Vigo
 

 

UXIO NOCEDA

 

 

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda

Autor (web, contidos, música): Uxío Noceda

contactos co autor : uxio.noceda@gmail.com

 volver al inicio

 

            

 

A IDADE MEDIA en VIGO  

volver a primeira páxina

 

 

O sistema feudal viño a ser, tra-lo derrube do sistema romano de organización pola irrupción das tribus xermánicas do norte, o novo orde social na mayoría de Europa. Os novos amos, os xefes bárbaros -os que levaban barba, signo de incivilización para os que se consideraban a si mesmos civilizados romanos ou latinos-, imponían as súas costumes organizativas os abraiados ciudadáns do ex imperio román. Eles gobernaban e daban as ordes, e os demais obedecían.

Ao pouco tempo, o estilo de vida nórdico, caracterizado por un forte sentimento individualista, autarquico, laborioso e aguerrido, contaxió e transmitió as súas características os séus novos dominios, de tradición mais gregaria e macroimperial, e a cousa organizouse oficialmente de este xeito:

O rey ou xefe xermano, novo amo e señor, outorgaba terras e territorios os seus xefes militares, incluindo a poboación que ocupaba ese territorio. Os xefes militares, e nobres -en una escalafon descendente según a súa importancia e poder-, outorgaban os que estaban xusto por debaixo de el en rango privilegios e poderes sobre subdivisiones do seu territorio. Estabrecíase asi un sistema piramidal onde no cumio situabase, teóricamente, o Rey -e o Papa unha vez convertidos o catolicismo os barbaros-, e por debaixo a nobreza militar, os soldados i exercito e os servos da gleba: a poboacion subordinada, acabando cos escravos.  

Vigo en algunha época do Baixo Medievo. Apenas un pequeno villorio mariñeiro as veces amurallado, as veces totalmente abandonado.

En teoria a terra dábase en troques de servicios. Os nobres, en troques das terras cedidas polo rei dabanlle diñeiro, protección e soldados o rei para as súas aventuras defensivas ou de castigo ou conquista. Nos nivéis inferiores a propiedad as terras eran dos nobres e cavaleiros e os servos a cultivaban e daban unha parte os séus amos, a modo de imposto, para o mantenemento do seu rango, cubrir as súas necesidades e paga-la protección frente a rapiñas inimigas e o mantenemento da orden interna. Na realidade era unha explotación dos servos por parte da nobreza e o exercito na mayoría dos casos, inda que ponderan existir sitios onde esto estaba incluso ben regrado e respetábanse os dereitos dos servos. Esto dependia das boas intencións do nobre ou do crero de turno. As terras que o rei entregaba os séus nobres inmediatamente inferiores, baróns e bispos eran os Feudos. As veces os servos pedian protección o rei frente os abusos dalgun nobre excesivamente exixente.    

O nobre ofrecia o seu vasallaxe o rei nunha cerimonia aparatosa e solemne no acto de Homenaxe, na que, de seonllos ante o rei, xuráballe obediencia e fidelidade. Por suposto que este xuramente era traicionado a menudo e moitas veces persoeiros con titulos menores, coma condes ou duques, tiñan mais poder político e real que o proprio rei, quen non pasaba de ser unha institución unificadora mais non sempre respetada e menos obedecida. Realmente existia certo caos de autoridade e cando un rei ou nobre de alto rango lograba certa unicidade e autoridad sobre os demais era cando lográbanse constituir mais grandes reinos, ducados ou condados.

Todo este sistema era refrendado por deus, situado no cumio espiritual da sociedade, xa que de el viñera a vontade de otorgar o poder. Sen a vontade de deus ninguen podia exixir para sí o poder, polo cal era moi importante a linaxe e levarse ven coa igresia, que era quen bendecia os reixes, invisténdoos co poder temporal. Inda que non poucas veces o poder tomábase pola forza e a igresia bendicía de todalos xeitos. Pola Gracia de Deus, decíase.

Os servos da gleva, os campesiños, traballaban a terra i estaban tan vinculados a ela que non eran libres de abandonala a súa vontade, tendo que pedir permiso o seu señor o u mercar a súa libertade de movementos. Nada era da súa pertenencia, nin siquera os aperos de labranza, que pertenecian o señor. A vida non era fácil para eles e a única posibilidade de salir de ese circulo era mercando terra propia ou casando cunha persona libre, con un cabaleiro, un mercader ou con un artesán libre.

A inmensa mayoría da xente vivia do campo, do bosque, dos rios e mares e da gandeiría i estos traballos absorvian a mayoría do seu tempo, dadas as tecnicas ineficaces que se usaban entón.

As terras solianse dividir en tres lotes: as aptas para o trigo con que se facía o pan, centeneras e meio centeneras. As terras boas e malas quedaban redistribuidas mais ou menos equitativamente entre todos, de xeito que se cultivaban terras proprias e comunáis o mesmo tempo, na arada, na sega e na recollida do heno. Unha sorte de agrarismo comunal, onde unha mala colleita significaba a fame para todos..

O núcleo feudal normalmente consistia nunca iglesia, un castelo ou torre do señor, a casa señorial e as terras circundantes coas casas do campesiñado e os artesáns libres. O señor do feudo impartía justicia e facia de regulador da actividad da aldea ou da vila, castigando os infractores das súas ordes. Os feudos eran autosuficentes, salvo para o tema da sal para as conservas e do ferro para as armas. De cando en vez ou en certas datas acudían as aldeas os buhoneros, peregrinos e soldados na procura de impostos. Pouca xente viaxaba entón e a vida dun home transcurria no espacio dun val o de unha comarca para a toda a súa vida.

Un home do medievo, un campesino normal promedio recibía en toda a súa vida tantas novedades coma un de nos en un telediario do mediodia. 

 

  

 

 

O Vigo Altomedieval

 

A Calaecia Altomedieval 

Calaecía fué ocupada por los suevos en el 411. Esta tribu germánica y en un número de unos 30.000 según uns e 100.000 personas según outros autores, y compuesta por todo tipo de clases sociales ya que se trataba de un autentico éxodo desde sus anteriores tierras. Estableceron su poder militar sobre a población galaico-romana y se adueñaron de las terras, iniciándose así el largo proceso de feudalización de Galicia.

 

Los suevos eran un conjunto de diversas tribus nómadas de Germanía del Norte y que habitaban más ala del río Elba. Tácito identificaba con el nombre de suevos (Suevi) a una gran parte de los pueblos germánicos. Se dispersan hacia el Sur a partir del año 72, como siempre bien por el cansancio de las tierras, bien por la irrupcion de otras tribus mas poderosos desde el este. Alcan­zaron el Rin en el 58 aC. Después de una tentativa de invasión de la Galia (Francia) en ese año, fueron arrinconados por César cerca de Belfort y tras negociacion pasaron a formar parte do imperio constituido por Marbodio. Se ubicaron especialmente entre o Rin e o Danubio (Suabia o Suebia, o país dos suevos). A principios del siglo V, y  despues que Geroncio dejara libre el paso de los Pirineos a los pueblos germánicos, una rama de aquellos suevos, los cuadosuevos, junto a los alanos y vándalos asdingos atraviesan la Galia y se instalan en la península Ibérica (409), donde unos 100.000 -según Rheinhardt—, dirigidos por Hermerico negocian con ospoderes romanos ya en decadencia,  ocupar la provincia romana de Gallaecia (411), donde se constituyen como  reino.

 

El periplo devastador por la Península (que aun perdura en el habla popular con palabras como vandalismo para significar destrucción gratuita o algarabía), se convierte en un acantonamento militar de tipo romano (hospitalitas). El reino sobrevive desde entonces gracias a la impotencia de los hispanos para oponerseles y alas victorias sobre los hispanogalaicos (431), quie­nes por la mediación de Aecio firmaron la paz con ellos (433), aceptando su gobernacion a modo de reino federado a Roma.

 Conscientes de su propio poder y de la debilidad de Roma en Hispania, los suevos iniciaron una etapa de expansión, que comprende los reinados de Requila (441-448) y Requiario (448-456), solo frenada por el visigodo Teodorico II al derrotar a Requiario en 456, y al ocuparles Braga, la capital del reino suevo.

 

Os suevos e os seus aliados eran arrianos, unha religión cristiana primitiva, coma os visigodos, froito do apostolado de Arrio e os séus seguidores polas terras do norte. Según as necesidades estratéxicas e coalicións oportunistas en esta fase de consolidación e ampriación das fronteiras, o confesionalismo católico o arriano dos suevos dependerá, en última instancia, da necesidad de unha alianza con Roma o cos visigodos, respectivamente. Os suevos tiveron que afrontar repetidas coaliciones visigodo-romanas, según quen fórase debilitando paulatinamente.  

Os suevos, de craro carácter bélico, fan un patético esforzo por asimilar a civilizacion e o estilo de vida hispano e convertirse en gandeiros e agricultores. Mais tras anos de viaxes e batallas non logran readaptarse a vida productiva agricola e fracasan nos seus intentos de asentarse nestas faenas pacificas, e volven a tomalas armas e facer o que sabian facer tan ben e que resultaballes máis productivo o curto prazo: a guerra e a rapiña. Mais entón terán que enfrontarse os nóbeis galegos, a os que soen vencer e roubar as súas propiedades, mais non poderán face-lo mesmo cos labregos e campesiños, refuxiados nos castros. Ademais as apetencias suevas, coma as dos normandos e bereberes, ia –intelixentemente-, máis encamionada as posesións dos ricos e da igresia, ao estaren mais concentrados nos mosteiros e pazos, o que facia os séus esforzos máis lucrativos cos dos ataques a os modestos labregos. Logo desfogáron o seu ardor guerreiro pola Bética e a Lusitania, as que dominaron en parte. 

Coa morte de Requiario (decembro de 456), o reino suevo semellaba ía seren absorbido polos visigodos, pero as vicisitudes internas de Tolosa permitiron o resurdimiento de aquél en unha segunda época, na que Maldra (457-460) e Remismundo (460-469) veránse na obriga de pactar con Roma e os pretendentes o trono visigodo Teodorico II e Eurico, enzarzados en continuas guerras para dirimir este importante asunto.

 

A restauración da unidade, na persona de Remismundo (465) coincidiú cunha campaña contra os aunonenses e a conquista de Lusitania, abandonada pouco despois ante a amenaza de Teodorico II, con quen Remismundo parece ser que chegóu a un acordo polo que fixabase a delimitación das respectivas zonas de ocupación da Península (462).

 O perío­do 469-558 é de oscuridade na historia do reino suevo; non conocese con exacti­tude cál fói a súa evolución. Según Dahn, el reino perdéu toda-las posesions exterio­res a Gallaecia, teoría que rebate Schmidt, quen afirma que a ausencia de datos non ten que identificarse, forzosamente, con unha etapa de regresión.  

Teodomiro (559-570), restablecéu o catolicismo e convocóu en 561 o primeiro concilio de Braga. Os reinados de Miro (570-583), Eborico (583-584) e Andeca (584-585) son unha contínua loita de resistenza ante os sistemáticos intentos de conquista por parte de Leovigildo e uns continuos apoios suevos os focos de rebelión contra o monarca visigodo (bizantinos, Hermenexildo, o franco Gontrán) que, en definitiva, sómentes prolongaron uns anos a precaria existencia do reino. As derrotas que Leovigildo inflixíu a Andeca en Oporto e Braga significaron o fin do estado suevo e a súa incorporación o reino peninsular visigodo.  

A partires de ese intre disponese de poucas novas sobre a evolución histórica de Galicia; e menos de Vigo. Pro­siguiú a cristianización con a construcción de numerosos monasteiros e parroquias, ao redor das cales agrupabanse as vilas.

 

 

Os musulmans en Vigo 

 Non houbo unha conquista -con ánimo de permanencer-, musulmana de Galicia; ainda que as tropas de Musa ibn Nusayr chegaron a Lugo en 714, de feito a penetración musulmana sómentes alcanzóu a líña situada entre Astorga e a desembocadura do Miño, polo que a reconquista cristiana do territorio fói tarea sinxela, completada xa a mediados do século Vlll, diante o reinado de Alfonso I.  

O territorio galego convirtéuse en unha útil retagarda para as monarquías de Astu­rias e León na súa loita contra os musulmanes. Galicia acolléu a inmigrantes de orixe lusitano (que fuxían das zonas en conflicto), e convirtéuse no asento de no­bles visigodos ou familiares dos reixes asturianos, que foron favorecidos por éstos coa conce­sión de terras e señoríos en troques de fide­lidade. Especialmente o papel dos condes, herdeiros dos duques xermánicos introducidos polos suevos e visigodos.  O mesmo acontecéu cos grandes mosterios e obispados, os que lles foron concedidas grandes extensions de te­rras. De este xeito o campesino gallego  véuse sometido a un proceso de feudalización por parte de unha minoría de condes, abades e obispos, que trocóu radicalmen­te a estructura socioeconómica do país. Estes grandes señores, que exercían o séu dominio sobre a gran maioría de vilas e aldeias, interviron só esporádicamente nas querellas dinásticas leonesas, inda que o séu desexo de independencia conlevóu diversos conflictos cos séus monarcas.

 

Co fin de defender Santiago de Compostela dos ataques ou razzias normandas e sarracenas construironse na desembocadura do Ulla, en Catoira, as Torres do Oeste.

Estado actual das Torres do Oeste. As necesidades de comunicación modernas destruiron unha paisaxe digna de mellor sorte.Os vikingo xa non terán que subir o curso do rio, poidendo ir directamente e comodamente a Santiago pola autoestrada, pagando eso si, o prezo da peaxe...

 

 No reinado de Alfonso II (813 é a data comunmente admitida) un ermitaño descubréu, na diócesis de Iría Flavia, un pequeno edículo que foi identificado coma a tumba do apóstolo Santiago. Esto tivo enorme impacto emocional na época, inda que a noticia non poidera considerarse verídica, máis o importante fói a trascendencia que o culto xacobeo tivo na historia de Galicia. Apoiada pola monarquía leonesa, que utilizóu o novo señorío de Compostela para controlar po­líticamente Galicia, a cidade surdida arredor da tumba do apóstolo converti­ríase no símbolo da cristiandade, luar de peregrinación unha das principales cidades culturáis de Europa.

 

Arriba tipico drakkar vikingo ao ataque. 

 Os normandos o vikingos, dende Dinamarca e Escandinavia, o mando de Olaf e logo de Gunderedo, asolan repetidamente as nosas costas, especialmente na incursión 968, tratando de saquear Santiago sobre todo, atraídos polas promesas dos tesouros encerrados nas iglesias da cidade. Co fin de defender esta cidade construironse na desembocadura do Ulla,  en Catoira, as Torres do Oeste.  

 

Muller vikinga.

Almanzor fixo unha importante incursión no 997 que afectou negativamente a zoa de Vigo e comarcas colindantes, que foron arrasadas. Vino a poñer temporal paz nunha Galica na que os seus nobres trataban de estabrecer o seu proprio reino, coroando a Bermudo II O Gotoso, secesionandose da tutela asturiana. Galicia coñecéu diante a segunda mitade do século XI e primeiros anos do XII intensas loitas políticas. A morte de Alfonso VI, o país fói dividido entre os condados de Portugal, emancipado da corona leonesa en 1128, e de Galicia, otor­gado a Raimundo de Borgoña, casado con Urraca, filla de Alfonso VI. A morte de Raimundo, un conflicto dinástico enfrentóu a nobleza galega, tanto civil (Traba) como eclesiástica (Gelmírez).    

 

Outra posible imaxe dun Vigo Medieval, esta vez dende o Vixiador. Nesta ocasion o poboamento ten certa embergadura, para o que eran os tempos.

 

detalle da mesma vista dende Vixiador. No castelo da parte superior o que poidera ser a Torre da Pulguiña. 

 

Alfonso Raimúndez, fillo de Urraca, fói proclamado rei de Galicia en 1109, máis ao acceder ao pouco tempo a coroa castelano-leonesa, terminóu este efímero e derradeiro reino de Galicia independente, integrado na de Castela-León. Facer notar que o sentimento digamos, nacional, non existía nin existiú posiblemente ata fai poucos anos, coa recuperación da propria identidade cuultural. En aqueles tempos as xentes non tiñan maior sentimento nacional tal como agora entendemos e acontece (asunto bastante moderno si se estudia a historia). Un era de donde era e tiña unha obriga cos amos de turno, e pouco mais. Somentes cando os amos, que poideran ser perfectamente de outra etnia, con outro idioma, relixion e de aspeito moi diferente, pasabanse da raia cos abusos ou caprichos era cando o pobo realmente sentiase xunguido por un certo sentimento de clan ou tribu, normalmente para a venganza e a recuperacion de dereitos ou privilexios perdidos. A nobleza ga­lega, seguindo a costume apátrida e falta de maiores sentimentos nacionalistas, integróuse definitivamente na mo­narquía castelano-leonesa, a vez que au­mentaba o poder político dos relixiosos, cen­trado nos dominios dos mosteiros (especialmente os dos cistercenses) e dos obispados, entre os que destacóu o arzobispado de Santiago.  

Nos séculos XII e Xlll produciúse un singular desenrolo da eco­nomía agraria cunha mellora das técni­cas de cultivo, roturación de novas terras, aumento das vilas, diversificación de tas pro­ducciones –seguramente pola influencia arabe-, que coincidiú cun crecimento xenal da poboación, co consiguinte proceso de urbanización e a in­tensificación do traballo artesanal e o aumento da importancia dos Gremios e do comercio, que comenzaba a verse moi favorecido pola existenza do Camiño de Santiago e o comercio marítimo e pesqueiro atlántico que fixo desenrolar a numerosas vilas e cidades nas rías: A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo, etc. Elo supondría o inicio de unha longa loita por parte de estas novas cidades en favor dos séus foros e privilexios, fronte a os grandes dominios seño­riáis.    

 

A regulación das relacions xurí­dicas nos dominios feudales troca coa aparición dos dereitos foráis (fines do século XII), forma peculiar de vasallaxe, que mantendría una larga tradición na historia de Galicia e que pode resumirse coma una sorte de “alquiler”. O propietario arrenda casa, molinos, terras ou o que sexa a outro o cal disfruta e traballa con arrendado a troques dun pago anual en especie ou diñeiros, según se acorde. Todos estes feitos sociáis coinciden co arraigo de fenómenos culturáis, como a xeralización da literatura en romance galegoportugués e a expansión do arte románico. As últimas centurias da edade media significaron para Galicia un período de crisis na economía agraria e profundas mutaciones i enfrentamentos políticos.

  

A CRISE da BAIXA EDADE MEDIA

 No finales do século XIII e inicios do XIV escomenza unha profunda crise económica. As causas son diversas: por unha banda prodúcense varias pestes, especialmente a do ano 1348) que dezmaron a poboación, co o consiguinte abandono de terras roturadas. Os grandes propietarios (nobres eclesiásticos), incapaces de aceptar a perdida dos séus ingresos anuáis mantiveron a presion recaudatoria sobre os séus feudatarios, os campesiños.

  As cidades, especialmente as costeiras, menos afectadas pola crise como conseconza do afianzamiento do comercio atlántico, tiveron tamén importantes conflictos no século XV (levantamentos en Santiago, Ourense, Tui e Lugo), motivado pola pretensión de liberarse do dominio dos señores eclesiásticos e para poñerse baixo a directa protección do rei, a cal consideraban mais levadeira para eles.    

Aspeito que poidera ter a Porta de Balboa, ou calquera outra porta do amurallamiento do Vigo Medieval

 

A nobreza tradicional sufriú logo profundas mutaciones, como conseconza da aparición de novas familias coma os Sarmiento, Enríquez, Osorio, e que en parte eran de orixe foráneo, máis agresivas e guerreiras, protexidas polo rei e deseosas de procurarse patrimonios a costa dos señoríos eclesiásticos. A nobreza tradicional galega, coma os Andrade, Ulloa, Soutomaior, Trastámaras, etc., sufrían unha pérdida parcial do séu poder.

 Todo elo axuda a explicar os grandes conflictos sociáis do campo galego en este período, coñecidos polas sublevacions dos irmandiños.  

 

 

  

AS SUBLEVACIONS DOS IRMANDIÑOS

  Os abusos dos poderosos da época motivan un profundo sentimento de malestar nas crases productivas de Galicia. Coma en outros tempos as disputas entre nobres e poderosos afectan negativamente na povoación traballadora e comerciante que ten que aturar as consecinzas inevitábeis das disputas dos seus señores. Este estado de tensión estalla cunha espontánea resposta de indignación e desexos de vinganza tras séculos de abusos.

Baiona no século XV. O Castelo de Monterreal era una amurallamento case sen edificios, e dende logo sen o bosque que o cubre oxe en dia, inapropiado para as tarefas defensivas.  Si ben queda, como no caso do Castro de Vigo, moi aparente e tal, eu estón polo opinion de trasladá-los árbores a zoas distintas e preserva-lo aspeito orixinal do Castro: un castelo nun monte pelado.

 

            

 A primera tivo luar no 1431 e foi unha revolta dirixida polo fidalgo Roi Xordo e requiréu a axuda de tropas do arzobispo de Santiago para a súa represión. A segunda, de moita mais envergadura, coñecida como a Gran Guerra Irmandiña, tivo inicio en 1467 e afectóu a toda Galicia. A Santa Irmandade chegóu a organizar un exército de 80.000 homes, na súa maioría campesiños, ainda que con a participación de sectores da baixa nobreza e da fidalguía, así como o apoio inicial de diversos concellos (Betanzos, A Coruña, O Ferrol, Lugo). Cerca de 130 castelos da nobleza foron arrasados e o sofocamento  de esta revolta exixióu o concurso de tropas da nobreza xunguidas e as aportacións das do monarca, xunto coa mais moderna tecnoloxia militar da época: os arcabuces. Realmente o povo en armas non pretendia subvertir o sistema feudal senon manifestar o seu encono polo irracional abuso de que era presa por parte de señores excesivamente avidos de ingresos e riquezas. O séu mando era mayoritariamente cedido aos nobres que xunguíronse, seguramente por outros interesados motivos, as masas en cólera, e tamen por que eran os únicos capaces de organizar e convertir en exército organizado aos homes que pouco antes recollian as colleitas no campo.    

O reinado dos Reixes Católicos supóñen trocos administrativos centralizadores que significan o fin do estatus semiindependente de Galicia. A nobreza galega máis rebelde o novo poder central fói reducido aún a costa de derrubar os séu castelos e fortalezas, perdendo asi a súa independenza politica. O poderío territorial da Igresia subsistió diante todo o antiguo réximen, ata a desamortización.  Prosiguióu a ten­dencia, iniciada na baixa edade media, de otorgar explotaciones agrícolas (lugares) en troques de foros a a baixa nobreza e a a fidalguía. Esta nova crase social, subsidia­ria da nobreza e da Igresia, e que ocu­paba un gran número de postos na nova administración centralizadora (escribanos, rexido­res, etc.), desempeñóu un singular papel diante todo o Antiguo réximen. En este contexto, o campesinado non melloróu a súa situación, xa que a os numerosos subforos e cargas señoriales viño a unirse o sustento da Santa Hermandad.

 E con esto Galicia entra na Idade Moderna.  

 

 

 

 

Descripción urbana de Vigo na Edade Media  

  

Chamar a Vigo cidade, na Edade Media, é inexacto, craro está. Vigo, nesta época, non pasaba de aldea, sendo poboacións cercanas coma Baiona, Pontevedra, Tui ou Redondela bastante mais importantes. Vigo era una pequena poboación, unha vila que estuvo total ou parcialmente despoboada numerosas veces, cando as pestes e guerras asolaban a zoa. Ninguna autoridade garantizaba o transito viario por terra ou mar e calqueira actividade economica de comerzo importante entre Vigo e outras poboacións era moi precaria debido as deficiencias físicas e a inseguridade destas comunicacións. Vigo foi case que sempre unha poboación pesqueira e agrícola, con algunha especialización ocasional artesanal xa descritas mais arriba.  

 

Outra vista (hipotética) dun Vigo medieval, pongamos polo ano 1100, nun intre amurallado.

 

A poboación, concretamente as súas vivendas, o que e o casco urbán, extendíase pola ladeira norte do Castro, cara o mar, ocupando o que oxe en dia é Ronda de Don Bosco, Progreso, Principe. Mais pensar en grupos de casas densos sería un erro; en realidade tratábase de casas ruráis dispersas, con hortas e terras aledañas, sen estructura de rúas organizadas. Os grupos mais típicamente medieváis, arracimados e formando grupos de casas caóticos, sen distribución organizada e prefixada danse no casco vello, principalmente. A torre do Castelo do Penso coroaba a cidade alta.

 A zoa do Areal, en liña coa praia, acollia unha ringleira de casas de pescadores e factorias relacionados coa pesca, con hortas na parte de atrás, o que oxe sería Rosalía Castro. Tamen algunha igresia ou mosteiros existiron en diversos momentos, sobre todo sobresainte foi a igresia de Santiago, núcleo primitivo do Vigo historico, construido na confluencia entre a rúa Hospital e Areal e que foi destruida finalmente durante un ataque corsario, aproveitándose posteriormente as pedras e solar para a construcción dun convento.   

Por suposto as infraestructuras de cloacas ou traida de auga era inexistentes. Mesmo as rúas eran meras corredoiras as veces empedradas nas zoas masi urbanitas. Somentes algunhas fontes abastecían a poboación de augas mais ou menos potábeis.  

 

En definitiva: as zoas que semellaban mais ser unha urbe, inda un pobo pequeño, era o casco vello o redor das igresias e do concello, e algún tramo do Areal, tamén o redor da igresia ou do convento, e algunha casa de mayor porte aislada. O demais era a desorden proprio das aldeas.

Vigo no 1492. Vista xeral da bahia dende A Guía. No cumio do Castro existía unha igresia e vese a ezquerda, na Ladeyra a de Santiago de Vigo, pola zoa da actual Venezuela. Os barrios máis poblados eran o do Berdez, o Casco Vello e o do Areal. Observese que nesta ocasion non hai amurallamento. A cidade, segun os intereses dos reixes ou por mor das derrotas ou ameazas podia pasar longas temporadas sen estas defensas.

 

Detalle da imaxe anterior na que se aprezan a zoa do Castro, coa hermida no cumio, Venezuela, progreso, Principe, Policarpo Sanz e García Barbón ata a praia do Areal,    

 

 

 Roderico Vigoiz amanece na súa casa antes de salir o sol. Non ve si é de dia ou de noite xa que na súa modesta casa de vasallo sen fiestras non se ve si hai xa luz do sol ou non, mais xa pola costume e a rutina sabe que e hora de se levantar. O galo canta fora instantes despois que el aparte a manta de encima. Estan xa sincronizados. Colle un xunco empapado en manteiga que xa colocara onte xunta del e soplando un carbón do fogar e unhas biorutas de pau seco logra acende unha chama e darlle lume o xunco, tra-lo cal o coloca nun sitio alto para se iluminar. Frota a cara vigorosamente para se desperezar e abre a porta de madeira levantándoa ao pulso e deixandola caer afora xirándoa sobre os seus goznes. Recolle a cama e vistese rápido, simplemente poñendose a cubrecamisa e os pantalóns por enriba da prenda coa que durmira. Quenta un pote de gachas feito de grao de centeo ou millo e mordisquea un anaco de tocino e pan de bellota o de trigo feito dias antes. Axuda a baixalo trago cun viño mouro e espeso que obten cultivando unhas vides que crecen nos laterais do campo. Os sogros e tios, que durmen na outra habitación, e a muller e os fillos vanse levantando e procurando obter a súa parte do desaiuno, non vaia a ser que non haia para todos, o cal non é infreconte. As mulleres, unha vez levantados todos e satisfeitos barren as dúas estancias e procuran que se ventilen.

 Todos saben que ten que facer: uns, os mais pequenos ordeñar a vacas e vertelo leito nuns recipentes preparados para elo, os demais cada quen a súa laboura i especialidade. Os rapaces, os cales, debido a sua alta mortandade, non se lles colle moito cariño nen se lles prodigan caricias, son mais ben considerados como homes pequenos, adultos sen experiencia que ten que gañarse o sustento tan pronto como poden levar un cubo ou recoller coas súas mans as mazorcas ou as froitas do chan. O resto da familia e durante todolo día, ata a caida do sol, pasaranse nos campos, onde xantarán xuntos o aire libre se non chove, e se chove baixo algunha cabaña preparada a propósito para elo. As necesidades fisiolóxicas aliviaranse tras unha arbore ou roca determinada, onde a veces faise un burato para que non se acumulen polo chan. Os rapaces levan o gando a pastar e os homes e mulleres farán a súas labouras agricolas diarias. As que toquen según a estación.  

 

Vista amprexada do Vigo do 1492. Unha aldea mariñeira sen murallas e de un urbanismo caótico.

 

O señor contempla o seu territorio dende a Torre da Penso, coma todalas mañáns, como para comprobar que o seu territorio sigue ali, unha mañana mais, e que inda e señor, cousa que é de agradecer debido os tempos en que vive, con trocos inesperados da sorte de ldas fidelidades debido as loitas internas dos nobres cercanos a corte. Tras comprobar que sigue sendo o señor do seu feudo baixa as súas habitacións privadas, os séus aposentos, onde mora a súa familia. O chan esta adornado con baldosas adornadas con motivos floráis e das paredes colgan tapices con escenas de caza. As fiestras abertas estaban cubertas ainda por telas huntadas de sebo e resina que deixaban pasa-la luz da mañana mais non tanto o aire inda fresco da mañan, un luxo comparado co as fiestras de tablas e postigos dos aldeanos. O seu señor dipoñia de fiestras con cristais, mais el, nun momento non moi glorioso da súa economia, tendrá que demorar ese signo de prosperidade ainda, xa que bastante logrou con salvar a vida, os dilñeiros recaudados para o rei e para si mesmo, os tapices e outros ouxetos de valor tras o ultimo ataque e asedio do señor de Soutomaior, e que destrozou os seus vidros coloreados coas novas armas de fogo que truxon con el e que tanto espanto probocou na comarca.

O sol esta xa alto no ceo e Roderico Vigoiz, tras dirixir as labouras do campo da súa familia o seu cargo, ordea para para cantar. Bota unha ollada o mar para ver as labouras de pesca da frota sardiñeira e dos mariscadores no Areal, que divísanse coma pequenos puntiños escuros sobre a area gris verdosa da baixamar.  Ao lonxe distingue a sua dona e a sua sobra voltar do mercado de Vigo con as súas fillas e as fillas dos seus tios, onde levaran coellos, galiñas, ovos e leña para vendela ou trocala por úteis, telas, peixe salado e outras cousas que eles mesmos non poden facer o conseguir, coma algunhas moedas en efectivo. Tamen levaron cousas e alimentos para pagar os impostos o recadador do sesu señor, coma pago polo uso da terra que cultivan, e o crego da iglesia de Santiago o Mayor, a súa feligresía.  

 

O señor da vila de Vigo contempla dende o alto da Torre a volta das xentes as súas casas tra-lo mercadeo, e iso lembralle que xa e hora do cantar. Así, mentras o nobre comeza a degustar un asado de carne vacuna xunto os séus cabaleiros, aderezada con algún froitos secos i especias de Asia sobrevivintes da refriega, Roderico e a súa familia se conforman sorbendo inda quente un caldo composto de grao de cebada, verduras, ortigas, algunha carne ou hunto para darlle mais sabor i espesada cun trozo de pan correoso de avena. Tamén algunha sardiña seca, conservada en sal, era rapidamente xantada. Pouco quedará para os cans. Para axuda a baixa-los bocados un grolo de viño tinto con un bo poso, casi unha soupa, que deixa quente o bandullo e a mente letargada durante uns minutos. Os nenos mais pequenos saciabanse con leite e cereais machacados, as famosas gachas e anacos de pan de centéo, áspero e pétreo. 

O almorzo dos homes libres e os artesans, cicáis mellor aderezado e presentado e con algún anaco mais de carnes, non será seguramente moi distinto os dos aldeáns. Eso si, faráse en mesa e, si é posible, sobre mantel.

 

 

 

                                                                           volver al inicio

 

 

 

 

Prólogo introducción

Oríxe xeográfica

Vigo na Prehistoria

Cultura castrexa. Idade dos metáis

¿Celtas en Galicia?

Vigo na romanización

Vigo na Idade Media

Vigo na Idade Moderna

Os fósiles urbáns de Vigo

    Anexos e curiosidades

Arquivo de noticias sobre este traballo

 

El autor en la actualidad

sitios recomendados: 

 

 www.vigoenfotos.com        

 

http://www.arrakis.es/~rojea/           Patrimonio vigués 

 

http://historiadegalicia.fiestras.com                  Historia

 

http://www.h-debate.com/      Debates historicos

 

VIEIROS                          BUSCADOR GALEGO

http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador/index.php?

 

www.farodevigo.es                                  Periodico de Vigo

 

www.fundacionatapuerca.com/

 

http://digital.el-esceptico.org  web por el avance de la ciencia y el pensamiento critico, anti: parapsicologia y New Age, magia, fraudes diversos... 

http://digital.el-esceptico.org

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda                    volver a páxina anterior