplendor diante o século XVI, truncado polas guerras e pestes, Vigo non deixa de ser un villorrio pesqueiro tratando de sobrevivir as vicisitudes da historia.  

 

Ata ben entrado o século XVIII as ladeiras do Castro e as que suben cara o Calvario ou Praza de España, os que ian cara a estación de RENFE e cerca da mariña son terrenos baldíos ou pequeñas hortas con fruteiros, vides, olivos... As casas, salvo algunha que outra aillada no medio dos campos, apíñanse na beira mar no Areal e nas ladeiras norte e oeste, desparramandose de xeito caótico polo promontorio do Casco Vello. A liña do mar estaba entrecortada por zoas de rocas que xa nos existen e o Vigo destas epocas estaba conformado por diversos núcleos protourbáns, as veces unidos, máis poucas veces. Os barrios mais persitentes eran os aloxados na Ladeyra, a ladera do Castro, un grupo na zoa de Roupeiro que expandiase ata a beiramar polo Areal. Algun grupo por Teis e o Canadelo (entre a RENFE e Garcia Barbón), e pola zoa de a Falperra e Romil pechaba as lindes. As casas do Casco Vello partían, en escaso numero dende a zoa da Rua e Barrio do Pracer e a base do Castelo de San Sebastian, actual concello de Vigo, ata Teófilo Llorente, que non eistia como rúa, por suposto senon que era a liña de rocas onde viña a rompe-la mar e onde destacaba A Pedra, unha enorme roca granítica o carón do mar que daria nome a praza que situósuse xusto enrriba dela. Os simbolos ou os edificios mais sobresaíntes e reconocibles da vila serían a igresia de Santa Maria -a actual concatedral-, e a Torre da Pulguiña ou do Penso, resto do castelo medieval reconstruido alí ubicado e que servira de punto de ouservacion, vixiancia e defensa ante os ataque corsarios.  

En 1513 Vigo conta con 242 veciños. Cada veciño censado significaba un pai de familia ou o cabeza de familia de unha casa, sen contar parintes. Supoñéndolles unha muller e uns 4 ou 6 fillos, os abós e algunha tia ou sobrino o seu cargo por veciño podemos calcular unha poboacion real de unhas 2500 persoas, as que habería de engadir militares da guarnición e os transeúntes e comerciantes que permanecian somentes uns meses ou anos. Unha poboacion fluctuante entre 1500 e 3000 persoas segun as épocas non semella  descaminado de supoñer para o Vigo do século XVI, máis cunha tendencia crecente na media ata o punto que en 1571 xa son 700 os censados.  

Na primeira mitade do século Vigo, favorecida polos acontecimentos da descuberta de America, a boa pesca e o aumento do comercio catapultan a cidade a un esplendor descoñecido, chegando a ser mais poblada que Tui, Baiona, Redondela ou A Guarda, inda que menos que Pontevedra. E unha das vilas mais prosperas do sul de Galicia.  

Mais no 1579, tra-la peor peste recordada na zoa, somentes quedan habitadas dúas casas na vila, morrendo ou fuxindo o resto da poboación.  

Vista de Vigo do 1880 dende O Vixiador. A Alameda según a súa máis moderna concepción comezaba a perfilarse gracias a os aterramentos. Xa non habia murallas e desaparecera a Torre da Pulguiña, hito postrero da Edade media. Os cataláns i empresarios forasteros e locáis mantiñan as súas factorias na beira do mar, polo Areal e Guixar.

 

A mesma perspectiva 122 anos despóis.  

Coa construcción da muralla, durante a Guerra da Independencia de Portugal, Vigo ten limites fisicos urbans. Os barrios, rúas, prazas e casas ten que seguir un ordenamento urban cun aproveitamento do solo máximo. Asi comenzan a construirse casas pequenas e con pisos, apoiándose unhas nas outras, como corresponde a tradición urbana. Xa dende moitos séculos atrás as rúas eran zoas controladas por gremios. Os ferreiros cos ferreiros, os sombrereiros cos sombrereiros etc. Case como si de castas se tratase. A fin de contas era normal cos oficios se heredasen de pais a fillos e ninguen esperaba que un desexase ser outra cosa que o que fora o seu pai. A alternativa era ser artista, mendigo, militar o crego, craro, ou un fora da lei. Hai que recordar que non se deixaba ir dun lado a outro libremente. Un tinha que vivir en donde nacera e calquer troco de domicilio era menester ser informado e aceptado pola autoridade. Vigo, ao xa dispoñer de murallas e portas as abria e as pechaba a unhas horas determinadas, e ninguen podia sair nin entrar sen o permiso do oficial o mando das chaves da cidade. Os comerciantes necesitaban pasaportes e visados para ir de unha vila a outra e a mendicancia itinerante somentes era tolerada con limitacions. Sen embargo, para a época, Vigo era un porto liberal e de costumes abertas, propicio para as ideas liberáis e heréticas incluso, debido a presencia de barcos de toda orixe na súa ría eporto. E unha seña da identidade de Vigo, coma de todolos portos, de deixar en el algo das ideas distintas e orixináis de outras latitudes, e de costumes mais innovadoras e ilegáis incluso.  

Torrecedira, Beiramar e Bouzas no mediados do seculo XVIII, dende o Castro.

 Ata a construcción das murallas a cidade fluctuara e cambiara de tamaño e forma moitas veces, cunha tendencia a ocupar as rocas do promontorio que o Castro ten no mar, onde esta o Casco Vello, e con prolongaciones pola praia, cortadas puntualmente por escolleriras, oxe desaparecidas, ata o Areal, Guixar e Teis. A rúa do Pracer, moito máis longa do séu actual trazado –ía dende a praza da Constitución ata a igresia de Santiago o mayor ubicada por Venezuela-, e Falperra que existe documentada dende o 1533, escaparían do amurallamento. O Berbés, cuio nome ven de Berdez, en referencia o verdor que en algun tempo lonxano debeu ter como prado ou horta, tamen quedou fora das murallas, coma o Convento de San Francisco que inda oxe conserva unha rua empedrada chamada de Santa Marta que viña enlazar cos barrios arrabaleros de a Falperra e Romil. Preto do convento existia un cimiterio, posteriormente eliminado e oxe en dia urbanizado con un grupo de casas, e unha praia, onde ata fai ben pouco existian unhos baños públicos con casetas, oxe tamén perdida.

Os arredores do Policarpo Sanz, García Barbón e Urzaiz somentes haberia campos, vides, frutais, maizales, corredoiras e manantiáis a centos. Cerca das murallas constituíanase os embrions de certos barrios e rúas ben coñecidas, coma a Porta do Sol, como entrada do camiño de Ourense, baixando dende Cabral en liña recta, que formaba o chegar as murallas o barrio do Salgueiral, Xusto enriba do Salgueiral estaba a Rúa e o barrio do Pracer, que  remataba debaixo de onde oxe está a Cruz dos Caidos e pasa a Rúa Venezuela. Conformando o Campo de Granada de Arriba, oxe Praza do Rei, e o Campo de Granada de Abaixo, onde comeza a Rúa de Don Bosco.  

O Barrio de San Sebastián, onde esta agora os restos do castelo e o actual monolito cristalocementéreo que constituye o noso funcional Axuntamento, e que recibe o seu nome por unha capela a ese santo construida no século XVI. Unha das súas rúas e a das Hortas, cuio nome non deixa duda acerca do que habia nese espacio nesas épocas. E fácil imaxinar unha colina verde de praderia e hortas e cortada por muriños e cercados cunha pequena capela no medio, pouco mais abaixo as primeiras casas e a Torre da Pulguiña vixiante, ata o 1875, en que fora derrubada. A perspectiva da cidade dende a capela de San Sebastián era alta e escarpada e as rutas de acceso as rúas de abaixo empinadas e angostas. Esa xeografia empinada suxire que foi a orixe do poboamento, sendo as grutas e recovecos as primeiras habitacions e refuxios nestas terras.  

  

Vigo 1700. No primeiro termino a Porta do Sol, dende cuia porta da muralla vese a imaxe. Dende a porta do Sol saen dous camiños. Un camiño sube en dirección a Ourense, pasando polo Calvario. O camiño que discurre pola ezquerda e o que oxe é Policarpo Sanz. A vista pérdese xusto na confluencia con Colón e García Barbón. As ladeiras da esquerda chegaban a Alameda e o Areal e a carreteira de Pontevedra. Todo era campos e hortas con algunhas casas aisladas.  

   

Na Ladeyra do Castro, excepto no Placer, Falperra e Romil habia poucas casas. Na zoa do Pracer e principalmente onde oxe e Progreso e Doutor Cadaval, onde o terreno é moi empinado, os derrubes non eran infrecontes. Ali normalmente somentes querrian construir xentes humildes que non tiñan outra opcion se querian estar preto da cidade. Baixaban por él alegres e cantarines arrollos. Do campo de Granada de Arriba partia un camiño cara a zoa da Praza de España e o Castelo do Castro, que mantiña a Ladeyra despexada de arbores por conveniencia estratéxica.

Cabral no 1850. 

A rúa de Doutor Cadaval partia dende a explanada de Sol, coma un camiño de terra, sorteando campos de labor e prado, algunha pequena casa, subindo pouco a pouco para volver a caer o convertirse en a rúa Progreso. Somentes era un mero camiño de terra que inda oxe podemos seguir, baixo o asfalto e o adoquinado, e incluso facer unha viaxe polo tempo medieval de Vigo enlazando co o calexón de Núñez, que esta xusto entre Progreso con Maria Berdiales e Xoaquin Loriga, na mesma curva, e que era a súa continuación sen dubida. O pavimento, inda que parcheado con cemento, inda conserva cantos rodados e pedras posiblemente de poucos séculos atrás, pero que marcan un camiño supervivente dende a Edade Media e incluso anterior, tal vez neolítico, sendo un vestixio fósil dos rueiros clásicos dos habitantes destas ladeiras.    

Vigo sobre 1800

O chegar a este punto entre as rúas Xoaquin Loriga e Progreso, dividíase en dous: una ramal seguia por o calexón de Núñez e que salvaba un promontorio empinado, e o outro baixaba pola parte de Don Bosco que cae xunto o Museo de Arte Contemporánea, antiguo Pazo de Xustiza, cruzando Principe, Urzaiz, seguindo por Isabel II e rematando en Pontevedra e Hospital, agora Ines Perez de Cota, onde estuvo, alternativamente, igresias, pazos, conventos e hospitales militares, pasando pola Fonte de Roupeiro. Ali viraba de novo cara arriba para subir pola Republica Arxentina por un novo ramal, ou serpentear por Rosalía de Castro por outro que surdia a ezquerda, no barrio do Roupeiro, e pasando polo arroyo do Hospital, famosos polos pontes que existian nel e sobre todo polas lapidas romanas que se atoparon para facelo viable. Eu inda me lembro de pasar por ali de rapaz. Semellaba talmente unha zoa rural, todo cheo de muros e casas de pedra moi vellas, habitadas por xitanos, algun taller e lama. Rosalía de Castro somentes se intuia xa que estaba chea de maleza, restos de casas vellas e factorias arruinadas (inda quedan mostras oxe en dia). Pouco imaxinaba que algunha das lousas polas que pisaba, e baixo as cales oiase o chapoteo da auga do arroio, tal vez foran a que agora están no Museo Quiñónes de Leon, en Castrelos, convertidas en xoias da historia romana en Vigo.

No que es agora una baixada a Rosalía, sendo continuación de Republica Arxentina, exite un tunel cegado, polo que discorria a via do tren que ía o porto. Pasaba a carón da RENFE. Eu pasei de neno por aquel sucio e escuro tunel, cheo de ratas e humedo e cuio outro extremo queda afogado polo edificio de “Oh, Vigo!” e a antigua sede da Seccion Fiminina da Falanxe e a entrada da autopista pola rúa Cervantes. Moitos rapaces xugaban enton, nos sesenta, por Rosalía Castro e as súas ruinas e incipentes edificacions.  

Típica rúa do Casco Vello no 1850, sobrevivinte do caótico trazado medieval, e preto da concatedral. 

 O camiño que seguia polo calexón de Núñez seguia cara arriba, pasando polo colexio dos Maristas e cruzando Ecuador e Simón Bolivar ata chegar a parroquia de Santiago de Vigo, situada no cumio do que é oxe a Praza Elíptica, ou cerquiña de alí.

 A rúa do Principe, o Barrio do Salgueiral, inicio da carreteira a Ourense e Castela, subia e subia pola pendente cara o Calvario e Cabral, pasando por campos, labradios, pradeiras, hortas e frutais. Habia pequenos bosques aillados de grandes árbores na altura de Via Norte e Casablanca, que tomou lo nome precisamente por unha de aquelas casas de pedra encaladas, e mais arriba, en os Choróns e outras partes do Calvario -a sazón unha aldea ou barriada-, algúns enormes, especialmente fai poucos anos, cando plantábanse eucaliptos. Canto mais un se alonxaba do centro mais abundaba a vexetacion e as árbores,  

Se un toma a vision de a zoa de Teis e Chapela, elimina moitas casas i as empequeñece, quitándolles colorido, ou si busca por a rúa Pino, Cantabria ou Canadelo alto e, tamén as veces, perdidas por aquí e alá, en Bouzas, e na ladeira sur do Castro (Hispanidade), podense atopar alguns ambintes semiruráis superviventes que reflicten ou axudan a imaxinarnos bastante ben o que era a ladeira que lindaba con Urzaiz os fináis do seculo XIX e os inicios do XX. Mais concretamente os inicios do XX, xa que o crecimento da cidade comeza a ser espectacular a partir dos anos 30, explotando nos 60 e 70.  

 

 Na beiramar, e xunto as mesmas murallas, xa casi na aréa da praia, na parte baixa do Salgueiral, atopábamos a Aduana, preto da porta de Gamboa. Dende a Aduana e da unha praza onde celebrabase a Feira dos Cardos, partia a carreteira de Pontevedra. Sempre houbo unha pequena explanación ou areal terroso que representaba o xerme da Alameda, limitada por la muralla e bastión de A Laxe e que chegaba ata a rúa Colon e Pontevedra. Un regato caía pola vertente de Carral ata o mar, chamado Arroyo de los Tornos, e, paralelamente, uns metros mais alá, discurría a Alcantarilla de Villavicencio, que nacia cerca do Placer e discurria por debaixo da actual Casa Das Artes, morrendo na Alameda, no porto deportivo, a altura do pequeño peirao de pedra.

 

Vigo a mediados do seculo XVIII a partir dun gravado, un dos poucos que presenta unha imaxe realista da mesma. En esta época comeza o despegue da cidade. Inda que aun existen as murallas estas ian caer cedo para propiciar o crecimento urbanistico de Vigo. 

 A rúa Pontevedra e Hospital son dos camiños, e logo rúas, das mais antiguas de Vigo. Isto faime pensar que era o camiño habitual de sempre das xentes dende moi antiguo para acceder a esta zoa habitable dende o Casco Vello e a Ladeyra. A zona intermedia entre este punto e as murallas debeu ser por moito tempo campo ou zoa de baixo monte salvaxe, semellante a como esta agora en partes San Miguel de Oia, O Fragoso e Coia, cun bosque baixo e matorral litoral de difícil acceso.

 O camiño que subia cara a carreteira a Pontevedra, oxe Policarpo Sanz, Garcia Barbón e Sanxurxo Badía, era a carreteira de Ourense. Oxe chámase Urzaiz.  

Dende a Aduana, preto da Laxe alí e ata Guixar existia unha ringleira de casas e factorias a beiramar, con hortas e campos nas partes de atrás. Inda é posible atoupar algunha de aquelas estructuras vivenda-horta ou xardin, oxe endia abandonadas e slavaxes, polo Areal, sobre todo no Calexón do Funil, que une Garcia Barbón co Areal. Inda existen restos de vellos muros de pedra de tipo rural o arrabalero e piso enlousado que seguramente salva pequenas e ancestráis vias de auga. Na zoa onde agora somentes hai unha gran explanada, chegando a Sanxurxo Badia, existian xusto o borde da via unha barriada de casas de pescadores e agricultores de condicion humilde. Xusto o outro lado da carreteira habia algunhas grandes mansions e magnificos campos e bosques. Enriba de todo aquello era zoa do ferrocarril.

 As factorias de envasado apretábanse na beiramar. Inda oxe en dia podense ver algunha de aquelas factorias e casas na rúa que vai dende Garcia Barbón a Guixar e Vulcano, por debaixo do Colexio Apóstol Santiago, que inda conserva os restos dun pequeño e frondoso bosque urbano.

 Os pés do Monte Do Niño Da Aguia, cristianizado coma monte da Virxe do Neno da Guia, traducindo a verba galega orixinal niño, que en español seria Nido, por neno, veíase un núcleo urban e industrioso oxe comido polos asteleiros e industrias.  

Pola outra banda da cidade, pola cara do sul, está a fonte nova de Romil, que inda existe e que daba comenzo o Barrio da Falperra, vello barrio alto i extramuros, e polo tanto de xente modesta, de cuia existencia existen referencias dende o século XV. Este barrio foi moi habitado no seculo XVI. Era un dos núcleos urbáns do Vigo medieval, inda que logo, coa construcción das murallas,  quedaría extramuros.

 Se ben a Falperra está modernizada, inda é posible respirar Vigo da época das murallas na rúa de Santiago, que discurre debaixo do que fora a Panificadora. Unha rúa fósil das que inda poidemos disfrutar os vigueses. Pasar por ela e pasar pola historia popular da cidade. Rúa estreita, enlousada, típica. Remata en Alfonso XII, que entón no existia mais que coma un prado e un camiño que se bifurcaba cedo cara a a Tui, Bouzas e Baiona, unha seguindo o actual Pi i Margall e a outra baixando preto do mar, por Torrecedeira. Na praza e fonte na que remata a rúa de Santiago (non somos conscientes da importancia de unha fonte en aqueles séculos!), estaba a porta da muralla na súa entrada pola rúa da Ferreria, chamada Porta da Falperra, co baluarte de San Xulian asomando a caida que anuncia o Berbés, convertida oxe en escaleira que baixa o Casco Vello dende Alfonso XII, entón Paseo de Afonso, o lado do Olivo. Dende o Paseo de Afonso baixaba e subia pola rúa Barroca a xente o Berbés e os lavaderos da Barroca. As rúas de esta zoa son de orixe medieval e posiblemente herdeiras das romanas, pola súa sinuosidade e certo caos naturalista do xeito de situar as casas, aproveitando as rocas e os accidentes do terreo. E con seguridade foi un núcleo prehistorico da zoa, con buratos e semicovas adaptadas polos homes. A terrible picota estaba exposta, para escarnio dos delicuentes, na praza conformada entre a Rúa de santiago, A Porta da Falperra e o Paseo de Afonso.

    

Tui polo 1880. Prácticamente a mesma imaxe que ten oxe en dia. Si en vez de árbores poñemos un amurallamento e porto, se imaxinamos o Miño coma o mar e colocamos a Colexiata no sitio apropiado, quitando a Catedral do cúmio e salvando as naturáis diferencias, casi poderíamos ter unha foto de Vigo da mesma época e incluso anterior.

  

Tui, na mésma época, dende a beira oposta, en Portugal.

A rúa Elduayen, na honra deste home, ministro e Alcalde e gran valedor da cidade no século XIX, algo transformada, enlazaba a ladeira norte coa suave ladeira que ian cara a Bouzas. A torre do Penso estuvo unha vez o seu paso, sendo derrubada no 1880. Fora e sería un bó perfil para a cidade de haberse mantido, dominada oxe somentes polos campanarios da concatedral, afogado entre edificios modernos... e de dudosa e perecedeira beleza. Seria un acto de urbanidade que eses altos edificios se autoinmolaran en aras da recuperación dun perfil vello, fermoso, intemporal, para ser realoxados onde podan seguir facendo a sua labor, meritoria sen dubida, pero sen pretender ser símbolos esteticos -a postre ben perecedeiros-, e tapias vocacionais de unha época, en Vigo polo menos, con un resultado estetico moi probe.   

 

A rúa Torrecedeira. Hispanidade e Camelias eran campos, hortas, corredoiras e con algunhas casas solariegas. Na beira mar, por debaixo de Torrecedeira e no seu inicio, preto de o convento de Santa Maria existiú un cimiterio de moi antigua orixe. As praias, dende o Berbés ian ate Bouzas, inda que eran praias estreitas e rocosas. Os romans construiron no poucas factorias e casas de campo neste litoral ata Baiona.  

O camiño que saía dende a porta da Falperra separábase pronto, como dixeramos antes, en dous: o de Regueiro cara a Baiona e de Tui, que ía por enriba do outro. Inda que seguramente xa era usado polos castrexos sabemos que o de Tui foi empedrado polos romans. As casas trocan, mais os camiños son sempre os mesmos. O aspecto da ladeira que descendia dende Camelias e Torrecedeira cara o mar era sempre a mesma ata chegar a Bouzas e Coia. O linde entre Vigo e Bouzas podemos señalalo co a rambla que forma a actual rúa Coruña, que se precipita a duas aguas dende a praza de America, a cresta la ladeira que cae dende o Castro e que se abre, unha banda a costa, outra a Castrelos e os barrios ainda semiruraís que bordean as Travesas e a Gran Via dende a praza de España. A rúa Zaragoza casi marca o espinazo ou cresta da ladeira do Castro e que separa as duas vertintes: a que se desparrama cara a Gran Via e a vertinte da Hispanidade/Camelias. O inicio da suave ladeira Sur do Castro mantúvose sempre moi rural, con pequenas casas, algunhas de boa porte, e hortas e xardins. Habia terrenos i explotacions moi importantes nesa area e pese o construido inda se poden descubrir antiguas glorias concretadas en peches e muros que sinalan mansiones e grandes casas dos séculos pasados mais cercanos. Debeu ser unha zoa apreciada polas xentes de posibléis, dado que estaba protexida do vento norte y cunhas vistas soleadas a partir do medio dia, e cunhas fermosas  vistas do crepúsculo e da entrada da ria, o que explica o seu pouco desenrolo urbanístico ata apenas uns poucos anos.   

Vigo sobre 1850, desde la vertice del castillo de San Sebastian, actual Ayuntamiento. Ala izquierda se aprecia el paseo de Alfonso XII, Elduayen y arriba el puerto, la Iglesia concatedral, una barco acercandose al muelle...

A zoa de Coia, Balaidos, o Fragoso eran campos de labradio o redor do Lagares e tamen con areas extensas de foresta de pequena altura. Lenta e pantanosa preto do rio Lagares, excelente zoa de caza e para cultivo en toda época, inda que tamen insalubre para os humáns pola humedade e os insectos. Inda oxe ofrece unha imaxe moi semellante a que debeu ter no principio de seculo, e non moi distante da que sempre tivo: zoa rural con casiñas pequeñas dispersas, algunha igresia e casas solariega ou pazo por aquí e por alá e moito prado e castiñeiras e outros árbores autoctonos. Agora, aquela topografía rural e semirural está moi desplazada da súa ubicación orixinal, confinada na area da circunvalación que prelude a Castrelos ou desplazada aos limites da cidade, no extremo de Coia, reconstruíndose parcialmente outra vez dende o cimiterio de Coia e no Colexio Amor de Dios. Non poucos séculos atrás as ladeiras sur e este de Vigo deberon ofrecer un aspeito pouco distinto o que oxe podemos atoupar en San Miguel de Oia, Alcabre, na súa zoa alta no limite con Coia e as areas semiruráis adyacentes.  

San Roque é o Couto de Sam Honorato son tamén fósíis do pasado. A ladeira de Puxeiros que descende cara a Porriño ofrece unha imaxe moi semellante –hai que eliminar da imaxe moitas casas e a súa moderna construcción-, a como era toda esa zoa e a que circunda o Castro a zoa de Praza de España, Pizarro e a vertente este do Calvario e Cabral, que inda mostra tamen unha imaxe cercana o pasado que Vigo tuvo ata principios do seculo pasado. E coma si a historia fora alonxandose do centro e, cos naturales adaptacions, recreándose mais e mais lonxe da súa orixe, nas aforas, ou coma cando vemos o ceo e percatámonos que non vemos as estrelas tal como son agora mesmo senon como foron hay miles de anos, xa que a luz que sale oxe delas tarda miles de anos en chegar a nos, nunha especie de viaxe no tempo instantáneo e cotidian. Para ver o Vigo de antes, cos ollos algo desenfocados para evitar os senáis  modernos, hai que irse alonxando do centro. Tamen e preciso unha forte imaxinacion, teño que reconocelo. Por eso as imaxes desta obra: unha axuda no esforzo. O redor de San Roque inda existen casiñas propias de inicios do seculo XX e anos 30. Barriadas humildes semiruráis, increíblemente ruráis se un salta o muro de edificios da rúa Alcalde Martinez Garrido. O troco e brutal: inda existe un prado que semella sacado de unha zoa rural a 50 kilometros de Vigo... e sen embargo esta a 10 metros  en paralelo a Avenida de Madrid, tras os concesionarios. No outro lado da avenida inda sobreviven terrenos semiruráis dispersos pero este do lado da estacion de autobuses e impresionante polo tamaño. Vigo pasa de gran Urbe ao rural, co maizal, o séu prado e a súa vaquiña, en apenas un suspiro.  

As rúas Pizarro e San Honorato corriron distintas sortes: superurbanizada unha banda da primeira cun fosil do seculo XX derruido na outra banda (cunha corrredoira tras as escaleuiras que se un mira para o chan resulta  absolutamente rural) e ainda con aromas de povo a outra, con rúas esteritas e sinuosas, propias de aldea. Honorato marca a parte mais alta da cresta que enmarca a Vigo co mar, como se fora o galiñeiro do anfiteatro da cidade. Tras ela Gregorio Espino e Alcalde Martinez Garrido, e mais aló zoas industrias absolutamente deterioradas dende o plao estetico urbanístico. Pura funcionalidade, que tambien precisase para ser cidade, dende logo. O barrio de Santa Cristina de Lavadores va rodeando un dos mais clásicos barrios modernos da cidade: O Calvario.  

Temos unha imaxe que trata de reflectir o que pudo ser a vista dende Choróns cara a cidade amurallada e outro no senso inverso, dende Colon e Principe cara o Calvario. Ata fai ben pouco esa era unha zoa semirural, con prados, hortas e casiñas de labor. Algunha barriada lindaban co mero rural, que escomenzaba no cumio do Calvario nos anos 60, coa excepción da rua Ramon Nieto e as casas circundantes, e a presencia de Alvarez e o cuartel. Nin siquiera existian casas nas zoas de Urzaiz, Gran Via, República Argentina, Brasil, Bolivia, salvo algunha eiqui e outra alá dispersas.  

O casco urbán de Vigo de entre as guerras de Secesión de Portugal, no 1640 e da Independencia de España frente a Francia de Napoleón, no 1808, tinha unha imaxe que podese reflectir, na zoa do Casco Vello, en Valença e zoas urbanas antiguas de Portugal...

Vigo en 1880. Unha vez derrubados os muros que a constreñían a cidade pudo expandirse.

  

Vigo 2002, dende a mesma perspectiva, nunha pequena praia na base da Guía.   

Neste punto teño que facer unha loubanza a Portugal e os portugueses polo xeito en que conqueriron preservar con meior sorte que nos o seu acerbo arqutectónico, rehabilitando e mantindo vellas e fermosas casas que en España houbiramos cementado, uraliteado e deixado coas paredes co "ladrillo visto", cando non loza e gres  brillosa. As veces penso si a causa será a educación, os costumes ou o exceso de diñeiro e progreso tolo, sen poso educacional que sufrimos nos derradeiros 30 anos os galegos. Teño a teoria de que as veces a probeza e boa para as señas de identidade. Portugal, co seus problemas economicos, non pudo meterse na furia constructora pseudomodernista que en Galicia poidemos disfrutar. Semellaba que tíñamos que demostrar a bonanza a base de destruir o pasado e levantar monumentos ao Progreso con ladrillo, cemento, cristal e uralita. O millor e que Portugal, cun progreso mais a modo, non precisou destruir tanto e conformaronse con manter dignamente o que tiñan. 

Debátome entre o fermoso que é o paisaxe rural portugues, tal vez debido a unha menor prosperidade, frente o destrozo multiestilistico e a exuberancia exhibicionista (casas alpinas no Baixo Miño, pseudopazos de pedra rosa de Porriño?), dos que disfrutan de mellores ingresos pecuniarios.    

Vigo dende Choróns, Calvario, sobre 1880.

Vigo dende Choróns, 123 anos despóis

 

En calquera caso, as miñas felicitacions os portugueses e a ver se os galegos tomamos nota das súas solucions.    

Tras esta expansión (vostedes tengan a bien perdoarme o desfogue), volvemos a nosa cidade:  

Estábamos na cidade entre as Guerras de Secesión de Portugal e da Independencia de España frente os franceses: A cidade presentaba estos mais significativos signos: amurallada, apretada e cerca da superpoboacion, constreñida coma un corset murallas adentro, casas de pedra encaladas, factorias de salazón, algun convento o longo do Berbes e Guixar (de Guijarros). Edificios de fermoso porte pola Alameda, como a Aduana e algun Banco que escomenzaban a instalarse, barcos de vela no porto e hortas e campos feraces nas ladeiras do que é oxe en dia Urzaiz e Garcia Barbón hacia Calvario e Teis. Estas hortas inda podense percibir en rincons ocultos entre edificios polas rúas de Canadelo, Pino, algun rincón do Areal e por Teis. Somentes e necesario trasladar algunha ladeiras cheas de vides e frutais como centos que vemos polos montes galegos das rias baixas e substituir as casa modernas por casas de aldea, casonas ou pazos tipicos e esparramalos someramente por Gran Via, Urzaiz, Garcia Barbón, ladeiras do Castro, Torrecedeira e Camelias...

Vigo dende A Guía. Imaxe dixital a partires de un grabado datado en 1880.  

 

Vigo en 1890. Apreciase a rampa que vaixaba o mar dende a Pedra, agora linde do Hotel Bahia de Vigo. A muralla costeira, o edificio onde oxe en dia está o Bohemia, no actual Teofilo Llorente, e que inda manten un trozo de aquel lienzo e muros antigos. Na ezquerda o Hotel Continental, oxe en dia ocupado por un moderno edificio, na cuia base esta Vigo Foto. 

 

 

 

Vigo e a ría

 

 

 

 


Agradecementos

Prólogo introducción


Oríxe xeográfica

Prehistoria                Prehistoria v.castellano

Cultura castrexa

Romanización

Idade Media                 Edad Media v.castellano

Idade Moderna

Os fósiles urbáns

    Curiosidades    


Foro de discusión sobre la historia de Vigo

Otras ciudades

¿Desea conseguir alguna imagen?


Información de contacto

uxio.noceda@gmail.com

Información general, adquisición de imágenes, preguntas o comentarios sobre este sitio Web.
Copyright © 2003

Última modificación: 17 de enero de 2006

volver al inicio

El autor en la actualidad

sitios recomendados: 

  www.vigoenfotos.com        

 http://www.arrakis.es/~rojea/           Patrimonio vigués 

http://historiadegalicia.fiestras.com                  Historia

http://www.h-debate.com/      Debates historicos

VIEIROS                          BUSCADOR GALEGO

http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador/index.php?

www.farodevigo.es                                  Periodico de Vigo

www.fundacionatapuerca.com/

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda                    volver a páxina anterior