Reconstruccion Visual Historica de Vigo por Uxio Noceda 2001 2004

Vigo -XX / XX

 una reconstruccion visual

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda


Os textos inda están en proceso de corrección estilística, de contidos e gramatical. Sepa apreciar o esfozo por poñelos a súa disposición -expostos precisamente para o cotexo dos especialistas na rede-, e perdóneos. 

Agradecerase toda indicación de onde existen ditos erros e a súa opinion sobre como arranxalo!  

 

Autor (web, contidos, música): Uxío Noceda

contactos co autor : uxio_noceda@yahoo.es

 

volver a páxina anterior

foro de discusión sobre estos temas y contacto bilateral para ayudar a la mejora de esta web

            

 

  Outras cidades

 

ANEXOS e CURIOSIDADES

 

O ARRIANISMO

 O arrianismo era unha sorte de cristianismo con pretensións racionalistas cuia principal interpretación, predicada polo ano 318 por Arrio, heresiarca griego, estribaba en asegurar que Jesús non era Dios e o creador do universo fisico era o Verbo, a primeira creación de Dios. O arrianismo foi arrinconado coma herexia por un cristianismo que derivaba cara o trinitarismo e a escisión entre católicos e ortodoxos. Excomulgado Arrio en Nicea morréu xusto a vispera da súa reconciliación coa iglesia romana. 

 

OS VIKINGOS 

Os Normandos (nord-men: homes do norte) era o nome dado polos pobos do sul a quenes chamabanse a si mesmos "Vihings" ou “Vikings”; os reixes do mar. Ubicábanse en Escandinavia e Dinamarca e era unha sociedade moi desenrrolada cultural e técnicamente, pese o cal a imaxe que a literatura e a cultura dos pobos a quen asolaban nas primaveiras e veráns era exposta como de bárbaros e brutáis.

 As causas que conduciron a un brusco recrudecimento da súa actividad inda non estan craras para os especialistas: baraxanse as comprobables ou máis lóxicas: a agravación das condicions climáticas debidas a unha microglaciación, o exceso de población e a necesidade de buscar novas terras onde prosperar, crise política inherentes á constitución das primeiras mo­narquías, que estaban en fase de constitución e que provocaban que os fillos segundos,  según das tradicions que transmitirían o rexime feudal posterior dos que foron inventores, ao non ter posibilidades de heredar poder que heredaban os primogénitos, necesitaban conquerir os seus proprios territorios onde mandar. Algunha destas causas ou todas xuntas, de xeito progresivo, obrigáronlles a facer as súas famosas incursións por Europa. E o proceso similar o que lles pasou os celtas en centroeuropa e a outros pobos conquistadores ou expansivos. 

Sabían orientarse según os astros e podían cruzar os mares; os séus barcos, os snekkjur (serpientes), con as súas proas decoradas cos drakkars (dragones), transportaban de cuarenta a cen homes armados e colonos; non estaban cubertos, e o séu baixo calado permitíalles seren utilizados nos ríos. O principio, os normandos buscaban as costas abundantes en pesca. Logo prefiriron as terras desertas para colonizar; después comenzaron a traficar cos países cristia­ns e musulmans; saqueaban as cida­des, e as veces intentaban a conquista da rexión.

 Explorando o océano, os noruegueses descubriron e colonizaron (o finais do s.IX) a illa que chamaron Eisland («terra de xeo»). A illa situada máis ao O conocíase dende 870, mais só en 981 descubrióu Erik o Bermello unha costa habitable, á que chamou Groenland («país verde»); en 985 establecióuse alí unha primeira fundación. As sagas, que in­forman sobre Eisland e Groenland, non resultan boas fontes para aclarar se foron eles os primeiros en chegaren a America. O que temos por certo neste intre e que Leiv  e Thorvald, fillos de Erik, descubriron Vinland («país do viño»), sen dubida o que oxe coñocese coma Nova Escocia (principios do s. XI).

¿Terra Verde Groenlandia?, ¿Pais do Viño Terranova?. Estos nomes descriptivos de zoas bonancíbeis, chocan coa imaxe que temos de élas agora e nos amostran que os cambio climáticos foron no pasado, e aun en tempos historicos, moi intensos e dramáticos incluso. Efectivamente: Groenlandia, que asumimos un pais xeado, tivo nesos tempos unha boa franxa litoral de praderias excelentes, tipo Eire. As mesmas zoas vikingas disfrutaban de un tempo bastante mellor do que en esa epoca microglacial e agora mesmo padecen, con longos e frios invernos. En Inglaterra, na Edade Media, cultivábase a vid extensamente, cousa agora impensable, e sabese de certo que habia incluso insectos que oxe en dia somentes atópanse en zoas mediterráns e africanas.

  Volvendo cos vikingos, os noruegueses e daneses colonizaron pronto os territorios e as illas situadas ao oeste e sul da súa beiramar. A poboación celta das illas, que era pouco numerosa, foi asimilada polos invaso­res, e por moito tempo foron vasallos do rei de Noruega.

 Despois da derrota de Clontarf (1014), os príncipes noruegueses non conservaron máis cos portos estratexicos.

 Inglaterra padecéu sobre todo os asaltos dos daneses, que, a partires de 840, emprenderon a verdadera con­quista dos reinos saxons. Sómentes Wessex, co rei Alfred (871 -899), se lles resistiú; a paz que concertóuse  (880), deixóu os daneses o Noroeste de Inglaterra (Danelaw). O rei de Dinamarca Sven (986-1014) e o séu fillo Canuto (1016-1035) emprenderon a conquista de Inglaterra (1003-1017). Mais o imperio de Canuto (Inglaterra, Dinamar­ca y Noruega) non sobreviviúlle, e, dende 1042, o saxón Edward subiú o trono dos séus antepasados, inda que no Noroeste do país conservaronse colonias de campesinos da­neses. No imperio carolingio, os norman­dos no representaron un perigo hata des­póis da morte de Carlomagno. Os pi­ratas destruíron os principais portos e instalaronse nas illas fluviais, dende onde, diante a primaveira, alcanzaban as terras do interior e as saqueaban.

 No 843 chegaron polo estuario do Caro­na a Toulouse, e logo dirixíronse as costas cantábricas da península Ibérica (844): tras un frustrado intento de desem­barco en Asturias e Galicia, cuias zoas cos­teiras devastaron, pasaron ó sul da peninsula e o Meditarraneo, ascendendo o norte pola costa incluso hata Pamplona, con diversa sorte. Incluso certos grupos quedaron en terras de Morón e Carmona, en Andalucia, formando unha comunidade coñecida como os muladíes.

Entre os anos 858 e 861 houbo un novo ataque simultáneo contra Marrue­cos e a península Ibérica. Os normandos foron rechazados no litoral galego polo conde Pedro. Diante as dúas centurias siguintes fixeron de novo a súa aparición: en 966, impulsados por Richard I de Normandía. No territorio galego, penetraron pola ría de Arousa (c. 966-968), chegaron a Iría Flavia, venciron ao bispo Sinando e internaronse por Galicia, ata que en 971 foron exterminados polo conde Gonzalo Sánchez. As comarcas galegas tu­vieron, sen embargo, que soportar aínda a asoladora invasión normanda de 1016, rea­lizada no Miño ata Tui e rechazada por Alfonso V.

 En moitas ocasions os normandos apenas encontraron resistenza: os príncipes comprábanlles a retirada pagando un tributo (danegeld, o ouro dos daneses), o dándo­lles unha provincia para saquear, como desp­óis do famoso asedio de París (885-886); se intentó fixar aos salteadores concedién­dolles unha provincia: Frisia (841), país entre el Epte y el mar. Esta colonia ex­tendeuse ben pronto ata Bretaña, co nome de Ducado de Normandía. Os descendentes dos vikingos, que constituíron a aristocracia, conservaron dos séus oríxes un forte impulso guerreiro, que levóulles a conquista de Inglaterra (1066), e a fundar territorios feudais na área mediterránea: condados de Aversa (1030), de Apulia (1043), principado de Capua (1058), condado de Sicilia (1072), principado de Antioquía (1098), e o reino de Sicilia (1130). 

Os normandos desempeñaron un importante papel comercial. Cando o Mediterráneo estaba infestado de piratas musulmanes que imposibilitaban o comercio naval, os vikingos servíron de intermediarios entre oriente e occidente; vendieron a Bizancio e o Turkistán esclavos, pieles e armas, e a Inglaterra e Francia   sedas i especias. Usaban os séus portos bálticos e facían o traxecto continental polos rios e territorios da estepa rusa, bielorusa e ucraina ata o Mar Negro e o Caspio. O reino rusos é tamén de orixe vikingo varego, onde acudiron na axuda dos nobres eslavos, afincándose e eslavizandose  eles mesmos co tempo. 

  

OS CORSARIOS 

Os ataques corsarios ingleses e turcos modernamente, coma os normandos, vikingos e sarracenos na Edade Media, marcarían moitas veces a historia da nosa cidade, como hitos no séu camiño. Mais, ¿quénes eran estes corsarios?. O corsario era un empresario, inversores, mercaderes, armadores o pilotos de altura que invirtiran os séus diñeiros en preparar ou dirixir barcos coa intención de atrapar embarcacións inimigas co o loable ouxetivo de lucrarse con elo, e de paso, liberar os séus estados de orixen dos males da piratería allea. Actuaban baixo as regras i en virtude de un contrato (carta de marca ou patente de corso), estipulado co estado baixo cuio pabellón navegaba. Esto lles permitia  perseguír, capturar ou visitar barcos mercantes de países inimigos, que­dándose coas presas capturadas ou parte delas, recibindo a outra parte do contrato: o rei, normalmente. O corsario pois actuaba suxetándose a regras previstas pola lexislación (por exemplo, nun Libro de! consulado* de Mar e no código das Partidas no caso dos dous grandes estados hispánicos medievales). Esto sucedia cando un estado entraba en guerra con outro. Ou sexa: a cotío.

 Un pirata é un bandido de mar e sen control de ninguén mais que de él mesmo e que polo tanto «non recoñece nin fe ni lei». O pirata ataca a proprios i extraños indistintamente. Os corsarios eran empresarios, Por eso non é bo confundir os piratas con os corsarios. :) . Inda haiche crases, incluso entre bandidos. .

Na practica non sempre era doado distinguir a uns de outros, sobre todo coñecendo o fácil que era que os corsarios convertiranse en viles e puros piratas. Para abreviar resumiremos dicindo que pirata eran os corsarios dos paises inimigos, e viceversa.  

O corsario foi estimulado moitas veces polos esta­dos que non dispoñían de armadas suficin­tes, que tenían interése en agredir sen facer oficial a agresión, o allí donde non existía unha crara liña divisoria entre mariña mercante e a mariña de guerra.  

Acometian as súas actividades bélico-empresariais contra os barcos e contra os corsarios –considerados piratas-, inimigos de outros paises e relixións. O corsarismo proporcionaba ingresos extraordinarios a curto prazo, mais propiciaba a larga todo tipo de problemas secundarios os estados, como sempre fan os ingresos rapidos e froito de loitas. Fernando o Católico prohibió, en 1496, aos séus subditos practicar o corso (a prohibición duróu ata o reinado de Felipe IV) no Atlántico, como resultas do pirateo expontaneo, apátrida e revoltoso, que surdéu tra-lo descubrimento de América. Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas fomentaron a proliferación corsaria co fin de debilitar o imperio español e que creóu un estado endémico de guerra marítima irregular contra o monopolio español en Indias. 

O corso era tan rendible e honorable que altas personalidades dos estados eran inversores notorios de estas honorables e patrioticas empresas; Isabel I de Inglaterra, miss  Elizabeth Tudor según os rexistros da aso­ciación, financiaba as incursiones e asaltos de Drake. Os corsarios máis exitosos chegaron a ser altos grados das mariñas dos séus respectivos estados (Drake chegóu a vicealmirante e con ese grado colaboróu a destrucción da Armada  Invincible). España promulgó un regramento de corso en 1776, para facer frente á piratería inimiga.

 Vigo contou coa súa propria flota corsaria. Lorenzo Llorente, noble i empresario de orixe rioxán, foi unho dos séus maiores promotores. Tamén foi alcalde, co que comprovamos o normal e honorable que era este emprendimento en aquelas épocas. Os corsarios derivaron, no seu declinar, en negreiros, mercaderes ou mariños, mentras que corsarios de pouca monta acabaron como piratas ou contrabandistas. As bases terrestres de bucaneros e filibusteros nas Pequeñas Antillas aceleraron a transformación de colonias de explotación normálinglesas, francesas, neerlandesas sen deixar de ser trampolins para toda sorte de tráfico ilegal cos portos coloniales do Caribe.

 

 

  volver a páxina anterior

 

El autor en la actualidad

sitios recomendados: 

  www.vigoenfotos.com        

 

http://www.arrakis.es/~rojea/           Patrimonio vigués 

 

http://historiadegalicia.fiestras.com                  Historia

 

http://www.h-debate.com/      Debates historicos

 

VIEIROS                          BUSCADOR GALEGO

http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador/index.php?

 

www.farodevigo.es                            Periodico de Vigo

 

www.fundacionatapuerca.com/

   

volver a páxina das oubras de Uxio Noceda                    volver a páxina anterior


enlaces recomendados: