VICUS/VIGO: una Reconstrucción Visual e Historia, por Uxio Noceda......  ciudades Madrid Barcelona Sevilla Granada Cordoba Jerez Cadiz Toledo
 

 

 

VICUS/VIGO -XX<XX

volver a la página de las obras de Uxio Noceda

contactos con el autor : uxio.noceda@gmail.com

 

       

Oríxe xeográfica

 

Prehistoria

Prehistoria v.castellano

 

Cultura castrexa

Romanización

 

Idade Media

Edad Media v.castellano

 

Idade Moderna

Os fósiles urbáns

Anexos y curiosidades

 

 

Arquivo de noticias sobre este traballo

 

volver a inicio

 

IDADE dos METAIS e a CULTURA CASTREXA

 

Nos fornos de cerámica, ou nos rescoldos de unha gran fogueira e indudábel que o alfareiro vigués ollou extraños restos duros mais maleables que non eran pedra nen arcila. En outras partes do mundo , outros homes, tras ver restos extraños de esas mesmas substancias duras formadas polos restos derretidos dos mineráis insertos e mixturados nas pedras e na terra acadaran relacionar o poñer determinadas pedras nos fornos ou fogueiras con a aparición de estes productos extraños e que pronto aprenderan a malear. Resultaban moi útiles se se sabian traballar e darlles as formas desexadas. Nun principio anzuelos e puntas, logo tamén adornos. Inmediatamente y según coñecian mais e mais como atopar as vetas e recoller material abundante: puntas para flechas, cravos, coitelos, hachas, fachos, espadas e potes e vasos...  

 

Comezaron con metáis blandos e de baixo indice de fusión, coma o estaño e o cobre. As meioras nos fornos e o coñocemento dos metales e das posibilidades das aleacións levaronlles paulatinamente o control do bronce. A parición do ferro xa foi o culmen e con el entrase xa na historia.

A revolución neolítica non se produxo eiquí, nas nosas costas. ata o momento da cultura megalítica (con menhires ou pedras fítas, círculos líticos, e cámaras sepulcrales ou mámoas, modorras, medoñas e sepulcros ou arcas, antas...), que o longo do III milenio a.X.C. deixou numerosos testimonios.

A introducción da metalurxia do bronce perante o II milenio, o parecer por gru­pos procedentes do sur do Douro, produxo notabeis trocos. A economía depreda­dora foi progresivamente substituida polas ac­tividades agrícolas, gandeiras e mineras, que diron nacemento a un comercio nas zonas costeiras motivado pola abun­dancia de xacementos de cobre, ouro e o es­taño. A arte rupestre de carácter es­quemático (insculturas, grabados ou petroglifos).  

En ese intre, e no seo da cultura do vaso campaniforme (2100-1800 antes da Era Actual), ponese de manifesto o inicio de unha certa diferenciación social atopándose enxovais nas tumbas dos persoeiros distinguidos coma no caso da tumba do tesoro de Caldas de Reis.

Castro de Baroña. Un exemplo tipico de castro maritimo.  

Os tres períodos del bronce serían 1800-1500, 1500-900 e 900-600 a. X.C. A chegada de pobos centroeuropeos (celtascélticos, aruios, saefes, cempsi e outros) polo 600 antes da Era Actual, supuso o inicio da edade do ferro e a consolidación da cultura dos castros, a Cultura castrexa do Noroeste de Iberia; primeiros asen­tamentos humans numerosos i estábeis. O surdir de ste tipo de vida foi conseconza das migracions humanas, que facia entrar en conflicto a uns cos outros. A necesidade de estabrecer fortes defensas levoulles a desenrolas os castros.  

Inda que hubo presencia celta en Galicia, esta non debeu ser moi importante e o seu efecto nunha cultura heredeira da cultura do bronce atlántico ou Halstatt, da que proviñan tamén os celtas en realidade, tampouco foi moi notabel mais explicaria certas similitudes e rasgos culturáis comuns cos celtas, moi extendidos dende occidente ata o oriente europeo e asiático tamén. Podemos considerar a cultura castrexa coma unha versión periférica de unha raiz cultural ben definida na área centroeuropea, onde predominóu a cultura Hallstat, a raiz da cultura celta.

Os castros (defensas amuralladas usadas en caso de perigo) e as citanias (defensas amuralladas habitadas permanentemente ou pobos amurallados), amosan unha tendencia á diseminación seguindo as necesidades da agricultura o pastoreo ou a minería, e atestiguan a presencia de unha sociedade belicosa que protexe os séus lugares de habitación con terrapléns, trincheiras e poñendo estacadas o séu redor. As casas son circulares ou ovales, inda que tamén aparecen rectangulares coas esquina redondeadas. Case que sempre cun pequeño recinto circular na entrada. A porta decorábase con coidado e os muros eran de pedra e barro. O piso facíase con terra pisoteada, habia bancos xunta a parede e no centro a cociña e un mastil que sostiña un teito de palla. Polo seu reducido tamaño somentes usabanse para preparar o xantar e durmir. O resto das actividades realizábanse o aire libre.

 

A sociedade castrexa dividíase en clases: o xefe e os séus cortesans nobres, os mililtares, os adiviños, videntes, curanderos e sacerdotes, e tamén os ferreiros, guardiáns dos segredos da metalurxia e por eso considerados polos demáis coma medio bruxos. Quen non era poderoso, nobre, rico ou militar quedaba comprendido entre os productores: gandeiros, pescadores, cazadores e agricultores. Finalmente estaban os esclavos. As mulleres posuían a terra e os homes defendian os poblados e as facendas.

 

Coñecemos algún dos nomes deste pobos: ártabros, eáporos, supertamáricos, grovios, hellenos, lemavos, etc.

Aspecto que tendría Monte Feroso e a bahia de Vigo no século VII antes da nosa era. No cumio o castro amurallado. Nas ladeiras, ocupando as áreas de o Monumento os Caidos, Marqués de Alcedo, Pracer, Progreso, Lopez de Neira, etc., os distintos barrios, os mellores e mais respetabeis -onde estaban os poderosos e os oficios estratexicos-, na zoa amurallada no souto, e os mais probes e modestos nas zoas baixas.

Os homes que vivian por Vigo no século VI antes da nosa era xa tiñan unha cultura propria castrexa ben definida e un estilo de vida sedentaria con agricultura e caza, casas redondas ou difusamente rectagulares de teito de palla, tipo palloza, máis ben pequenas, agrupadas, construidas con pedras e situadas en puntos de facil defensa o que significa que as peleas por os recursos y por razón xeoestratexicas e de dominio territorial xa estaba xeralizada. Esta cultura desenrola un estilo violento e bélico de vida e basan o seus esforzos en acadar o suministro dos alimentos e os minerais que necesitaban para fabricar ouxetos considerados como de elevado estatus social, coma as follas para hacha feitas en cobre primeiro, bronce e ferro despois, e como prestixio grupal. Na edade do bronce este tipo de ouxetos eran mais, ou polo menos tanto de uso ritual e de prestixio social que como ouxetos de uso practico. A hacha de cobre apenas e usable xa que ten unha duración útil limitada. Tra-los primeiros cortes efectivos a folla queda pronto roma ou ábrese e hay que afiala de novo mediante o golpeo cunha pedra adecuada e darlle un novo pulido para recuperar o brillo. Un hacha pulida e relucente era cousa difícil e abraiante de ver en aqueles tempos e sin dubida cousa de xefes ou de homes de recoñecido prestixio e este era seguramente o seu principal uso: a ostentación dun ouxeto exclusivo.

Outra cousa eran as espadas, puntas de lanza, armaduras, cascos, escudos forrados de cobre ou bronce e hachas de guerra nas que xa o seu uso era dar contundentes golpes e cortes o adversario. Esta tecnoloxia metalúrxica era ouxeto de moito secretismo e exclusivo privilexio e uso das clases poderosas. O ferreiro era mago e o séu coñecemento asunto máxico e relixioso.

Coa chegada do ferro, mais duro e resistente cos outros metáis, e inda que o cobre e o broce conviviou moitos seculos co ferro, tenderon a perder prestixio social y practico. O ouro e mais a prata usáronse dende un principio do dominio da metalurxia, mais somentes para uso ornamental ou ritual debido as suas características, especialmente no caso do ouro, de non oxidarse, plasticidad, doada manipulación e sobre todo polo seu efecto resplandeciente unha vez pulido. Dende logo demasiado pesado e blando e polo tanto nada practico para un uso coma ferramenta.

Como a cada ataque, co correspondente roubo de vituallas, mulleres e nenos, e a conseguinte e natural vinganza o estado permanente de guerra impediou unha evolución tecnolóxica e cultural dos mouros castrexos, entretida e desgastada polo ritual da batalla continua. A violencia e a brutalidade eran parte cotidian das suas vidas e se ben podian pasar tempadas mais ou menos apacibles estas non eran longas e de seguida surdian loitas tribais interminabeis por mor de custions de lindes, tabúes e a propia dinamica das castas guerreiras: obter renome e gloria militar i engadir algunha cabeza mais as súas coleccions co as que adornar a entrada das súas fortalezas.  

 

Una vista do castro de O Castro o atardecer dun día calqueira, moitos anos antes da presencia romana en Vigo.

Os homes ou ben facían labouras de milicia na defensa ou no ataque a outras tribus ou ben adicabanse a certos menesteres agrícolas e gandeiros (e pesqueiros o que vivian preto do mar). Tamén podían servir de mercenarios en calquera exercito que pagase os seus servicios, coma o román, cando este chegou. As mulleres adicabanse as labouras agrícolas e gandeiras e eran as encargadas de transmiti-la súa cultura grupal os filos. Os pais ensinábanlle os fillos varóns os tabúes e a liturxia dos guerreiros ou os traballos proprios dos homes. A posición das mulleres a hora de mandar e dirixir era moi determinante nas custiós familiares ou incluso tribales, e seguramente eran sociedades matriarcáis, como de feito así o atestiguan os romans. Se ben as mulleres non guerreaban os homes parece que somentes facian eso, aparte dun oficio ou labores de pesca o gandeiria. Un home non podia facer cousas de mulleres e viceversa. Os roles estaban perfectamente delimitados e cada parte aceptaba como algo natural e indiscutible o seu rol.

Estes  grupos criaban porcos, aves, gando bobino e ovellas... Da mar obtían peixe e marisco, e crustáceos en xeral: ostras, ameixas, bígaros e lapas e tamén outros bivalvos que abundaban nos restos castrexos locáis. Tamén obtíanse outros productos e beneficios da cercania da mar: algas para abono e sal para condimentar, conservar alimentos e comerciar. Vivían nun mundo onde inda no existia nen a patata, que substituou as castañas, nen o maiz e que ía tardar uns 2.500 anos en chegar dende America. Non existian nin se coñecian frutas oxe consideradas normáis coma laranxas, melocotones, platanos... De feito a dieta era básicamente o pan de bellota de roble ou encina e as gachas de cereais (centeno, millo), algunhas legumes coma as fabas, guisantes), herbas e hortalizas (ortigas e leitugas inda asilvestradas ou hoxe considerada malaherba) e o leite e a carne do gando e da caza.

Frutas coma moras, frambuesas, castañas, mazáns e peras era o que podian conquerir cicáis, especies e variedades asilvestradas ainda, de aspecto mais pequeño cos que coñecemos actualmente. O mel estaba moi cotizada e usábase para facer licores alcoholicos. Tamén facian cerveza a partires dos cereáis, as que eran moi aficionados. Posiblemente o cocido era o xeito de cocinar mais desexado e os asados sería un prato tamén habitual, inda que non frecontes, non polo menos para os das clases baixas.

Sábese que intercambiáronse ouxetos cas outras culturas a través de vias interiores e marítimas. A posible visita comercial dos fenicios, gregos e cartaxineses, coma herdeiros da cultura fenicia, non supusera apreciabeles trocos nas súas vidas, cicáis o mercadeo. Mais a chegada dos romanos xa significou o principio do fin da cultura castrexa, inda que nun principio a romanización probocou un incremento de este tipo de poboados. A cultura castrexa permanecéu na nosa zoa a ta o século II da nosa era.

A edade dos metáis coincide cunha explosion demográfica, si se compàra coas épocas anteriores. O gran número de construccions megaliticas funerarias así o atestiguan.

 

O Castro de Santa Tegra, na Guarda.  Os castros situados preto das liñas de comunicacions dos romans prosperaron enormemente nun principio, para caer no abandono cando a presencia dos mesmos rematou a ser predominante. As xentes castrexas, coa dominación e a Pax Romana,  xa non necesitaban protexer as súas facendas e granxas e construian as súas casas no val, preto dos campos e do gando. Do mesmo xeito, os romans obligaban a abandonar os castrexos os soutos co fin de te-los mellor controlados.

   

 

 

 Vigueses na era dos metáis

Os mouros, os habitantes autóctonos prehistoricos da área de Vigo e bisbarra, ten que acostumarse os novos señores da terra: os fortes e aguerridos homes chegados dende o leste e o sul e que tomaran para sí os mellores recursos e fontes de alimentos e mineráis da bisbarra. Xa fai douscentos anos que chegaran os primeiros grupos e a forza de pelexas e violencia controlan o comerzo e a producción de alimentos e metáis. Son altos, fortes, aguerridos e determinados na loita, moitos de eles de cabelos máis craros e incluso loiros ou pelirroxos, portando armas feitas de metáis moi resistentes, cabalgando moitos de eles enriba dos pequenos mais robustos cabalos, realmente ponis, e carros de rodas. Non hai ningún grupo nativo que poida enfrentarse a eles. A sua cultura e en certo modo semellante as dos nativos, nembergantes son descendentes culturáis dos mesmos grupos que formaron os antepasados dos novos invasores, e polo tanto son parintes culturáis. Moitos símbolos, señais, adornos, técnicas, creencias e rasgos étnicos son moi semellantes os de eles mesmos, e incluso a outras e mais alonxadas culturas europeas. A gran diferencia e a súa mayor agresividade e habilidade nas técnicas guerreiras, mais sofisticadas, de estes novos pobos e tribus que chegan do leste marcan a diferencia.

Estaba craro, dende lo primeiro momento en que apareceron subitamente na rexion, que viñeran para quedarse. O grupo heredeiro dos recursos fluviais e mariños e que ten o seu campamento estable no Casco Vello son prácticamente prisioneros ou vasallos de estes novos amos e traballan para eles, convirtindose nos seus vasallos. O primeiro que fan é fortalecerse no cumio do monte que domina a zoa con uns terraplens i empalizadas dentro das cales levantaran as súas casas redondas co pedras, barro e teitos de pallas. Ali montan os séus talleres e ferrerías, onde fan a súas armas cos mineráis que saben extraer das pedras. Os demais, ocupan as mellores terras de labranza e prados para o gando, asi como os mellores postos de marisqueo e pesca.. 

O longo dos derradeiros decenios varios grupos de homes semellantes aparecian pola zoa e trataban de arrebatarlles as posiciós estratéxicas do Castro, e algunha vez algun grupo conqueriúno. Co tempo mezclaranse coa poboacion indixena e constituiran un só pobo. Este proceso repetirase bastantes veces no siglos seguintes

O control dos recursos é un tema tan importante que os golpes de man e as emboscadas son continuos e todo o mundo traballa e vixila. Parte do froito do traballo debe entregarse para o sostén dos novos amos. Co tempo, sen embargo, os extranxeiros e os nativos foran mixturándose e facendose indistiguíbeis uns dos outros, inda que de vez en cando aparecía un novo grupo de inmigrantes celtas buscando un espacio no que instalarse. O costume da loita, do roubo e do secostro de mulleres e nenos instalóuse definitivamente entre estes pobos. A vida era un continuo estado de vixilancia prebélica somentes interrumpido pola recolleita estacional, as festas relixiosas e as labouras esenciáis para a vida da comunidade. O menor sino de perigo as xente collía alimentos e o gando e subia todo o prisa que podian a resguardarse o Castro mentras que grupos armados e ben entrenados toman as suas armas e ocupaban os postos de defensa xa asignados. Outros facian batidas para determinar a importancia do poder do inimigo. A xente xa estaba acostumada e as loitas e razzias eran case que asunto rutinario, incluso algo asumido e ritualizado. Por esta causa a construccion de novas poboacións era feito pensando sempre en este contexto belicoso. Situados nos cumios dos coutos ou nas peninsulas, e rodeados de empalizadas, fosos e terrapléns, e con moita vixilancia nos arredores. Poñíanse as cabezas dos nimigos mortos na punta das estacas da porta principal, como escarmento o emedrentamento dos que ousaxen intenta-lo ataque.

Cousa ben distinta eran as extrañas naves, longas e con grandes velámenes, que de cando en vez achegábanse a ria a refuxiarse das treboadas ou simplemente a curiosear e trocar abalorios, telas finísimas e alimentos extraños o noso paladar por peles, metais e algúns mariscos secos. Interesábanlles moito onde atopar metáis e daban moitas mercadorías por esa información.  

O castro de Toralla, xunguido a terra por un itsmo de area.

Eran homes morenos, de pelo negro e rizo, que falaban unha lingua inintelixible e impronunciable para os vigueses de entón, que viñeran dende Fenicia nun principio e dende Qart Hadash o Cartago, e dende o imperio de Gadis e Tartessos mais tarde. Co tempo as visitas de estes homes do mar acompañouse co outras naves semellantes, mais que non eran do mesmo pais, e que incluso semellaban inimigos xa que procuraban que uns nos foran vistos polos outros e algunha vez pelexaran entre eles.

Co tempo os gregos, estabreceron por aqui e por ala, na ria e mais o norte factorias para obter minerais que logo levaban os seu pais, seguramente. Como proporcionaban ouxetos extraños e moi bonitos,  ninguen facíalles dano e podian facer os seus asuntos sen ser molestados, salvo algunha liorta esporádica. Por outra banda tampouco eran mancos a hora de se defender e posuian e usaban hábilmente arcos e armas o que  facia que non foran habitualmente molestados.

Finalmente achegáronse pola zoa un novo povo; os latinos, que viñan a tratar de poñer en vereda os pobos que estaban a axudar a aquelas tribus que tinhan nas suas actuais limes ou fronteiras e que intranquilizabanlles, inda que e moi probable que acadaran facendolo de todalos xeitos, seguindo a súa dinamica expansiva do imperio román.

 

 

Agradecementos

 

 

Curiosidades

 

 

Otras ciudades: Jerez, Granada, Sevilla, Gibraltar, Madrid, Toledo, etc..

Foro de discusión sobre Vigo y otras ciudades

 

ILUSTRACION, MONTAJE y RETOQUE DIGITAL

UxioNoceda655146212@gmail.com

 

¿Desea conseguir alguna imágen?

Información de contacto: uxio.noceda@gmail.com .

Copyright © 2003

Última modificación: 5 de Julio de 2006

Invito a todo aquel que ame su ciudad -y desee hacer un trabajo semejante sobre ella-, me envie material y datos: para hacerlo. Tambien a cualquier profesional de la historia o arqueologia que encuentre interesante hacer un trabajo conjunto conmigo. Use mi correo personal o el Foro de discusión sobre Vigo y otras ciudades creado al efecto.

El autor en la actualidad

sitios recomendados: 

Concello (Ayuntamiento) de Vigo

  www.vigoenfotos.com        

 http://www.arrakis.es/~rojea/           Patrimonio vigués 

http://historiadegalicia.fiestras.com                  Historia

http://www.h-debate.com/   

VIEIROS       BUSCADOR GALEGO

http://www.vigo24.com/    BUSCADOR vigués

http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador/index.php?

www.farodevigo.es       Periodico de Vigo, decano de España.

www.fundacionatapuerca.com/

http://sapiens.ya.com/antiqvae/  imágenes de reconstrucción visual infografica y fotos de objetos y yacimientos: Roma, Grecia, Hispania...

http://bvg.udc.es/ Catálogo de oubras e autores galegos

 

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda                    volver a páxina anterior